Saltar navegación.
Inicio

Matemáticas

Programacións didácticas. Curso 2022-23

Programacións didácticas do departamento de Matemáticas do IES Marco do Camballón para o curso 2022-23

Profesorado do Departamento. Curso 2022-23

Manuel Lugo Latas (xefe de departamento)

Xosé Díaz Díaz

Juan Manuel Penalta Rodríguez

Quinto volume de Marco Numérico

No departamento de matemáticas do IES Marco do Camballón estamos de celebración. Logo dalgunhas dificultades e incertidumes, vimos de rematar o quinto volume da nosa publicación Marco Numérico.

Este número está dividido en dous bloques temáticos principais. Varios traballos céntranse no estudo dalgunhas conxecturas numéricas célebres: Hardy-Littlewood, Collatz, Brocard e Legendre. Os artigos trataron de conseguir unha verificación computacional das mesmas (a través de código R) e a obtención de certos patróns asociados ou inferencias posíbeis sobre a estrutura matemática subxacente.

O segundo bloque xira entorno ao Teorema Central do Límite. Do mesmo xeito que no anterior, o alumnado implementou paquetes de código para analizar as converxencias de variábeis aleatorias continuas e discretas. Unha das aplicacións máis interesantes  tivo que ver coa natureza probabilística da desintegración nuclear radiactiva, para a que contamos co asesoramento de Pablo Cabanelas Eiras, investigador do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías. Tivemos a sorte de que Pablo escribira o limiar que presenta o número.

Podedes descargar o número premendo no arquivo.

Agardamos que veñan moitos números máis nos cursos seguintes!

 

 

 

 

 

Entrevistamos a Javier Barral Lijó, récord estatal de memorización do número π

O pasado 28 de marzo recibimos a visita de Javier Barral Lijó, que ostenta o récord estatal de memorización do número  π, con 15464 cifras decimais. Aproveitamos a súa visita para reunirse co alumnado de 1º ESO B, que tamén lle realizou unha entrevista na radio escolar. Puidemos fotografalo no noso mural do número π canda África García Lorenzo, que actualmente ostenta o récord do noso centro con 166 cifras decimais.

Durante a charla comentou cousas moi interesantes. Decidiu bater o récord durante o confinamente, no que estabeleceu un horario diario para o estudo das cifras de  π. Tamén nos contou que a cifra final de decimais non é calquera, senón que ten un significado especial para el. E soubemos algo que nos enche de orgullo: a idea empezou a xermolar hai varios anos cando leu na prensa a nova da anterior marca do noso centro, estabelecida por Nuria Torres Novo!

 

 

A nosa alumna África García Lorenzo estabelece unha nova marca de memorización do número π

África García Lorenzo, alumna de 1º ESO no IES Marco do Camballón (Vila de Cruces), vén de estabelecer un novo récord de memorización do número, cun total de 166 cifras decimais.

Este récord encadra nun concurso organizado polo departamento de matemáticas do centro co gallo do Día Internacional do número, que se celebra cada 14 de marzo. A anterior marca correra a cargo de Nuria Torres Novo, cun total de 145 cifras.

O departamento de matemáticas está a xestionar o rexistro oficial da marca de África no Pi World Ranking List, onde se recollen todos os récords de memorización de cifras decimais do número. De xeito preliminar, a marca de África podería colocarse no posto 600 a nivel mundial e 10 a nivel español.

Con esta iniciativa, o departamento de matemáticas quere favorecer o coñecemento e importancia do número. Entre outras iniciativas, tamén promoverá un programa de radio e un obradoiro de esopías, composicións narrativas asociadas á natureza do número.

Sae o cuarto número de Marco Numérico

O presente volume ten carácter monográfico e está centrado na análise dos  datos asociados á pandemia da COVID.

Marco Numérico é a publicación de investigación matemática do IES Marco do Camballón (Vila de Cruces), onde se recollen traballos realizados por alumnado do centro. A revista, de periodicidade anual e xurdida no curso 2017-18 a iniciativa do departamento de matemáticas do centro, quere recoller os traballos de investigación realizados polo alumnado, tomando as matemáticas como eixo central. Os traballos, suxeitos aos estándares de rigor e forma propios do ámbito académico, deben ser orixinais en canto á metodoloxía empregadas, coidar a formulación e contraste de hipótesis e a elaboración de conclusións propias. 

Para este último número, o alumnado traballou en exclusiva sobre datos asociados á COVID. O actual contexto pandémico puxo de relevo a importancia de comprendermos os conxuntos de datos, co obxectivo de prever a evolución futuro e anticipar certas decisións. Neste sentido, a pandemia puxo ante a sociedade un volume moi amplo de información que debe correctamente analizada de xeito que sexamos quen de estimar e anticipar a súa evolución futura, mesmo en contextos altamente volatis como o que estamos a vivir.

Polinomio de Lagrange na interpolación da COVID durante o confinamento

Diferenzas divididas na evolucion da mortalidade por COVID

Interpolacións comparadas na pandemia da COVID en Galiza

O teorema de Bayes na detección da COVID-19

Inferencia bayesiana na interpretación dos tests de diagnostico da COVID-19

Nova marca de memorización do número PI

Nuria Torres Novo vén de estabelecer unha nova marca de memorización do número PI con 145 cifras. É un récord moi sólido que, nas tabelas de memorización de PI a nivel mundial, colocarían a marca de Nuria entre as 600 mellores marcas do mundo e entre as 10 mellores a nivel español. Parabéns!

Sae do prelo o segundo volume de Marco Numérico

Marco Numérico é a publicación de investigación matemática do IES Marco do Camballón (Vila de Cruces), onde se recollen traballos realizados por alumnado de ESO e BAC.

O segundo volume de Marco Numérico acaba de saír do prelo. A publicación (de periodicidade anual e xurdida no curso 2017-18 a iniciativa do Departamento de Matemáticas do IES Marco do Camballón) quere recoller traballos de investigación realizados por alumnado de secundaria e bacharelato de centros de ensino galegos que teñan as matemáticas como eixo central. Os traballos, suxeitos aos estándares de rigor e forma propios do ámbito académico, deben ser orixinais en canto á metodoloxía empregadas, coidar a formulación e contraste de hipótesis e a elaboración de conclusións propias. A temática dos artigos é libre, podendo abordar asuntos de interese social e ecolóxico como outros especificamente asociados ao eido da investigación matemática ou numérica.

Do punto de vista educativo, a publicación pretende introducir ao alumnado de secundaria e bacharelato na investigación formal. Deste xeito, o alumnado muda o rol pasivo que habitualmente ten asignado nas escolas por un papel máis activo na adquisición e formalización do coñecemento. Ademais de adquirir competencias específicas da área das matemáticas, esta experiencia pode ser motivadora en termos xerais, ben noutros eidos do coñecemento científico, ben tamén na investigación humanística.

O presente número consta de dúas seccións, Dentro do Marco e Fóra do Marco. Na primeira sección, Dentro do Marco, inclúense os artigos realizados polo propio alumnado do IES Marco do Camballón. Os traballos incluídos neste número son os seguintes:

Novo récord de memorización do número PI

Yassine Fouzi, de 1º ESO, vén de establecer unha nova marca de memorización do número PI no IES Marco do Camballón, cun total de 98 cifras. A anterior marca correspondía a Sonia Rey, con 75. 

Este récord coloca a Yassine no posto 615 do mundo do Pi World Ranking (ligazón).

Queremos felicitar a Yassine pola súa marca, que establece un récord ben complicado de superar.

 

Novos traballos de Tales no Camballón Films

Por volta da primavera, chegan os novos traballos de Tales no Camballón Films. Os resultados seguen a ser moi bos e fan que esteamos moi orgullosos do noso centro. 

En 1º BAC foron varias as producións deste trimestre:

- A forma do tempo. Matemáticas e calendario. Ligazón

- Maxia e matemáticas, da man. Ligazón

- A xeometría dos agroglifos. Ligazón

Distribuir contido