Solicitude de participación no procedemento de distribución de máscaras
Pódese consultar o texto do DOG premendo na seguinte ligazón
Prazo de solicitude: do 16 ao 27 de novembro de 2020.
Alumnado destinatario:
• Que pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
• Alumnado matriculado en educación especial.
Non ten que presentar solicitude:
O alumnado que recibiu o vale de 50 € para material escolar (o centro entregará a este alumnado a máscara sen necesidade de presentar solicitude).
Ten que presentar solicitude:
O alumnado que non recibiu o vale de 50 € para material escolar, por non ter presentado a solicitude en prazo, pero que lle correspondería por renda.