Skip to Content

Calendario das eleccións ao Consello Escolar

admin3

CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS A CONSELLO ESCOLAR

SECTOR ALUMNADO E SECTOR PAIS E NAIS - CURSO 2022

No presente proceso electoral corresponde elixir:

  • 1 pai/nai de un total de tres que debe ter o consello escolar.
  • 2 alumn@s dun total de catro que debe ter o consello escolar.

As listaxes provisionais do censo electoral de alumnado e de responsables están expostas no taboleiro do Hall xunto á oficina de administración do IES María Sarmiento. 

As persoas que queiran presentar a súa candidatura poden facelo ata as 13:30 horas do venres, día 11 de novembro na oficina de administración.

O sorteo dos membros da mesa electoral, entre os pais/nais/ alumnado que non se presenten candidatos, realizarase o día 17 de novembro ás 11:00 horas.

A campaña electoral comprenderá do 17 ao 25 de novembro e as votacións terán lugar o día 28 de novembro no salón de actos do centro

  • Alumnado:  de 09:30 a 13:30 horas
  • Nais/Pais/ titores legais:  de 19:30 a 20:30 horas

Máis información nos documentos adxuntos



page | by Dr. Radut