Skip to Content

Administración

O alumnado de Administrativo visita a empresa Jim Sports en Palas de Rei

O alumnado da familia profesional de Administración e Xestión visitou o xoves día 2 de Febreiro as instalacións do Grupo Jim Sports en Palas de Rei. Unha ampla visita ao almacén, oficinas, ximnasio e zona de serigrafía desta gran empresa dedicada aos produtos deportivos, coñecendo de primeira man os primeiros pasos, actualidade, e plans de futuro, desta gran iniciativa emprendedora.

O artífice deste grupo empresarial é Jesús Manuel Graña, que creou a empresa fai 25 anos mentres preparaba a oposición a profesor de educación física co fin de levar o deporte a todos os lugares posibles.

A compra dun contedor de balóns de baloncesto foi o inicio dun gran soño feito realidade que converteu a Jim Sports nun centro loxístico deportivo de referencia a nivel europeo, que aposta, a contracorrente, por asentarse nun concello rural do interior de Galicia, para asentar un proxecto empresarial que da empregro a case 200 persoas e factura aproximadamente 10 millóns de €.

A innovación e o uso de novas tecnoloxías son piares fundamentais desta empresa que traballa para grandes multinacionais do sector como Nike, Decathlon, etc., pero que fai negocio principalmente coas pequenas tendas de deportes que podemos atopar nas nosas vilas e cidades e asociacións deportivas de toda a rexión.

 

FP Dual C.S. Administración e Finanzas

O departamento de administrativo segue apostando pola FP Dual (combinación de formación teórica nas aulas complementada con formación práctica nas empresas adheridas á iniciativa a través dun contrato de formación ou dunha beca. Onte comezaron a FP Dual 5 alumn@s do C.S. Administración e Finanzas.

 Moita sorte nesta nova etapa profesional
 

I Xornadas de ESCAPE ROOM

O departamento de Administrativo celebrou as I Xornadas de ESCAPE ROOM nas que o alumnado de FP Básica de Servizos Administrativos, Ciclo Medio de Xestión Administrativa e Ciclo Superior de Administración e finanzas participaron nunha escape room didáctica intentando resolver un misterioso roubo contrareloxo

Vídeo promocional do departamento de Administración

Premendo na ligazón pódese acceder ao VÍDEO PROMOCIONAL do departamento de Administración.

Integrantes 22-23

Alonso Campos, María Montserrat               

Cajoto Sante, Ramon                                    

Carballo Carballeda, María José 

González López, Jesús                  

González Rodríguez, María Irma                    

Laurel Carballido, Mónica                                                              

Martínez Cerdeiras, Ana Belén 

Rodríguez Gómez Francisco Ramón

Rodríguez Torres, Andrea

Val da Pena, Ana

Vázquez Gandoy, José Antonio (Xefe de departamento)

Día 1

Dous profesores do departamento de administrativo realizamos unha Job Shadowing en Finlandia do 2 ao 6 de Maio.

No noso primeiro día en KSAO KOUVOLAN, fomos recibidos pola nosa titora Marja. Unha vez feitas as presentacións,  tivemos a oportunidade de asistir a unha clase na que unha parte do alumnado se atopaba nas súas casas e a outra parte nas aulas. 

O traballo que levaban a cabo era a presentación dun pequeno proxecto sobre distintas empresas finlandesas que deberían expoñer ao resto da clase empregando a ferramenta Microsoft Teams. Deste xeito, os alumnos, a parte de aprender os contidos propios da materia, familiarízanse co emprego das novas tecnoloxías tanto no ámbito educativo como laboral.

Os alumnos empregan, practicamente, o mesmo tipo de aplicacións que no noso centro educativo, si ben puidemos comprobar que a principal diferencia é a ausencia total de papel nas aulas (libro dixital) e que os profesores contan con ferramentas (aula virtual) moi desenroladas para poder levar a cabo a súa labor docente.

As características das aulas son case idénticas ás nosas, agás pola distribución do alumnado nas mesmas, e os alumnos gozan de amplía autonomía á hora de realizar as tarefas asignadas.

Habería moitas cousas que destacar, pero unha das máis importantes sería o nivel de equipamento do centro educativo e a organización do mesmo.

Día 2

A segunda xornada comezou asistindo a unha clase de  Atención ao Cliente de formación profesional básica en finlandés. Os alumnos, presentan unhas características moi similares aos que estudan ese nivel educativo no noso centro. Principalmente a desmotivación, emprego de teléfonos móbiles, etc. A principal diferencia radica na individualización dos estudios, polo que os alumnos teñen máis capacidade de elixir aquelas asignaturas que prefiren para acadar a titulación final.

A ensinanza é obrigatoria ata os 18 anos e a implicación dos pais na educación dos seus fillos moito maior, tendo en conta que a profesión docente é unha das máis valoradas e respectadas en Finlandia, polo que as indicacións dos profesores téñense moi en conta á hora de tomar decisións.

Tamén puidemos acompañalos a unha empresa local, concretamente a un restaurante, a firmar contratos de prácticas dun dos alumnos. O profesor, alumno e encargado do negocio, acordan as condicións nas que se levará a cabo ese período de prácticas e firma os convenios a tal efecto no momento electronicamente unha vez acordadas as condicións.

Esta labor é moi similar á que se realiza nos nosos centros de formación profesional e moitos dos alumnos teñen a oportunidade de continuar traballando na empresa asignada unha vez rematado o período de prácticas.

Día 3

Recibiunos a coordinadora Erasmus, explicounos como funciona o seu sistema educativo.

Intercambiamos impresións sobre a mobilidade de alumnos e profesores para poder realizar algún intercambio no vindeiro curso.

Ofrecéronse a buscar empresas por Koulova para o noso alumnado de ciclos formativos que quixera ir facer o período de FCT a Finlandia e nosoutros tamén buscamos a nosa dispoñibilidade para buscar empresas pola Mariña para o alumnos finlandeses que queiran facer prácticas en Galicia.

Ademais, a nosa titora e a coordinadora Erasmus están interesadas en visitarnos o vindeiro curso e coñecer de primeira man o sistema educativo español. 

Día 4

Asistimos a unha clase de contabilidade en finlandés. Toda a contabilidade a realizan por ordenador, non usan papel.

Posteriormente, unha profesora de turismo, que falaba español levounos de visita pola empresas que tiñan alumnos en prácticas.

Visitamos un antigo complexo industrial reconvertido en galería de arte, espazo de creatividade e deseño.

E tamén un libraría/cafetería que contaba con espazo para actuacións en directo e almacenaxe de libros.

 

Día 5

Coa nosa titora Marja acudimos a unha clase de atención al cliente en inglés. Os alumnos e alumnas interactúan en lingua inglesa, facendo actividades e preguntas. Por suposto, tamén empregan o finés para o desenvolvemento da clase. Deste xeito, impartindo módulos bilingües os alumnos e alumnas nunha porcentaxe moi alta son capaces de comunicarse en inglés ao final do curso.

En resumen, foi unha experiencia marabillosa, conocer a cultura e educación de Finlandia, ver a súa forma de traballar e coller ideas para poder implantar no noso centro. Sen dúbida, unha experiencia que todo profesor debería vivir.

 

 CALENDARIO DE PROBAS LIBRES DO CM XESTIÓN ADMINISTRATIVA

                               

DÍA 10

DÍA 13

DÍA 14

DÍA 15

EMPRESA E ADMINISTRAC.

TRATAMENTO INFORMÁTICO DA INFORMACIÓN

TRATAMENTO DA DOCUMENTAC. CONTABLE

OPERACIÓNS ADMINISTRATIV.

DA COMPRAVENDA

 

FOL 

OPERACIÓNS AUXILIARES DE XESTIÓN DE TESOURARÍA

 

 

 

EMPRESA NA AULA

 

 

DÍA 16

DÍA 17

DÍA 22

TÉCNICA CONTABLE

COMUNICAC. EMPRESARIAL E ATENCIÓN Á CLIENTELA

OPERACIÓNS ADMINISTRAT.

DE RECURSOS

HUMANOS

 

HORARIOS DAS PROBAS:

EMPRESA E ADMINISTRACIÓN

T – 11:30 a 12:30

P – 12:35 a 14:00

TRATAMENTO INFORMÁTICO DA INFORMACIÓN

T – 11:30 a 12:00

P – 12:15 a 13:45

FOL (concretar ca profesora, horario de teoría e práctica)

T – 16:00 a

P -

TRATAMENTO DA DOCUMENTACIÓN CONTABLE

T – 08:30 a 09:20

P – 09:30 a 11:00

OPERACIÓNS AUXILIARES DE XESTIÓN DE TESOURARÍA

T – 11:30 a 12:00

P – 12:10 a 14:00

EMPRESA NA AULA

T – 16:00 a 16:30

P – 16:35 a 17:30

OPERACIÓNS ADMINISTRATIVAS DA COMPRAVENDA

T – 10:10 a 11:00

P – 12:20 a 14:00

TÉCNICA CONTABLE

T – 11:30 a 12:00

P – 12:10 a 14:00

COMUNICACIÓN EMPRESARIAL E ATENCIÓN Á CLIENTELA

T – 11:30 a 12:30

P – 12:35 a 14:00

OPERACIÓNS ADMINISTRATIVAS DE RECURSOS HUMANOS

T – 09:30 a 10:00

P – 10:15 a 12:00

T = PROBA ESCRITA

P = SUPOSTOS PRÁCTICOS

AS PROGRAMACIÓNS DAS PROBAS, PODEN SER SOLICITADAS AO PROFESORADO QUE IMPARTE O MÓDULO, AO XEFE DE DEPARTAMENTO OU CONSULTADAS NA PÁXINA WEB.

Viveiro, a 11 de maio do 2022

 

 

Asdo.. Xefe de departamento de administración

 Pincha na icona para acceder ao Instagram do Departamento de Administrativo.

Alumnos do ciclo medio e superior de Administrativo do IES María Sarmiento visitaron o Parlamento de Galicia o pasado luns, acompañados polos profesores Ramón Cajoto, M. Antonia Loureiro e Ana Val. Despois de visitar o edificio e asistir á sesión do pleno que se estaba celebrando o pasado luns; foron recibidos polos deputados mariñáns: Elena Candia, José Manuel Balseiro, e Daniel Vega do PP e por Daniel Castro do BNG, Patricia Otero do PSOE, que atenderon as demandas e preguntas dos alumnos.

Queres coñecer o que podes aprender estudando algún dos nosos ciclos de Administración?

-FP Básica Servizos Administrativos

-Ciclo Medio Xestión Administrativa (diurno e réxime de adultos modular)

-Ciclo Superior Administración e Finanzas 

Preme no seguinte vídeo!

Actualmente no IES María Sarmiento impártense o ciclo básico Servizos administrativos, o ciclo medio Xestión administrativa (en réxime ordinario e de adultos) e o ciclo superior Administración e finanzas.

Premendo en cada unha das ligazóns anteriores accédese á seguinte información:

Que se aprende a facer?

En que ámbitos se traballa?

Que ocupacións se desempeñan?

Cales son os módulos do ciclo?

Que título se obtén?

A que outros estudos se pode acceder?

Distribuir contido


by Dr. Radut