Skip to Content

Protocolo Folga Alumnado

En caso dunha folga de alumnado convocada legalmente seguiremos o seguinte protocolo.

Salientamos que o alumnado pode secundar unha folga de dúas formas:

1.- Participación na folga a nivel individual:

Calquera alumno/a pode participar a título individual nunha folga legalmente convocada. Nese caso haberá que distinguir:

a) Alumnos/as menores de 18 anos: A comunicación de participación a título individual debe ser asinado polo alumno/a e polo seu pai/nai ou titor/a legal. (Anexo I).

b) Alumnos/as maiores de idade: Debe presentar a comunicación antes citada (Anexo I) pero non necesita a sinatura paterna.

En calquera dos dous casos o alumnado deberá presentar o documento citado a un membro do equipo directivo e non deberá asistir ao centro. Este considerará que todo o alumnado que suba ao trasporte escolar e/ou entre no recinto do centro non está en folga e terá as clases correspondentes, non podendo abandonar o centro ata que remate o seu horario escolar.

2.- Participación na folga a nivel colectivo:

a) A decisión colectiva de non asistencia a clase para participar nunha folga tan só pode ser tomada polo alumnado a partir do 3º curso da ESO. 

b) En consecuencia,  o alumnado de 1º e 2º curso da ESO non poderán tomar decisións colectivas con respecto á asistencia á clase e/ou á participación nunha folga. Tan só poderán sumarse á folga a título individual coa autorización expresa do pai/nai ou titor/a legal, tal e como se especificou no apartado anterior.

c) Estas decisións colectivas non impiden que cada alumno/a, a título individual, poida non secundar a convocatoria de folga e asistir a clases con normalidade.

d) Ante unha convocatoria de folga dun ámbito superior ao propio centro, a adhesión do alumado á mencionada convocatoria será decidida en asemblea. A tal efecto serán convocadas asembleas en cada aula, das que será preciso levantar acta que inclúa a relación de alumnos/as que se suman á citada convocatoria. O delegado de cada un dos grupos deberá entregar  ao equipo directivo, con 48 horas de antelación ao día de folga,  o seguinte documento: Copia da acta de cada grupo coa relación de alumnos/as no que figure o seu DNI e a sinatura individual de cada un deles. (Anexo II).

e) No caso dunha convocatoria de folga no ámbito do propio centro, este seguirá o procedemento referido anteriormente. Ademais a Xunta de Delegados  deberá presentar ao equipo directivo o seguinte documento: Exposición de motivos da convocatoria de folga.

 



page | by Dr. Radut