Skip to Content

Premios extraordinarios de bacharelato 2023-2024

Participación  nos Premios extraordinarios de bacharelato 2023-2024 (código de procedemento ED311A / DOG 26 abril), destinado a alumnado de 2º bacharelato (cunha nota igual ou suprerior a 8,75)

Prazo de presentación de solicitudes ata o día 28 de maio de 2024.

Achégase unha folla resumo das características do premio con indicacións importantes sobre como realizar a solicitude desde a aplicación de PremiosEdu ou desde a Sede electronica.

Pode acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311A ou ben en PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/).

 

Viaxe do alumnado de 3º ESO a Tarragona e Barcelona

      

Viaxe do alumnado de 2º ESO o Campamento Binatur en Ponferrada

        

        

Viaxe alumnado 1º ESO o Parque da Natureza de Cabárceno

            

           

Alumnado de 1º CS Administración e Finanzas en Innova

O pasado 24, 25 e 26 de abril, o alumnado de 1º CS Administración e Finanzas presentou o seu proxecto de emprendemento en Innova.

Este proxecto foi creado dentro do programa Lanzadeiras e trátase de “Lévote Eu”; unha empresa de transporte de vehículos de renting con condutores privados e capacidade para 9 prazas que busca optimizar o tempo e reducir os custos e as emisións contaminantes en desprazamentos dende Viveiro ás principais cidades galegas.

A idea xurdiu do alumnado dado o precario servizo de transporte público que temos en Viveiro e captou a atención do Conselleiro de Educación Román Rodríguez e da da Directora Xeral de FP Eugenia Pérez.

Para chegar ao resultado final da creación da empresa "Lévote Eu", o alumnado traballou por proxectos nos distintos módulos do ciclo formativo, en equipo e de forma coordinada polos profesores, enfocando de forma práctica os contidos teóricos e estimulando o espírito emprendedor do alumnado.

No módulo de Comunicación e Atención ao Cliente traballaron toda a parte de Marketing e atención á clientela, en Xestión da Documentación Xurídica e Empresarial realizaron os trámites de creación e posta en marcha, en RRHH e RSC deseñaron o organigrama e a estratexia de responsabilidade social corporativa e no módulo de Ofimática realizaron o presuposto de tesoureira e crearon o logotipo e demais carteis publicitarios (flyers, tarifas de prezos, etc.).

                           

ORDENACIÓN DA FP GALEGA NO ÁMBITO DA LEI DE FP

Corrección de erros da listaxe provisional de alumnado seleccionado e suplente AXUDASLE

CORRECCIÓN DE ERROS da listaxe provisional de alumnado seleccionado e suplente, segundo o establecido na Orde do 29 de xaneiro de 2024 pola que se convocan axudas para a realización de actividades formativas en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (DOG do 12/02/24): https://www.edu.xunta.gal/portal/node/43021

AXUDASLE Publicación das listaxes

O día 23 de abril foron publicadas as listaxes provisionais de alumnado seleccionado e suplente e a listaxe de solicitudes que precisan remisión de documentación relacionada coas comprobacións segundo o establecido no artigo 8.1 (apartados c,d,e,f), segundo o establecido no artigo 16.3 da Orde do 29 de xaneiro de 2024 pola que se convocan axudas para a realización de actividades formativas en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (DOG do 12/02/24) que se poden consultar na web da convocatoria http://www.edu.xunta.gal/axudasle e no Portal Educativo 

 https://www.edu.xunta.gal/portal/node/42968 

O contido desta orde e a información complementaria atoparase na páxina web 

http://www.edu.xunta.gal/axudasle

XII Campus de Verán XuvenCiencia

XII Campus de Verán XuvenCiencia, o campamento científico da USC, no que preto de cen estudantes de 3º e 4º da ESO, de BAC e de ciclos medios de FP vivirán unha semana de experiencias inesquecibles.

 

O Campus XuvenCiencia terá lugar do 30 de xuño ao 6 de xullo e o custo da matrícula é de 250€.

 

O prazo de preinscrición ábrese dende o  venres 3 de maio ás 15:30 h ata o 12 de maio.

 

Para mais información entrar na seguinte paxina Web: 

 

https://xuvenciencia.org/campus/gl/informaciongl/

A detección e prevención do suicidio na adolescencia. Falemos!

Xoves, 18 de abril. De 18 a 20 h. Salón de actos IES María Sarmiento. Charla informativa dirixida a profesorado e familias.

No contexto de charlas e reflexións sobre saúde mental, e complementando xa a outras actividades que se propuxeron dende o centro nos meses anteriores.

Título: A detección e prevención do suicidio na adolescencia. Falemos!

Axudando a medrar: a prevención do suicidio na adolescencia.

Poñente: SONIA MARTÍNEZ RODIL, Psicóloga Saúde Mental SERGAS

Teño TDAH. E agora que?

Mércores, 8 de maio. Ás 18:30 h. Salón de actos IES María Sarmiento. Charla informativa dirixida a profesorado e familias.

Título: Teño TDAH. E agora que?

Poñente: NEREA LLERENA, Psicóloga sanitaria.

Fundación INGADA, Instituto Galego do TDAH e trastornos asociados. Xurde en 2014 co obxectivo de dar asistencia en Galicia a persoas afectadas por TDAH e trastornos asociados e ás súas familias, dada a alta prevalencia destas patoloxías na nosa sociedade e as carencias existentes para a súa atención desde todas as áreas necesarias (clínica, educativa, social, familiar, laboral).

PUBLICACIÓN DA CONVOCATORIA DE BECAS MEC 2024/25

Saíu publicada a convocatoria das becas  MEC de carácter xeral para o curso 2024/25 dirixidas ao alumnado de ensinanzas postobrigatorias (BAC, FP grao básico, medio e superior, curso de acceso e preparación para probas de acceso á FP, ensinanzas artísticas profesionais e superiores, ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, ensinanzas deportivas, estudos relixiosos superiores e Universidades).


Prazo presentación: do 19 de marzo ao 10 de maio (ambos incluídos)

Forma de presentación: procedemento electrónico (sede electrónica do Ministerio)

Toda a información no seguinte enlace:

               https://amtegabox.xunta.gal/index.php/s/XNcQCJYrx27Be2T)

 

Ayudas para un curso intensivo de inmersión lingüística en inglés

Se convocan en régimen de concurrencia competitiva un máximo de 2.400 becas para la participación en un programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España en régimen de internado y pensión completa, de una semana de duración, en el mes de julio de 2024. El plazo de solicitudes es del 10 de febrero de 2024 hasta el 21 de Marzo

Para mas información aqui

ABAU 2024

Premendo na ligazón pódese consultar o horario das probas ABAU 

Distribuir contido


by Dr. Radut