Skip to Content

Xeografía e historia

O alumnado de terceiro de ESO foi este martes 14 a Gijón, nunha actividade organizada polo departamento de Xeografía e Historia. A primeira parada foi a Vila romana de Veranes a uns 10 kms de Gijón e onde o sol comezou a apretar do lindo. Dende ahí seguimos ata a Campa Torres onde entre carbóns, regasificadora, térmica e outras instalacións portuarias, visitamos un campamento castrexo conquistado e ocupado polos romanos.

O mediodia paramos no “Centro comercio” A Calzada, onde a verdade, non poidemos “comerciar” demasiado…

Dende alí, en autobús, fumos ata o Museo do Ferrocarril, espectacular, onde vimos unha morea de trenes de todos os tipos. A última parada foi nas Termas romanas de Campo Valdés. Logo de deixar ó alumnado saquear as tendas de Gijón durante unha hora collimos o bus de regreso, e sen contratempo, salvo que se estropeou o bus e tivemos que facer transbordo, chegamos a Viveiro.

Fernández Fernández, Juan Luis (xefe de departamento

López Guerreiro, Vanesa

Pena Ramos, María Begoña

Pico Rey, Estefanía

Suárez Martínez, María Belén

 

Distribuir contido


by Dr. Radut