Saltar navegación.
Inicio

Procedemento de reclamación das cualificacións finais

Achegamos información relativa aos procedementos de reclamación das cualificacións finais para ESO, BAC, FP e Ensinanzas Especiais no curso 2018-19.

 

Publicada a convocatoria de becas Erasmus+

Trátase da 5ª mobilidade, que empezará en outubro de 2019.

Viaxe de repentistas do Camballón a Catalunya

O alumnado dos institutos das Cruces e de Baio viaxaron a Barcelona para participar nunhas xornadas de improvisación oral en verso xunto a adolescentes de Euskal Herria e de Cataluña.

O Proxeto Regueifesta leva catro cursos colaborando co instituto de Igorre, de Euskadi, e nos tres anos anteriores a Regueifesta acolleu na Galiza a xente que canta en euskera e nós viaxamos alá, con aventuras e aprendizaxes inesquecíbeis.

O ano pasado foi Cataluña quen se sumou á experiencia e alumnado de Barcelona achegarase a Compostela para participar na Regueifesta 2018 con bascos e alumnado galego das catro provincias.

Este ano organizou o encontro o profesorado, alumnado e familias de Barcelona, e alá fomos convidados, desde a Galiza e Euskal Herria, vivir tres días para a historia.

I Festival de Artes Escénicas e Danza

POR FIN CONTAMOS CUN FESTIVAL DE ARTES ESCÉNICAS E DANZA!!!

Non podemos dicir que é a primeira experiencia que temos dun festival no auditorio de Vila de Cruces. Ao longo de todos estes anos, que non son poucos, o departamento de Educación Física organizou moitos festivais nos cales contidos coma o teatro, a expresión corporal, coreografías de diversos tipos e  exhibicións varias tiñan cabida neses espectáculos.

A gran diferenza é que agora contamos cunha marabillosa materia optativa en 4º ESO que nos proporciona un tempo máis axeitado  para podermos afondar nestes contidos e con isto gozar máis destas experiencias. 

O musical xorde da necesidade de intentar englobar todos os contidos aprendidos, darlle forma a través dunha performance audio-visual e, ao mesmo tempo, de canalizar o que fomos traballando nun obxectivo concreto.

Porén o mellor  na preparación deste tipo de actividades é a convivencia que se realiza no grupo, coñecendo a compañeiros/as que sempre tivemos cerca pero que nunca miramos realmente. Tanto é así, que podemos dicir que a través destes traballos é cando realmente sabemos qué persoa temos ao lado.

Visita ao centro de Alzheimer e outras demencias

O alumnado do ciclo medio de Atención a persoas en situación de dependencia realizou unha visita didáctica ao Centro de Alzheimer e outras demencias, en Salamanca, de referencia no ámbito do estado.

Durante a visita o alumnado participou nun obradoiro sobre alimentación e demencia e realizou uha visita as súas instalacións, coñecendo os diferentes espazos onde se realizan os programas de estimulación sensorial, terapia asistida con animais, rehabilitación neurolóxica e arteterapia.

 

   

Participación no torneo de debate Parlamento Xove

Esta fin de semana, 15 e 16 de marzo, o alumnado matriculado en Iniciación ao debate participou por primeira vez no torneo de debate Parlamento Xove. O tema a debater foi “Deberiamos unificar as políticas de acollida de persoas refuxiadas en todos os estados membros da UE?”. Aínda que, como podedes supoñer, non era doado opinar oralmente sobre esta cuestión tan complexa, Iván Fdez. (refutador), Ërika Mato (refutadora), Lucía Pampín (oradora), Noa Pichel (asistente da coordinadora), Carla Sánchez (oradora) e Araceli Costoya (coordinadora)  foron capaces de acadar o décimosexto posto, unha posición máis que digna para cinco debutantes. Ademais, como colofón a esta magnífica estrea, Lucía Pampín obtivo o galardón de Mellor Oradora do torneo. Sentímonos pletóricos, moi orgullosos.

 A ver se o próximo ano podemos repetir!!

Por todas as mulleres, por todos os dereitos

 

Mulleres en folga, rematemos co silencio


No Día da Muller deixamos un vídeo realizado polas alumnas do ciclo deAtención a persoas en situación de dependencia para dar visibilidade e loitar pola igualdade de xénero. En loita polos dereitos das mulleres, brillantes e dignas como lúa!

SÍNTOME VIVA, SEMPRE VALENTE, SEMPRE LIBRE E SEMPRE COMBATIVA. ♀️ 

O noso agradecemento ao grupo Enxebres, formado por rapazas do noso centro e que compuxeron o tema do vídeo, así como ao ciclo de Atención a persoas en situación de dependencia, que levaron a letra a linguaxe de signos.

Viva a igualdade, a diversidade e a música tradicional galega!

III Congreso NOSA

O día 11 de febreiro celebrarase en Oleiros o III Congreso NOSA, onde se presentarán os resultados científicos da viaxe da MarumaSat III. O IES Marco do Camballón leva tres ponencias para a sesión de mañá:
- Obtención por imaxe da ecuación do despegue
- Análise das magnitudes atmosféricas na MarumaSat III
- Cálculo da superficie esférica no punto de máxima altitude
Ademais diso, entregaranse os I Premios de Poesía Estratosférica e anunciaranse os obxectivos da nova misión da MarumaSat IV.
Para máis información podedes consultar o programa.
Por outra parte, presentarase tamén a páxina web da NOSA, á que podedes acceder no enderezo www.nosa.gal.

Candidaturas para o Consello Escolar

As candidaturas para as eleccións ao Consello Escolar que se celebrarán o próximo luns 26 de novembro son as seguintes:

a) Nais, pais e titoras/es legais:

  • Mª del Carmen Silva López

b) Profesorado:

  • Eva Seda Flores
  • José Noche Agras
  • Lucía Puentes Vázquez
  • Manuel Lugo Latas
  • Montserrat Sanmartín Gómez
  • Mª del Pilar Presas Rodríguez
  • Rubén Noguerol Gómez
  • Verónica Peña Taín

c) Alumnado:

  • Sabela Castelo García
  • Lucía Puga Silva
  • Nuria Torres Novo
  • Xiana Luomin Silva Lodeiro

d) Persoal de administración e servizos:

  • Áurea Iglesias Chorén

Finalistas de Quero cantar

Dúas cancións compostas e interpretadas por alumnas do noso centro chegaron á final do concurso Quero cantar, convocado pola Deputación da Coruña. Trátase de Agora son eu de Noa Guzmán e mais Sempre combativas das pandeireteiras Enxebre (Lorena Medela, Nuria Penas, Aleixandra Torres, Carla Verde, Alba Guzmán e Marta Castro). Actuarán este sábado no Teatro Colón da Coruña na gala final do certame. Parabéns por chegar ata aquí e moita sorte para a final!!

Pódese ver a noticia no Faro de Vigo.

Distribuir contido