Saltar navegación.
Inicio

Horario de titorías para as familias

   Xa se pode consultar o horario de atención ás familias para o curso 2016-17.

Prazos de matrícula

ESO E BACHARELATO

-Prazo de matrícula: desde o 23 de xuño ao 1 de xullo, ambos incluídos, de 10 a 13 horas.

-Documentación necesaria (ademais do sobre de matrícula):

  a) Alumnado de bacharelato: 1 foto e DNI

  b) Alumnado de 2º, 3º ou 4º de ESO: 1 foto, DNI e libro de familia

  c) Alumnado que se incorpora a 1º de ESO: 2 fotos, DNI, libro de familia e boletín de notas.

 

CICLOS FORMATIVOS

 -Solicitudes de admisión: do 27 de xuño ao 5 de xullo, ambos incluídos, de 10 a 13 horas    

-Matrícula: do 19 ao 26 de xullo (1ª adxudicación).  

Pódense consultar todos os prazos do proceso con detalle nesta ligazón.

Novos teléfonos do centro



A partir do día de hoxe, 27 de maio, por razóns de reorganización do sistema de comunicacións da Consellería, o centro ten novos teléfonos. Son os seguintes:

Teléfono para consultas xerais: 886 15 17 31

Fax: 886 15 17 39

Premio á innovación educativa

O traballo "Arte e xogo feminino ao longo da historia" realizado polo alumnado de 1º de ESO na materia de Investigación e Tratamento da Información recibiu a 4ª Mención honorífica do Premio á innovación educativa convocado por FETE-UGT Galicia e Escola Viva. O traballo foi coordinado polo Equipo da biblioteca do centro e contou coa colaboración de varios departamentos.

Así se recolle na prensa:La Voz de Galicia

 

 

 

Regreso dos alumnos de Erasmus+

Os dous alumnos do Ciclo de Soldadura e Caldeirería que acaban de regresar de Belfast, a onde foron traballar cunha bolsa da Deputación, estiveron no instituto para contar a súa proveitosa experiencia.

Para o curso 2016-17, o IES Marco do Camballón ten concedidas 4 bolsas máis que aínda non están cubertas.

Na ligazón pódese ler a noticia recollida por La Voz de Galicia.

Título de ESO para FP básica

O alumnado que se titule en FP básica nos cursos 2015-16 e 2016-17 poderá obter o título de ESO se acadou os obxectivos e competencias correspondentes, segundo se publica no Real Decreto 1058/2015 do 20 de novembro. Pódese consultar a información no arquivo anexo.

Premio para "As mulleres de mate"

O traballo "As mulleres de mate" realizado dentro da materia Proxecto interdisciplinar de 1º de ESO no curso 2014-15 acaba de ser premiado no II Concurso de traballos por proxectos convocado pola Consellería de Educación no marco do PLAN LÍA 2010/15. María Barcala e Ana Vicos foron as profesoras responsables da súa realización, en coordinación coa biblioteca do centro e outros departamentos. Ten unha dotación de 1000€ que deben ser destinados á atención das necesidades da biblioteca escolar.

A descrición do proxecto pódese consultar de xeito detallado no último número da revista Eduga.

Novo CM de Atención a persoas dependentes


Para o curso 2015-16 comezará a impartirse no noso centro o CM de Atención a persoas en situación de dependencia. Ofértanse 25 prazas. O prazo de solicitudes comeza o 17 de xuño e remata o 2 de xullo.

Pódese consultar información sobre as súas características, módulos e saídas profesionais nesta ligazón.

Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo

Este é o suxestivo título da charla que Xurxo Mariño, profesor de Neurofisioloxía da Universidade da Coruña e colaborador do MIT (Massachusetts Institute of Technology, EEUU), impartirá o próximo martes 3 de marzo no noso instituto.

Hai pouco que regresou dunha longa viaxe por boa parte do mundo que vai compartir connosco grazas a esta actividade que organizou a Biblioteca do noso centro.

Educación médica e sexual no Camballón

O 21 de novembro desprázaronse ata o noso centro un grupo de máis de 20 estudantes de Medicina da USC para realizar actividades sobre educación sexual e primeiros auxilios, dentro do proxecto denominado MERSH. Participou nelas o alumnado de 3º e 4º de ESO, que se amosou moi satisfeito con esta iniciativa da Biblioteca. Pódese ampliar información sobre ela no seu blog, Abre os ollos.

Distribuir contido