Saltar navegación.
Inicio

Inicio das clases

 

O luns 17 de setembro de 12:00h a 13:00h realizarase a presentación para todos os grupos de ESO, bacharelato, FP básica e ciclos medios de Soldadura e Atención á dependencia. Haberá transporte escolar.

O martes 18 comezarán as clases no horario ordinario para todos as ensinanzas e grupos.

Libros de texto curso 2018-19

 

Nas seguintes ligazóns pódese consultar a listaxe de libros de texto para o curso 2018-19:

Calendario de exames de setembro 2018

 

No arquivo anexo pódense consultar os horarios detallados dos exames de setembro, que se celebrarán o luns 3 e mais o martes 4.

A avaliación será o mércores 5 (ver horarios detallados) e a entrega de notas, o xoves 6 ás 10,00 horas.

O prazo de matrícula de setembro comezará o xoves 6 despois da entrega de notas e rematará o venres 7 ás 13:00h.

Prazos de matrícula

Os prazos de matrícula para o curso 2018-19 son os seguintes:

  • 1º Ciclo formativo:
        • presentación de solicitudes de admisión do 25 de xuño ao 3 de xullo ás 13.00h.
        • matrícula:
          • 1ª adxudicación do 17 ao 24 de xullo
          • 2ª adxudicación do 27 ao 31 de xullo
  • 2º Ciclo formativo, ESO e bacharelato: do 25 de xuño ao 4 de xullo (ambos incluídos). Debe facerse no IES Marco do Camballón en horario de 10h a 13h.

Encontro con Sáenz de Cabezón

 
 
O mércores 20 de xuño, o alumnado de 1º BAC mantivo un encontro co matemático, divulgador e youtuber Eduardo Sáenz de Cabezón, da canle Derivando
O encontro tivo lugar na Facultade de Matemáticas da USC. O noso alumnado preparou unha entrevista que proximamente se editará e se subirá á canle Tales no Camballón Films. Ademais, agasallámolo  cuns exemplares de Tatoos da Galiza e de Marco Numérico, ambas publicacións do noso centro.
 
 

Calendario de fin de curso

Remate das clases: 21 de xuño

Avaliacións:

- 2º CM Soldadura, 2º CM APSD e 2º FP básica: 18 de xuño

- ESO, 1º bach., 1º CM Soldadura, 1º CM APSD e 1º FP básica: 22 de xuño

Entrega de notas: luns 25 ás 11h (non hai autobuses)

Reclamacións: 25, 26 e 27 de xuño

Novidades no Camballón entre liñas

 

 

canle de promoción da lectura creada o curso pasado polo Departamento de Lingua galega e literatura, Camballón entre liñas, conta xa con novas producións do alumnado de 1º de bacharelato, que traballou sobre narrativa actual, e 2º de bacharelato, que abordou distintos autores e autoras da poesía dos anos 80 e 90. Pódense ver desde aquí.

Ve a luz Marco Numérico

Acaba de saír do prelo o primeiro número de Marco Numérico, publicación de investigación matemática impulsada polo Departamento de Matemáticas do IES Marco do Camballón, que pretende ofrecerlle ao alumnado do segundo ciclo de ESO e, especialmente, ao de Bacharelato a realización e publicación dos seus propios traballos de investigación, suxeitos aos estándares de profundidade, rigor e forma habituais do mundo académico.

Trátase dunha publicación aberta a artigos científicos escritos en galego e ten carácter anual. Este primeiro número difunde sete artigos do alumnado de 2º de bacharelato e conta cun limiar de M. Elena Vázquez Cendón, profesora titular do Departamento de Matemática Aplicada e Decana da Facultade de Matemáticas da USC. 

Para os vindeiros números prevese abrir a participación a outros centros de ensino.

Pódese ver a publicación íntegra nesta ligazón.

MarumaSat III: misión realizada con éxito

Na mañá do 7 de maio lanzamos, como estaba previsto, a MarumaSat III desde Ordes. Acadou unha altitude de 33223m e todo ía ben ata que comezou a caída, momento no que se perdeu o seu sinal. Empezou, daquela, a fase de recuperación.
Despois de case unha semana de busca, a cápsula aparaceu nas inmediacións da localidade coruñesa de Negreira. Atopouna un alumno do IES Maruxa Mallo na tarde do sábado 12 de maio, grazas a un dispositivo de seguimento empregado en cetrería que seguía a emitir sinal. 
Tras abrila puidemos comprobar que todo estaba en perfecto estado, que os sensores rexistraron un enorme volume de datos e a cámara gravou imaxes espectaculares da estratosfera. Pódese ver xa unha mostra no álbum MarumaSat III da nosa galería.
Nas seguintes semanas completarase o estudo asociado aos experimentos científicos e editarase o vídeo oficial da viaxe da MarumaSat III.
Parabéns a todos os integrantes de NOSA por este novo éxito! 

A NOSA realizará o 3º lanzamento o 7 de maio

A NOSA, Axencia Espacial Escolar Galega, da que forma parte o noso centro, efectuará o próximo luns 7 de maio o seu 3º lanzamento á estratosfera. Despois dos éxitos dos lanzamentos anteriores, desta volta, a MarumaSat III pretende, entre outros obxectivos, facer nacer vida no espazo, concretamente a través dun ovo de abella raíña que viaxará no interior da cápsula. Ademais dos centros que integran a NOSA (IES Maruxa Mallo, IES Miraflores e IES Marco do Camballón), participará tamén o IES Xelmírez II de Santiago de Compostela.

Pódese ver máis información sobre o proxecto nesta reportaxe  e/ou seguilo con máis detalle no seu twitter, instagram  ou na canle de YouTube.

Distribuir contido