Saltar navegación.
Inicio

Novas

Admisión á Formación Profesional Básica. Listaxes provisionais de solicitudes. Curso 22-23

Publicadas as listaxes provisionais de solicitudes de admisión a FP de grao básico para o curso 2022-2023. Consulta a listaxe co  teu código persoal de consulta (CPC) para verificar que apareces na mesma. 

Prazo de reclamación ata o 12 de xullo ás 13:00 horas.

Máis información na ligazón

Listaxes provisionais de solicitudes á Formación Profesional. Curso 2022-23

Publicadas as listaxes provisionais de solicitudes presentadas para a admisión á Formación Profesional para o curso 2022-2023. Podes consultar se apareces nas listaxes mediante o teu código persoal de consulta (CPC). 

Prazo de reclamación ata o 12 de xullo ás 12:00 horas. 

Máis información na ligazón

Semana da Administración Aberta 2022

O próximo 28 de xuño o Instituto Universitario de Medio Ambiente (IUMA) da Universidade da Coruña participa na Semana da Administración Aberta 2022 dirixida á comunidade educativa en xeral. 

Prazo de inscrición: ata o 23 de xuño. 

Podes consultar toda a información na ligazón. 

Prazos de admisión para Formación Profesional e cursos de especialización para 2022-2023

A Consellería de Educación publicou no día de onte os calendarios cos prazos de admisión para as ensinanzas de Formación Profesional (réxime ordinario e de adultos), para FP dual e para os cursos de especialización. 

Podes consultar as datas na ligazón

Premios extraordinarios da ESO. Curso 2021-2022

A Consellería de Educación ven de publicar esta semana a Orde do 23 de maio de 2022, pola que se convocan os premios extraordinarios da ESO ao rendemento académico, correspondentes ao curso 2021/2022. A finalidade dos mesmos é recoñecer e valorar os méritos excepcionais baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou a etapa cun excelente resultado académico en Galicia. 

Becas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo - Curso 2022/2023

Pódense solicitar as axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o próximo curso 2022-2023. 

Prazo de solicitude ata o 30 de setembro de 2022. 

Para máis información consulta a convocatoria no documento que se xunta ou preme na ligazón 

Campus de verán Xuvenciencia

Se queres aprender de forma divertida, pasalo ben e coñecer novas amizades, tes unha gran oportunidade! Podes inscribirte nos campamentos de  verán Xuvenciencia!

 

  • Quen pode participar? Alumnado de 4º ESO, Bacharelato e ciclos medios
  • Que hai que facer para participar? Primeiro tes que inscribirte nos campamentos, permanece atento/a aos listados e se resultas seleccionado/a terás que matricularte
  • Prazo de inscrición: do 20 ao 26 de maio de 2022
  • Cando e onde terá lugar o campamento? Do 3 ao 9 de xullo de 2022, no campus universitario de Lugo da USC.

O programa científico desenvolverase pola mañá. Pola tarde haberá actividades lúdicas e posibilidade de aloxamento polas noites. Infórmate das actividades e prezos na web:  https://xuvenciencia.org/campus/

Probas de acceso a ensinanzas artísticas superiores para o curso 2022/23

A Consellería publicou as distintas resolucións nas que se regulan as condicións de acceso e admisión a diferentes ensinanzas artísticas superiores.

Prazo de presentación de solicitudes aberto ata o 23 de maio de 2022.

Preme nas ensinanzas do teu interese para consultar as características das probas e lugares de realización, entre outras cuestións.

Para aclaracións ou dúbidas podes consultar no departamento de orientación.

Probas de acceso a ensinanzas profesionais deportivas para o curso 2022/23

Publicada a Resolución do 7 de abril de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2022/23.

Prazos de inscrición nas distintas probas:   

  • Proba substitutiva do título de ESOdo 22 de abril ao 29 de xuño de 2022. 
  • Proba específica de grao mediodo 22 de abril ao 29 de xuño de 2022.
  • Proba substitutiva do título de Bacharelato: do 23 de abril ao 23 de maio de 2022.

Consulta as datas de realización das probas, lugar, horarios e máis información na ligazón

Acceso e admisión a ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2022-2023

Publicada a Resolución do 27 de abril de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2022/23.

  • Prazo de inscrición para a realización da proba substitutiva dos requisitos de titulación de graduado en ESO ou do título de Bacharelato: do día 11 de maio ata o día 14 de xuño de 2022, ambos os dous incluídos.
  • Prazo de inscrición para a realización da proba específica e para persoas que solicitan acceso sen proba: do 11 de maio ata o día 21 de xuño de 2022, ambos os dous incluídos.

·    Para aclaracións ou dúbidas, podes consultar a resolución que se xunta ou acudir ao departamento de orientación. 

Distribuir contido