Skip to Content

Historia e nome

HISTORIA DO CENTRO:

No ano 1932 xa funcionaba este centro como "Escola de Obreiros de Viveiro" pasando posteriormente a chamarse Escola Elemental do Traballo (Gaceta de Madrid de 22-01-32). 

 Despois da Guerra Civil, xa no ano 1941, continúa funcionando co mesmo nome até o ano 1956.  

Coa publicación da Lei de Formación Profesional pasa a ser Escola de Maestría Industrial.  Como consecuencia da Lei Xeral de Educación, no ano 1971, denomínase Centro de Formación Profesional de 1º e 2º Graos.  

Posteriormente foi Instituto de Formación Profesional até a publicación, xa no ano 1996, do Regulamento Orgánico de Centros de Educación Secundaria pasando a ser IES de Viveiro.  

O Consello Escolar, logo dun proceso de suxerencias, por parte dos diferentes colectivos implicados nesta comunidade educativa, aprobou a nova denominación de Instituto de Educación Secundaria "María Sarmiento".  O nome provén de dona María Sarmiento Ribadeneira, que tamén dá nome a unha rúa de Viveiro.Resultado de imagen de "maria sarmiento ribadeneira"

Inicialmente as instalacións estaban situadas nuns locais cedidos polo Concello de Viveiro, no convento de San Francisco.  

No ano 1963 estreouse o novo edificio cando só existían tres centros na provincia.  Foron ampliados os talleres no curso 1988-89.  No ano 1992 volveuse a ampliar, para solucionar a crecente demanda de matrícula, construíndose o edificicio "A" que agora serve de módulo principal.  Construíuse, no curso 96-97, un pavillón polideportivo cuberto, situado na zona escolar detras do cuartel, que é compartido co outro IES da localidade.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut