Skip to Content

Viaxe educativa do alumnado de 1º e 2º de Bacharelato a Madrid e Toledo

admin3

O alumnado de 1º e 2º de Bacharelato realizou na última semán de Outubro unha viaxe educativa a Madrid e Toledo organizada polos profesores de Música e Historia da Arte.

 

Na viaxe fixemos unha primeira parada en León onde visitamos a Catedral gótica e fixemos un percorrido seguindo as murallas romanas ata a basílica de San Isidoro. Antes de Madrid tamén fixemos unha breve parada para ver o acueducto de Segovia.

 

Xa en Madrid adicamos o segundo dia  a ver museos. Todos xuntos fixemos pola mañá unha visita guiada ó Teatro da Zarzuela e ó Museo do Prado. Pola tarde dividímonos en dous grupos, un deles visitou o Museo Romántico e fixo un pequeno percorrido polo Madrid dos Austrias, mientras que o segundo grupo visitou o Museo Guggenheim e fixo unha breve parada no Museo Reina Sofía.

 

O último dia fumos a Toledo onde  a primeira hora fixemos un roteiro polo casco vello ata visitar o Museo Sefardí, para logo desprazarnos ata o Parque Puy du Fou onde pasamos o resto da xornada e dende onde regresamos a Viveiro.

                            



page | by Dr. Radut