Saltar navegación.
Inicio

As mámoas do Camballón recuperan visibilidade

Un logro máis do IES Marco do Camballón: o xacemento megalítico do Camballón será obxecto de intervención.

Hai catro anos o IES Marco do Camballón iniciou un proceso de posta en valor das Mámoas de Oirós, a través do proxecto "Palabras de Pedra", un proceso de normalización lingüística e participación social para dar a coñecer un dos xacementos megalíticos máis importantes de Europa. Naquela altura, a maioría do alumnado descoñecía a importancia desta necrópole megalítica.

O Clube da Lingua coordenou neste catro anos múltiples actividades nun proceso planificado inicialmente a tres anos, e posteriormente a cinco anos, no que se impulsaron actividades para que alumnado e veciñanza das Cruces, e do resto do país, coñecese as mámoas de Oirós. 

II Encontro Regueifesta

O vindeiro venres 12 de maio terá lugar no Auditorio de Galiza, en Santiago de Compostela, o   “II Encontro Regueifesta” de improvisación oral en verso, a partir das 10.30h.
 
O Proxecto Regueifesta  é un proxecto inovador que está a impulsar a improvisación oral en verso -valores, aprendizaxes e novas normas socio-culturais- no ambito educativo. O seu obxectivo é impulsar  un proceso de transformación a través da lingua, a música e valores de xustiza social, desde a dimensión lúdica da regueifa, e implicando a comunidade educativa e múltiples axentes sociais.
 
Regueifesta desenvolve un proceso de participación para a normalización lingüística, impulsando dinámicas de activismo no ámbito educativo, desde o protagonismo do alumnado, profesorado e comunidade educativa e vinculando a escola co movemento social. 
 
O Proxecto está a ser impulsado, inicialmente, polos institutos de Baio e As Cruces. No Encontro Regueifesta do vindeiro 12 participarán 20 centros de ensino de Compostela e do resto da Galiza. Así mesmo, tamén chegará o IES de Arratia, desde o País Vasco, para participar no segundo intercambio educativo Regueibertso de improvisación oral. 
 

NOSA prepara o seu novo lanzamento ao espazo

O alumnado de 4º de ESO e 1º de bacharelato forma parte desde este curso do proxecto de creación da Axencia Espacial Escolar Galega, NOSA, xunto co do IES Maruxa Mallo de Ordes e mais o do IES Miraflores de Oleiros. Esta iniciativa do departamento de Matemáticas concretarase nun lanzamento dunha cápsula á estratosfera o próximo venres, 5 de maio, co obxectivo de recadar datos científicos (capa de ozono, temperatura, presión atmosférica...) e de filmar imaxes do espazo.  Desta vez intentarán chegar ata os 35000 metros de altura.

Nas seguintes ligazóns pódese consultar máis información publicada nos medios de comunicación: Praza pública, Galicia confidencial, Sermos Galiza, RTVG

Concurso de fotografía

A Concellería de Educación de Vila de Cruces en colaboración coa biblioteca do centro convocan o concurso fotográfico "Ven ver isto. Mostra a túa contorna". O prazo remata o 31 de marzo. Pódense consultar as bases aquí.

Nova canle de Matemáticas

 

O departamento de Matemáticas acaba de abrir unha nova canle en youtube: Tales no Camballón, na que se poderán seguir as producións do alumnado relacionadas con esta materia.

Encontro de mulleres repentistas da Galiza

 

O próximo sábado 28 de xaneiro terá lugar o "I Encontro de Mulleres Repentistas de Galiza" no auditorio Xosé Casal de Vila de Cruces a partir das 18:00h. Está organizado polo alumnado da materia Regueifa e improvisación oral en verso de 2º de ESO do IES "Marco do Camballón". Pódese consultar máis información no Facebook ou en Regueifa.org.

Pon en valor a túa experiencia laboral

Acábase de convocar o programa Acredítate 2017.

Trátase dun procedemento para recoñecer, avaliar e acreditar, con carácter oficial, as competencias profesionais adquiridas no desenvolvemento dun traballo adquirido por vías non formais.

Prazo: 10 de xaneiro ao 3 de febreiro.

Máis información no Departamento de Orientación e nesta web.

Horario de titorías para as familias

   Xa se pode consultar o horario de atención ás familias para o curso 2016-17.

Prazos de matrícula

ESO E BACHARELATO

-Prazo de matrícula: desde o 23 de xuño ao 1 de xullo, ambos incluídos, de 10 a 13 horas.

-Documentación necesaria (ademais do sobre de matrícula):

  a) Alumnado de bacharelato: 1 foto e DNI

  b) Alumnado de 2º, 3º ou 4º de ESO: 1 foto, DNI e libro de familia

  c) Alumnado que se incorpora a 1º de ESO: 2 fotos, DNI, libro de familia e boletín de notas.

 

CICLOS FORMATIVOS

 -Solicitudes de admisión: do 27 de xuño ao 5 de xullo, ambos incluídos, de 10 a 13 horas    

-Matrícula: do 19 ao 26 de xullo (1ª adxudicación).  

Pódense consultar todos os prazos do proceso con detalle nesta ligazón.

Novos teléfonos do centro



A partir do día de hoxe, 27 de maio, por razóns de reorganización do sistema de comunicacións da Consellería, o centro ten novos teléfonos. Son os seguintes:

Teléfono para consultas xerais: 886 15 17 31

Fax: 886 15 17 39

Distribuir contido