Benvidos/as á nosa web

Rúa do Camballón, nº24, 36590- Vila de Cruces (Pontevedra)
Tlfno.: 886151731    Fax: 886151739
ies.marco.camballon@edu.xunta.es 
   
 

Reunión coas familias

A reunión de presentación do curso para as familias celebrarase o próximo mércores 26 de setembro.

Para o alumnado e as familias de 1º de ESO organizarase unha sesión de convivencia entre as 15,45 e as 17,30h.

As familias dos cursos restantes serán recibidas ás 20h

Adxudicación do fondo de libros

 

 

 

Xa se pode consultar a adxudicación definitiva do fondo de libros de texto de ESO para o curso 2018-19 nesta ligazón.

Aviso sobre o servizo de cafetería

No pasado mes de xuño, iniciouse o proceso de tramitación dos expedientes de contratación das cafeterías escolares de Galicia, que está rexido pola Lei9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se transpoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE, do 26 de febreiro de 2014.

A demora no inicio de dito proceso e a obriga de cumprir uns prazos determinados de tramitación en cada unha das etapas do concurso, fai que comecemos o curso sen servizo de cafetería no IES Marco do Camballón.

 Tras realizar as consultas oportunas, a única información da que dispoñemos é que a contratación non se producirá antes de mediados de outubro.

 En consecuencia, dende a dirección do centro queremos trasladarlles ás familias as seguintes suxestións:

  • Recomendamos que o alumnado traia da casa a merenda do recreo.
  • Os luns e mércores aqueles alumnos/as que non estean inscritos no comedor escolar deberán traer a súa comida da casa. O centro poñerá a disposición do alumnado un comedor na hora do xantar.

Aviso libros de texto 1º ESO

Dado que o centro se incorpora este ano ao programa de educación dixital en 1º de ESO (E-Dixgal) e, polo tanto, as familias non recibirán a axuda da Xunta, é necesario comprar os seguintes libros:

  • InglésMosaic 1 student's book, Ed. Oxford, ISBN: 9780194666107 + Mosaic 1 workbook, Ed. Oxford, ISBN: 9780194666114
  • Plástica: Observar, comprender, expresar – Nivel  I, Ed. Sandoval, ISBN: 978-84-943542-2-9
  • Francés: Parachute-Livre de l’élève 1, Ed. Santillana, ISBN: 978-84-96597-97-6 + Cahier d’exercices,  ISBN: 978-84-96597-99-0

Por outra parte, o centro dispón, dentro do seu banco de libros, dos de Xeografía e Historia (Vicens-Vives – Dous tomos, ISBN: 978-84-682-3121-1) e Bioloxía e xeoloxía (Ed. Anaya, ISBN: 978-84-678-5181-6), de modo que non é necesario que as familias os compren (a non ser que queiran facelo voluntariamente). 

Inicio das clases

 

O luns 17 de setembro de 12:00h a 13:00h realizarase a presentación para todos os grupos de ESO, bacharelato, FP básica e ciclos medios de Soldadura e Atención á dependencia. Haberá transporte escolar.

O martes 18 comezarán as clases no horario ordinario para todos as ensinanzas e grupos.

Libros de texto curso 2018-19

 

Nas seguintes ligazóns pódese consultar a listaxe de libros de texto para o curso 2018-19:

Calendario de exames de setembro 2018

 

No arquivo anexo pódense consultar os horarios detallados dos exames de setembro, que se celebrarán o luns 3 e mais o martes 4.

A avaliación será o mércores 5 (ver horarios detallados) e a entrega de notas, o xoves 6 ás 10,00 horas.

O prazo de matrícula de setembro comezará o xoves 6 despois da entrega de notas e rematará o venres 7 ás 13:00h.

Prazos de matrícula

Os prazos de matrícula para o curso 2018-19 son os seguintes:

  • 1º Ciclo formativo:
        • presentación de solicitudes de admisión do 25 de xuño ao 3 de xullo ás 13.00h.
        • matrícula:
          • 1ª adxudicación do 17 ao 24 de xullo
          • 2ª adxudicación do 27 ao 31 de xullo
  • 2º Ciclo formativo, ESO e bacharelato: do 25 de xuño ao 4 de xullo (ambos incluídos). Debe facerse no IES Marco do Camballón en horario de 10h a 13h.

Encontro con Sáenz de Cabezón

 
 
O mércores 20 de xuño, o alumnado de 1º BAC mantivo un encontro co matemático, divulgador e youtuber Eduardo Sáenz de Cabezón, da canle Derivando
O encontro tivo lugar na Facultade de Matemáticas da USC. O noso alumnado preparou unha entrevista que proximamente se editará e se subirá á canle Tales no Camballón Films. Ademais, agasallámolo  cuns exemplares de Tatoos da Galiza e de Marco Numérico, ambas publicacións do noso centro.
 
 

Powered by Drupal - Design by artinet