Skip to Content

ABAU 2024

Premendo na ligazón pódese consultar o horario das probas ABAU 

Calendario probas acceso a ciclos medios e superiores de FP Convocatoria 2024

Aceso o portal da XUNTA

 

Para ver mellor o documento inferior facer clic encima

 

AULA DE SOLDADURA 3D

 

O Departamento de Fabricación Mecánica (Soldadura) estrena novo equipamento dixital e virtual. 

Logo de participar no programa “Espazos de tecnoloxía aplicada para a conversión de aulas convencionais en espazos de tecnoloxía aplicada na F.P.”, a aula de referencia de Soldadura, a D4, contará cun importante protagonismo na formación das novas tecnoloxías, para o cal e grazas a dito programa foi adquirido diverso equipamento tecnolóxico de última xeración, entre o que destacan un simulador de soldadura de realidade aumentada, unha pantalla interactiva, dous ordenadores de altas prestacións, un escáner 3D, una cámara 360º, gafas de realidade mixta e de realidade virtual, unha impresora multifunción color A3 xunto con diverso mobiliario de aula.

Dito equipamento vaille permitir ó alumnado impulsar a súa capacidade innovadora e creativa empregando as novas tecnoloxías ao mesmo tempo que potencian as destrezas dixitais e, por outra banda, coñecerán de primeira man a nova realidade, as realidades virtuais, fomentando así un espazo propicio para o desenvolvemento de metodoloxías de ensino activas.

Este proxecto conta cunha dobre importancia, pois ademais de ser o único acadado entre os distintos centros de toda a mariña supón un novo salto cualitativo na formación que o centro ofrecerá ó seu alumnado.

 

Esta actuación está financiada pola Consellería de Educación en colaboración co Ministerio de Educación e Formación Profesional dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia así como pola Unión Europea-NextGenerationEU cun total de 55000.

Visita a radio escolar do deportista Adrián Ben Montenegro

O destacado deportista viveirense e exalumno visitou, as instalacións da nosa radio escolar, sendo entrevistado polo alumnado que participa no proxecto da radio.
Na entrevista falou da súa etapa escolar e do seu próximo obxectivo que será participar nos Xogos Olímpicos de París 2024.

        

Galiciaskills 2023. 7º Campionato Galego de Formación Profesional

En directoGaliciaSkills23

Información xeral

Localización e horarios

Normas

Centros, titores/as e competidores/as

Fichas das competicións

 

Galicia Skills congrega no recinto feiral de Silleda a cerca de 200 estudantes de Formación Profesional que compiten en 24 especialidades

Do noso Instituto temos os seguintes participantes:

 PARTICIPANTE
   TITOR/A      ESPECIALIDADE
Bouba Ndong Eliseo Maseda Iglesias   Soldadura
Axel García Villarino Tamara Teijeira Pernas   Tecnoloxía do automóbil
Alexander Herrera Mendoza José Luis Janeiro Insua  Pintura do automóbil
Sergio Seoane Trastoy Ramón Martínez Pego  Reparación de carrozaría

 

                   

      

 

 

ACTO DE ACOLLIDA DE PAIS/NAIS/TITORES/AS

O próximo xoves, día 19 de outubro ás  19:00 horas terá lugar a acollida de nais/pais/titores/as legais do alumnado da ESO e FP Básica.

Esta reunión ten como obxecto establecer contacto do profesorado-titor coas familias para informarlles da marcha de cada grupo.

 

A esta hora acudirán ao Salón de Actos onde serán recibidos pola dirección do centro e a continuación pasarán ás aulas de referencia de cada grupo onde serán atendidos polo profesorado titor respectivo.

 

 A DIRECCIÓN

Probas de certificación en linguas estranxeiras (INGLÉS)

Publicouse a resolución do 29 de setembro de 2023 pola que se regula a xestión da probas de acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras para o alumnado que curse estudos en centros públicos no curso 2023- 2024. 

As probas están destinadas a alumnado de bacharelato, ciclos de formación profesional e alumnado de 4º de ESO.

O prazo para solicitalo remata o 6 de novembro de 2023.

Para maior información consultar co profesorado que imparta a materia de Inglés no correspondente curso para a ESO E BAC e cos titores para Ciclos formativos.

Data límite para solicitalo ao centro educativo, o venres 3 de novembro de 2023.

 

A Dirección

 

Días non lectivos elixidos polo claustro curso 23-24

Foron elexidos polo claustro os días 13 de Outubro de 2023 e o 20 de Maio de 2024, aprobados en consello escolar e autorizados por Inspeccion Educativa

Mateo Rubal trouxo o bronce das EuroSkills

Finalmente Mateo Rubal trouxo para Galicia a medalla de bronce das EuroSkills.

Queremos darlle a nosa noraboa a él asi como tamén o noso compañeiro Eliseo que o acompañou.

   

     

Mateo Rubal nas EuroSkills en Polonia

Mateo Rubal que estudou no noso Centro o Ciclo Medio de Fabricación Mecánica, que ademáis fora medalla de ouro nas Spainskills 2022 e participara tamen en Cleveland, Ohio, nas Worldskills 2022 atopase estes días na ciudade de Gdansk, Polonia, participando nas EuroSkills 2023. Está acompañado do noso compañeiro Eliseo do departamento de Fabricación Mecánica

       

DATAS INICIO CURSO 23-24

PARA PODER VER MELLOR A IMAXE FACER CLIC ENCIMA 

 

SELECCIÓN DE CANDIDATOS CM NAVEGACIÓN E PESCA DO LITORAL

Data para o procedemento de selección de candidatos/as para cursar o CM de Navegación e Pesca do Litoral na modalidade dual:

DATA: MÉRCORES 12 DE XULLO

HORA: DE 9:00 a 12:00

Segundo horario de convocatoria que se enviará ao correo electrónico de cada alumno admitido.

Selección mediante baremo + entrevista persoal

BAREMO SELECCIÓN DE CANDIDATOS/AS 

CM NAVEGACIÓN E PESCA DO LITORAL

(Máximo: 10 puntos) 

TITULACIÓN: Barémase o título de maior valor

CF de Grao Medio afín aos ciclos formativos da familia profesional marítimo pesqueira

2,5

Certificado de profesionalidade da familia profesional marítimo pesqueira

2

IDIOMAS. Acreditación oficial do nivel

 

Inglés B2

1

Inglés B1

0,5

EXPERIENCIA LABORAL

 

Experiencia acreditada en actividades afíns á familia profesional marítimo pesqueira

4

 

Listaxe de libros de texto para o curso 2023-24

Nos arquivos que se achegan a continuación, pódese consultar a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2023-24.

 Listaxe Libros de Texto ESO 23-24

 Listaxe Libros de Texto BAC 23-24

 

DATAS MATRICULA

 Facer clic na imaxe

Datas de entrega de notas

2º de Bacharelato o venres 23 de xuño as 09:00 horas

ESO, 1º BACH e ciclos o luns 26 as 10:00 horas.

EDUCACION DE ADULTOS

CURSO DE CAPACITACION DIXITAL

CALENDARIO DEVOLUCIÓN DE PORTÁTILES XUÑO 2023

 FACER CLIC NA IMAXE INFERIOR

Clube de Ciencias

Os alumnos de Clube de Ciencias de 4º da ESO e 1º de Bacharelato durante o presente curso, estiveron elaborando e cuidando un xardín vertical e un pequeno horto, cós que aprenderon os cuidados que se precisan para sacar a diante este tipo de cultivos, e a valorar o traballo dos agricultores. A maiores coñeceron o que significa o consumo de productos locais ou de KM cero, e os beneficios que implica para o medio ambiente.
 
 
Tamén, o alumnado de Ciencias Aplicadas, elaborou unha guía de árbores Ximnospermas do Parque Pernas Peón, coa cual se completa o traballo da guía elaborada o ano pasado de árbores frondosas. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut