O pasado venres 23 de setembro o alumnado de ciclo medio de xestión administrativa e ciclo superior de administración e finanzas visitou a sede corportativa de Pull&Bear no polígono do Río do Pozo en Narón. Durante dúas horas percorremos o centro loxístico e o edificio central: tenda piloto, departamentos, estudo de fotografía, zonas verdes, etc.