Skip to Content

Acto de Graduación do curso 2021-2022

O 28 de xuño celebramos no noso centro o ACTO DE GRADUACIÓNdo alumnado de Bacharelato e Ciclos Formativos da promoción de 2022.

Despois de dous anos de pandemia, por fin puideron asistir as familias. Acompañáronnos, ademais, profesorado e algunhas autoridades. Como convidado, contamos coa presenza de D. Cesáreo González Pardal, presidente do clúster de Turismo de Galicia.

Non podemos sentir máis orgullo do noso estudantado, que recolleu os seus diplomas nun día que esperamos fose tan especial para eles, como o foi para nós. 

Parabéns para todos e todas!!

 

Información matrícula curso 2022-2023

Infórmase das seguintes datas en relación á matrícula do curso 2022-2023:

RECOLLIDA SOBRES MATRÍCULA (en Conserxaría): xoves 30 de xuño de 9:00h a 14:00h.

DATAS PARA MATRICULAR AO ALUMNADO:

  • Venres 1 de xullo: 2º curso de CM, 2º curso de CS, 2º curso de FPB
  • Luns 4 de xullo: 2º Bach
  • Martes 5 de xullo: 1º Bach
  • Mércores 6 de xullo: 3º ESO e 4º ESO
  • Xoves 7 de xullo: 1º ESO e 2º ESO

Emotiva despedida a Chicho e Severino

O mércores 22 de xuño rematou o curso. No noso IES este ano era un fin de curso especial, pois tocaba despedirnos dos nosos queridos compañeiros: Chicho e Severino.

Por este motivo preparamos un acto para homenaxealos, no que participaron profesorado, alumnado, persoal non docente, antigos compañeiros/as, etc. Actuacións de baile, canto e pandeireta, intervencións inesquecibles... e ata unha entrevista en directo! Non puideron faltar tampouco os diplomas, as becas de graduación e os birretes, e incluso un pedrón de honor.

Traballadores incansables, humildes e cercanos, con implicación absoluta co que foi e sempre será o seu centro. 

Severino e Chicho, MOITAS GRAZAS POR TANTO!!

Horario transporte escolar para o luns 27 de xuño

Informamos de que o vindeiro luns 27 de xuño SI HABERÁ TRANSPORTE ESCOLAR, no seguinte horario:

  • Hora de saída da primeira parada: 11:30h
  • Hora de saída do centro para o regreso a casa: 13:00h

Horario devolución libros de texto fondo solidario curso 2021-2022

Lembramos que mañá, martes 21 de xuño, o alumnado realizará a devolución de libros de texto do fondo solidario empregados durante este curso 2021-2022, no seguinte horario:

Horario exames finais Bacharelato e 1º FP Básica

Na seguinte imaxe pódese consultar o horario dos EXAMES FINAIS para o alumnado de Bacharelato e 1º FP Básica, ademais das datas da entrega de notas e reclamacións.

Pódese tamén descargar o arquivo en pdf, premendo aquí.

Mural artístico no noso IES

Hoxe, tras unha intensa xornada na que participaron alumnado, profesorado e persoal non docente, logramos dar luz a un dos nosos grandes proxectos do curso: un MURAL ARTÍSTICO nunha zona do muro exterior do centro, coa historia de Macías, o trobador que dá nome ao noso instituto, como protagonista. 

Ademais da comunidade educativa do IES Macías o Namorado, participaron tamén alumnado e profesorado de 6º EP do CEIP Rosalía de Castro e a asociación AMIPA da comarca do Sar. Contamos tamén coa colaboración do Concello de Padrón.

Todos e todas dirixidos polo artista valdeorrés Xerardo Rodríguez, da man dos tamén artistas Susana Ferradás, Manolo Rodríguez e Pepa Galán. A nosa máxima admiración ao seu talento. 

Expresamos todo o noso agradecemento a todas aquelas persoas que fixeron posible que este proxecto saíse adiante. Grazas!

Aquí vos deixamos algunhas fotos do resultado:

   

Medalla de bronce para o IES Macías o Namorado

O pasado venres 6 de xuño os nosos alumnos de 2º de FPB Samuel Batalla Gago e Marcos Barros Caamaño recibiron a MEDALLA DE BRONCE pola súa participación no FPBásicaSkills Galicia 2022, na especialidade de Electricidade e Electrónica.

Organizado pola Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, FPBásicaSkills Galicia 2022 ten como obxectivo darlle unha maior proxección e difusión aos ciclos de formación profesional básica e programas formativos que se imparten en Galicia.

 

Moitos parabéns a Samuel e a Marcos!! 

Matemáticas para un mundo mellor

MATEMÁTICAS PARA UN MUNDO MELLOR

Desde a pasada semana, dispoñemos no centro dunha exposición temporal de matemáticas, que ten por obxectivo destacar o peso que ten esta disciplina na vida cotiá, e as súas achegas para mellorar a sociedade, desde o mundo da arte, os xogos, a loxística ou a natureza.

Un total de 24 de paneis para achegar as matemáticas a toda a comunidade educativa. Imprescindible pararse e observar!

No noso centro, apostamos pola divulgación científica!

Amplíase o prazo para solicitar as bolsas do Ministerio de Educación e Formación Profesional para o curso 2022-2023

MOI IMPORTANTE!!

Amplíase o prazo para solicitar as bolsas de estudos para niveis postobrigatorios convocadas polo Ministerio de Educación e Formación Profesional para o vindeiro curso 2022-2023:

ATA O LUNS 16 DE MAIO!!

Toda a información no PORTAL DE BECAS DE EDUCACIÓN e nas RRSS do ministerio:

Distribuir contido


by Dr. Radut