Skip to Content

Fabricación Mecánica (Soldadura)

AULA DE SOLDADURA 3D

 

O Departamento de Fabricación Mecánica (Soldadura) estrena novo equipamento dixital e virtual. 

Logo de participar no programa “Espazos de tecnoloxía aplicada para a conversión de aulas convencionais en espazos de tecnoloxía aplicada na F.P.”, a aula de referencia de Soldadura, a D4, contará cun importante protagonismo na formación das novas tecnoloxías, para o cal e grazas a dito programa foi adquirido diverso equipamento tecnolóxico de última xeración, entre o que destacan un simulador de soldadura de realidade aumentada, unha pantalla interactiva, dous ordenadores de altas prestacións, un escáner 3D, una cámara 360º, gafas de realidade mixta e de realidade virtual, unha impresora multifunción color A3 xunto con diverso mobiliario de aula.

Dito equipamento vaille permitir ó alumnado impulsar a súa capacidade innovadora e creativa empregando as novas tecnoloxías ao mesmo tempo que potencian as destrezas dixitais e, por outra banda, coñecerán de primeira man a nova realidade, as realidades virtuais, fomentando así un espazo propicio para o desenvolvemento de metodoloxías de ensino activas.

Este proxecto conta cunha dobre importancia, pois ademais de ser o único acadado entre os distintos centros de toda a mariña supón un novo salto cualitativo na formación que o centro ofrecerá ó seu alumnado.

 

Esta actuación está financiada pola Consellería de Educación en colaboración co Ministerio de Educación e Formación Profesional dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia así como pola Unión Europea-NextGenerationEU cun total de 55000.

Mateo Rubal nas EuroSkills en Polonia

Mateo Rubal que estudou no noso Centro o Ciclo Medio de Fabricación Mecánica, que ademáis fora medalla de ouro nas Spainskills 2022 e participara tamen en Cleveland, Ohio, nas Worldskills 2022 atopase estes días na ciudade de Gdansk, Polonia, participando nas EuroSkills 2023. Está acompañado do noso compañeiro Eliseo do departamento de Fabricación Mecánica

       

CALENDARIO DE EXAMES FINAIS E ALUMNOS CON PERDA DE DEREITO Á AVALIACIÓN CONTINUA 22-23

 CALENDARIO

MODULO

 DATA

 HORA

MECANIZADO (Teoría)

MECANIZADO (Práctica)

       19/06/23

      08:30 - 11:00

        11:30 - 14:00

SAN   (Teoría)

SAN   (Práctica)

       20/06/23

      08:30 - 11:00

      11:30 - 14:00

TRAZADO

       16/06/23

      08:30 - 11:00

 IG 

       21/06/23

      11:314:00

FOL

       16/06/23

      12:20 - 14:00

MONTAXE

       14/06/23

      11:30 - 14:00

METROLOXIA E ENSAIOS

       21/06/23

      11:30 - 14:00

SAP (Teoría) 

SAP (Práctica)

       19/06/23

      08:30  -11:00

      11:30  -14:00

 

   

Mateo Rubal Fanego en Cleveland, Ohio nas worldskills 2022

Mateo Rubal Fanego, alumno do noso centro, que fora elixido o mellor soldador de España nas olimpíadas de Formación Profesional, Spainskills 2022 competindo en Cleveland, Ohio nas worldskills 2022, acompañado do compañeiro de Eliseo do departamento de soldadura

       

 

 

 

 

 

Integrantes 22-23

Ares Sánchez, José Manuel

Lebón Díaz, José Javier

Maseda Iglesias, Eliseo Gonzalo (xefe de departamento)

Otero Salgado, Pilar

Mateo Rubal Fanego, alumno do noso centro, foi elixido este sábado o mellor soldador de España nas olimpíadas de Formación Profesional, Spainskills 2022, celebradas dende o 23 ao 25 de marzo no Ifema de Madrid.

Na categoría de Soldadura competían 14 alumnos en total. A peza feita por Mateo foi a única peza dos 14 competidores que superou con éxito a proba de estanqueidade, conseguindo así a medalla de ouro en soldadura.

Parabéns a Mateo e ao seu titor Eliseo Maseda.

 

 

O pasado 15 de decembro de 2020 tivo lugar no taller de Soldadura e Caldeiraría do IES María Sarmiento a presentación do proxecto "Programación dun Robot de Soldadura", que contou desde o seu inicio co apoio da Fundación Alcoa.

A automatización, cada vez maior, da industria en xeral e do sector metal-mecánico en particular, outórgalle a este proxecto unha importancia destacada, permitinto que o alumnado reciba unha formación punteira acorde aos avances tecnolóxicos e aumentando as súas posibilidades de inserción laboral. Ademais, deste proxecto poderá beneficiarse, cando menos, o alumnado dos vindeiros 12 ou 15 anos.

Este equipamento complementa o equipo de corte (Plasma CNC), proxecto que tamén promoveu a Fundación Alcoa fai uns anos.

 

Queres coñecer da man dos nosos compañeiros en que consiste o Ciclo Medio de Soldadura e Caldeiraría? Pincha no seguinte vídeo:

 

Actualmente no IES María Sarmiento impártense o ciclo medio Soldadura e caldeiraría.

Premendo na ligazón anterior accédese á seguinte información:

Que se aprende a facer?

En que ámbitos se traballa?

Que ocupacións se desempeñan?

Cales son os módulos do ciclo?

Que título se obtén?

A que outros estudos se pode acceder?

A través da Fundación Alcoa o IES María Sarmiento conta cunha máquina de corte de metais por plasma. A dita máquina é un complemento ideal para a formación do alumnado do ciclo medio de Soldadura e Caleiraría xa que permite ao alumnado aprender a programar de forma autónoma equipos automáticos utilizando as novas tecnoloxías de soldadura mediante control numérico por computadora.

Nas seguintes ligazóns pódese ver a repercusión na prensa

La Voz de Galicia

El Progreso

Youtube

Nos arquivos adxuntos podemos ver algunha fotos da máquina nas instalacións do departamento.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut