Saltar navegación.
Inicio

Novas

Probas de acceso a ciclos de grao medio e superior. Convocatoria 2023

Publicada a Orde do 5 de decembro de 2022 pola que se regulan as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional. 

PRAZOS DE INSCRICIÓN: 

  • CICLOS MEDIOS: Entre o 27 de febreiro e o 10 de marzo de 2023, ambos os dous incluídos
  • CICLOS SUPERIORES: Entre o 23 de xaneiro e o 3 de febreiro de 2023, ambos os dous incluídos.

DATAS DOS EXAMES: 

  • PROBAS CICLOS MEDIOS: 25 de maio de 2023
  • PROBAS CICLOS SUPERIORES: 20 de abril de 2023

REQUISITOS DE INSCRICIÓN: 

  • CICLOS MEDIOS: Non cumprir requisitos de acceso directo e ter alomenos 17 anos no 2023
  • CICLOS SUPERIORES: Non cumprir requisitos de acceso directo e ter alomenos 19 anos no 2023.

EXENCIÓNS E DOCUMENTACIÓN: Consultar a Orde do 5 de decembro de 2022 (adxunta)

Máis información na ligazón. 

Datas ABAU 2023

A CIUGA ven de publicar as datas de realización dos exames da ABAU para o 2023.

  • Convocatoria ordinaria: 6, 7 e 8 de xuño
  • Convocatoria extraordinaria: 11, 12 e 13 de xullo

Nesta ligazón pódense consultar as notas de corte das titulacións do Sistema Universitario de Galicia (SUG)

Becas da Fundación Amancio Ortega para estudar 1º BAC en Canadá ou EE.UU

A Fundación Amancio Ortega convoca unha nova edición de becas para estudar 1º de Bacharelato en Canadá ou en Estados Unidos durante o curso académico 2023/24.

Convócanse 400 becas dirixidas a alumnado de 4º da ESO, que lles permitirán convivir con unha familia durante o curso escolar no país de destino. Das becas convocadas, resérvanse 70 para estudantes galegos.

A beca inclúe o 100% do custo dos servizos necesarios para cursar un ano académico no país de destino: viaxe de ida e volta á localidade estranxeira, taxas de escolarización e matrícula nun instituto público, aloxamento e manutención nunha familia de acollida, seguro médico e de accidentes, convalidación do curso académico e unha pequena asignación mensual para gastos menores. Tamén inclúe unha serie de actividades dirixidas á formación dos becarios seleccionados e á tramitación dos seus expedientes, antes da saída ao país de destino.

REQUISITOS:

  • Estar inscrito como estudante en 4º da ESO nun centro de ensino do territorio español no momento de presentar a solicitude de participación, excepto centros docentes privados estranxeiros en España.
  • Ter realizado os cursos de 1º, 2º e 3º da ESO conforme ao sistema educativo español.
  • Non ter desfrutado dunha experiencia académica igual ou superior a 4 meses como estudante internacional nun pais estranxeiro, durante os cursos de 1º, 2º, 3º e/ou 4º ESO.
  • Ter unha nota media mínima de 7 puntos en 3º ESO.
  • Ter obtido unha nota mínima de 7 puntos na materia de Inglés (ou a súa alternativa como primeiro idioma estranxeiro) nas notas finais de 3º ESO.
  • Ter DNI ou NIE e pasaporte español.
  • Información tributaria da unidade familiar (non se require un nivel mínimo nin máximo de renda familiar)

 PRAZO DE INSCRICIÓN: do 12 de setembro ao 11 de outubro de 2022 ás 13:00 horas

Información e solicitudes na LIGAZÓN

Admisión á Formación Profesional Básica. Listaxes provisionais de solicitudes. Curso 22-23

Publicadas as listaxes provisionais de solicitudes de admisión a FP de grao básico para o curso 2022-2023. Consulta a listaxe co  teu código persoal de consulta (CPC) para verificar que apareces na mesma. 

Prazo de reclamación ata o 12 de xullo ás 13:00 horas.

Máis información na ligazón

Listaxes provisionais de solicitudes á Formación Profesional. Curso 2022-23

Publicadas as listaxes provisionais de solicitudes presentadas para a admisión á Formación Profesional para o curso 2022-2023. Podes consultar se apareces nas listaxes mediante o teu código persoal de consulta (CPC). 

Prazo de reclamación ata o 12 de xullo ás 12:00 horas. 

Máis información na ligazón

Semana da Administración Aberta 2022

O próximo 28 de xuño o Instituto Universitario de Medio Ambiente (IUMA) da Universidade da Coruña participa na Semana da Administración Aberta 2022 dirixida á comunidade educativa en xeral. 

Prazo de inscrición: ata o 23 de xuño. 

Podes consultar toda a información na ligazón. 

Prazos de admisión para Formación Profesional e cursos de especialización para 2022-2023

A Consellería de Educación publicou no día de onte os calendarios cos prazos de admisión para as ensinanzas de Formación Profesional (réxime ordinario e de adultos), para FP dual e para os cursos de especialización. 

Podes consultar as datas na ligazón

Premios extraordinarios da ESO. Curso 2021-2022

A Consellería de Educación ven de publicar esta semana a Orde do 23 de maio de 2022, pola que se convocan os premios extraordinarios da ESO ao rendemento académico, correspondentes ao curso 2021/2022. A finalidade dos mesmos é recoñecer e valorar os méritos excepcionais baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou a etapa cun excelente resultado académico en Galicia. 

Becas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo - Curso 2022/2023

Pódense solicitar as axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o próximo curso 2022-2023. 

Prazo de solicitude ata o 30 de setembro de 2022. 

Para máis información consulta a convocatoria no documento que se xunta ou preme na ligazón 

Campus de verán Xuvenciencia

Se queres aprender de forma divertida, pasalo ben e coñecer novas amizades, tes unha gran oportunidade! Podes inscribirte nos campamentos de  verán Xuvenciencia!

 

  • Quen pode participar? Alumnado de 4º ESO, Bacharelato e ciclos medios
  • Que hai que facer para participar? Primeiro tes que inscribirte nos campamentos, permanece atento/a aos listados e se resultas seleccionado/a terás que matricularte
  • Prazo de inscrición: do 20 ao 26 de maio de 2022
  • Cando e onde terá lugar o campamento? Do 3 ao 9 de xullo de 2022, no campus universitario de Lugo da USC.

O programa científico desenvolverase pola mañá. Pola tarde haberá actividades lúdicas e posibilidade de aloxamento polas noites. Infórmate das actividades e prezos na web:  https://xuvenciencia.org/campus/

Distribuir contido