Skip to Content

Fabricación Mecánica (Soldadura)

Robot soldadura IES María Sarmiento, Fundación Alcoa

O pasado 15 de decembro de 2020 tivo lugar no taller de Soldadura e Caldeiraría do IES María Sarmiento a presentación do proxecto "Programación dun Robot de Soldadura", que contou desde o seu inicio co apoio da Fundación Alcoa.

A automatización, cada vez maior, da industria en xeral e do sector metal-mecánico en particular, outórgalle a este proxecto unha importancia destacada, permitinto que o alumnado reciba unha formación punteira acorde aos avances tecnolóxicos e aumentando as súas posibilidades de inserción laboral. Ademais, deste proxecto poderá beneficiarse, cando menos, o alumnado dos vindeiros 12 ou 15 anos.

Este equipamento complementa o equipo de corte (Plasma CNC), proxecto que tamén promoveu a Fundación Alcoa fai uns anos.

 

Ciclo Medio de Soldadura e Caldeiraría

Queres coñecer da man dos nosos compañeiros en que consiste o Ciclo Medio de Soldadura e Caldeiraría? Pincha no seguinte vídeo:

 

Oferta educativa

Actualmente no IES María Sarmiento impártense o ciclo medio Soldadura e caldeiraría.

Premendo na ligazón anterior accédese á seguinte información:

Que se aprende a facer?

En que ámbitos se traballa?

Que ocupacións se desempeñan?

Cales son os módulos do ciclo?

Que título se obtén?

A que outros estudos se pode acceder?

Integrantes

Ares Sánchez, José Manuel

Lebón Díaz, José Javier

Maseda Iglesias, Eliseo Gonzalo (xefe de departamento)

Otero Salgado, Pilar

Máquina doada pola Fundación Alcoa

A través da Fundación Alcoa o IES María Sarmiento conta cunha máquina de corte de metais por plasma. A dita máquina é un complemento ideal para a formación do alumnado do ciclo medio de Soldadura e Caleiraría xa que permite ao alumnado aprender a programar de forma autónoma equipos automáticos utilizando as novas tecnoloxías de soldadura mediante control numérico por computadora.

Nas seguintes ligazóns pódese ver a repercusión na prensa

La Voz de Galicia

El Progreso

Youtube

Nos arquivos adxuntos podemos ver algunha fotos da máquina nas instalacións do departamento.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut