Saltar navegación.
Inicio

Participamos no IV Congreso NOSA

O noso alumnado participou no IV Congreso NOSA, celebrado  o 10 de febreiro en Santiago de Compostela. NOSA. Axencia Espacial Escolar Galega é un proxecto colaborativo do que forman parte media ducia de centros públicos galegos, e que se encadra no ámbito STEAM (Ciencias, Tecnoloxía, Artes e Matemáticas).

O congreso deste ano estivo organizado polo IES Xelmírez II e tivo lugar no Auditorio de Galicia. A conferencia inaugural sobre contaminación luminosa correu a cargo do físico da USC Salvador Bará. Contamos coa presenza d conselleira de Educación, Carmen Pomar, que se dirixiu aos asistentes antes de dar paso á mesa científico-tecnolóxica.

O noso instituto achegaba dous relatorios: Microorganismos extraterrestres, de Lucía Pampín e Iván Fernández, e que explicaba os resultados dos dous experimentos biolóxicos que viaxaron na MarumaSat IV; Intervalos preditivos na detección de muóns, de Laura Domínguez, Christian Souto, Vicky Rivas e Alba Lareo, que explicaba o procedemento de estimación de intervalos a un certo nivel de confianza a partir dos datos do detector de muóns instalado na cápsula.

A xornada completouse cun recital poético-musical sobre mulleres astrónomas  a cargo da poeta Estíbaliz Espinosa.

Projeto 10.000 calcomanias da Galiza. Tattoos da Galiza

O Clube da Língua do IES Marco do Cambalhom, o projeto educativo Semente de Compostela e o local social A Gentalha do Pichel organizam o projeto “Tattoos da Galiza: 10.000 decalcomanias para a infância e a juventude” com o objetivo de distribuír 10 modelos de tatuagens temporais –decalcomanias- com motivos de desenho gráfico da história da Galiza.

Em passados cursos, o Clube da Língua do IES Marco do Cambalhom de Vila de Cruzes tem recolhido mais de 500 fotografias de tatuagens da Galiza, em galego ou de tema galego. O projeto “Tattoos da Galiza” conseguiu visibilizar tatuagens de centos de persoas que imprimirom sobre a pel a identidade galega através das redes sociais e com a publicaçom dum livro, “Tattoos da Galiza”, fruto dum processo de micromecenado que envolveu centos de persoas.

Desde o ponto de vista sociolinguístico, esta atividade quer colocar diante dos olhos da infância e a mocidade a importáncia da comunicaçom visual desde umha perspetiva galega. Esta intervençom procura articular um processo de comunicaçom social na nossa língua para a visibilizaçom da referentes visuais, icónicos, plásticos e de desenho gráfico próprios da história e actualidade da Galiza.

 

Navegando polo universo desde o ximnasio

O martes 21 de xaneiro, o alumnado de 1º ESO e 1º BAC visitou un planetario portátil de última xeración instalado no ximnasio, e que ofrecía unha viaxe virtual polo ceo titulada Navegando polo universo. A iniciativa é un proxecto docente desenvolvido polo programa cultural Ruta Quetzal.

Este planetario era unha estrutura inchábel cun bóveda de 5 metros de diámetro nas que se proxectaban secuencias dinámicas do universo.

As sesións permitiron un achegamento a diversos aspectos relacionados coa astronomía e o coñec emento do universo, de sde a definición e historia da astronomía, o Sistema Solar, a Vía Láctea, os movementos planetarios, cambio de estacións, fases lunares, eclipses, etc.

Entrevista á compañía A PANADARÍA

O pasado 19 de decembro de 2019, a compañía de teatro A PANADARÍA representou, de xeito aberto para toda a comunidade educativa do centro, a obra Elisa e Marcela.

A función pretendía servir como unha acción de sensibilización en materia de igualdade e recoñecemento de dereitos para o colectivo LGTBI. Como sabedes, a obra conta a historia de amor de dúas mulleres lesbianas galegas, Elisa e Marcela, que, a principios do s. XX, conseguiron contraer matrimonio en contra da moral hipócrita dominante naquela sociedade (e que, lamentabelmente, chega aos nosos días). Polo seu amor foron perseguidas, derivaron a Portugal, onde foron encarceladas, e finalmente tiveron que emigrar a Arxentina, onde se lles perde a pista.

Antes da función puidemos entrevistar ás actrices que a protagonizan, Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kéndelman. Velaquí vos deixamos o vídeo con contido completo. Agardamos que vos guste!

 

Charla sobre Frankenstein na Librería Cronopios en Santiago de Compostela

Nesta charla á que acudimos en Santiago de Compostela escoitamos a Miguel Giráldez, profesor de literatura inglesa na UDC (Universidade de Coruña) nunha análise da novela Frankenstein de Mary Shelley. Ademais de descubrir un enfoque sobre a historia máis centrado en detalles, coñecimos un pouco a historia da propia escritora, dende as circunstancias nas que se escribiu a novela ata como foi o avance da mesma co pasar dos anos; dende a ventá máxima ata o punto no que non se vendía dado que todos coñecían xa de memoria de que trataba.

A charla resultoume amena porque o profesor Giráldez utilizou unha mestura de léxico culto e informal ao tempo que introduciu algúns comentaros inxeniosos.

Xenial!!

 

 

Estrea para o IES da obra "Elisa e Marcela"

O xoves 19 de decembro, a partir das 12.15 h, o alumnado do noso IES asistirá á representación da obra teatral Elisa e Marcela, da compañía A Panadaría, nas instalacións do Auditorio Xosé Casal.

Esta é unha iniciativa do centro dirixida ao noso alumnado como acción de sensabilización en materia de igualdade. Como sabedes, trátase dunha obra moi ben acollida por crítica e público que ademais recibiu importantes premios.

Pódese acceder a máis información na web da compañía, premendo nesta ligazón.

 

 

Noa, de 1º BAC, consegue o segundo posto no Quero Cantar

Noa, nome artístico de Noa Guzmán Gómez, de Merza, alumna do Marco do Camballón, cantou na gala da final do concurso de música xuvenil "Quero Cantar", no Teatro Colón da Coruña e conseguiu o segundo posto. 

 

Unha canción composta por ela, Ondas do Mar, e interpretada ao piano, levouna por segundo ano consecutivo ao escenario deste prestixioso evento.

 

Noa formouse como música coa Banda de Merza e actualmente é alumna do Conservatorio de Compostela. Ademais, foi unha das alumnas que protagonizou o rexurdimento da Nova Regueifa Feminista nos últimos anos. O pasado ano, Noa xa ficara finalista no “Quero Cantar” co tema “Agora son eu”.

Entrevista á Carolina Cabaleiro, alumna de 2º SOLCA

Diario de Pontevedra publicou unha entrevista á nosa alumna Carolina Cabaleiro, que cursa 2º de Soldadura e caldereiría.

Na entrevista, Carolina conta como está a ser a experiencia no ciclo e os horizontes que ten por diante. Tamén reflexiona sobre as dificultades que se atopou ao se inserir nun ámbito profesional tradicionalmente masculinizado. 

Podedes acceder ao contido completa premendo nesta ligazón.

 

As nosas materias de libre configuración saen no xornal

O xornal Faro de Vigo sacou unha reportaxe sobre o catálogo de materias de libre configuración que se ofertan no noso centro: Iniciación ao debate, Igualdade de xénero, Iniciación á astronomía e Regueifa e improvisación oral en verso.

Podes consultar nesta ligazón o contido completo da reportaxe.

 

Listaxe de libros para o curso 2019-20

Nesta nova podedes consultar a listaxe de libros para o curso 2019-20.

Distribuir contido