Skip to Content

Volta ás aulas o 10 de xaneiro

IMPORTANTE:

- O ALUMNADO POSITIVO NUN TEST DE AUTODIAGNÓSTICO DEBE DECLARALO CUBRINDO O FORMULARIO AO QUE SE ACCEDE NA SEGUINTE LIGAZÓN OU BEN CHAMANDO AO NÚMERO DE TELÉFONO 881 54 00 45

https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Autodeclaracion-caso-sospeitoso-COVID

- AS FAMILIAS DEBEN COMUNICAR AO EQUIPO COVID DO CENTRO AS AUSENCIAS DOS SEUS FILLOS/AS DEBIDAS AO CONFINAMENTO POR SEREN POSITIVOS OU POR RECOMENDACIÓN SANITARIA 

Lembramos a toda a comunidade educativa que, para unha volta segura ás aulas, será necesario continuar aplicando con rigor as medidas contra a COVID-19 vixentes neste curso 2021-2022:

  • Uso axeitado da máscara
  • Distancia interpersoal de 1,5m, e respecto da zona do centro asignada a cada nivel educativo
  • Ventilación e desinfección nas aulas
  • Hixiene de mans frecuente

Moi boa volta para todas e todos!

Bo Nadal!

O IES Macías o Namorado deséxavos unhas moi felices festas e un próspero ano 2022.

 

Listaxe definitiva alumnado admitido no proceso de distribución de máscaras no curso 2021-2022

Publicada a listaxe definitiva do alumnado admitido e excluído no proceso de distribución de máscaras para este curso 2021-2022, no taboleiro de anuncios do noso centro.

IMPORTANTE! O reparto realizarase a partires do xoves día 9 de decembro segundo esta instrución: o alumnado recibirá as súas máscaras no momento en que entregue en conserxería o documento asinado pola súa familia (este documento daráselles mañá).

Listaxe provisional alumnado admitido no proceso de distribución de máscaras no curso 2021-2022

Publicada a listaxe provisional de alumnado admitido e excluído no proceso de distribución de máscaras no taboleiro de anuncios do noso centro.

Tal e como indicaban as instrucións da orde de convocatoria, todo aquel alumnado ao que se lle concedeu a axuda de material neste curso 2021-2022 foi beneficiario desta prestación.

Axudas para a solicitude de máscaras para o alumnado

Desde hoxe, luns 15 de novembro ata o venres 26 de novembro, está aberto o prazo para solicitar axudas para o reparto de máscaras entre o alumnado matriculado en educación secundaria obrigatoria en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Desde esta entrada podedes:

- Consultar a orde de convocatoria.

- Descargar o impreso de solicitude.

Importante! O alumnado ao que se lle foi concedida a axuda de material escolar no curso 2021-2022 NON TEN QUE FACER ESTA SOLICITUDE: recibirán as máscaras automaticamente.

O alumnado que SI DEBE PRESENTAR A SOLICITUDE será aquel que cumpra algunha das seguintes condicións:

  • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6000 euros.
  • Que estea suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Que presente un grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

Axudas individualizadas transporte escolar curso 2021-2022

Lembramos que está a rematar o prazo para solicitar as axudas para o transporte escolar dirixidas ao alumnado de FP Básica, para este curso 2021-2022. Data límite: 15 de novembro de 2021.

Aquí tes a documentación para descargar:

- Comunicación relativa a axudas individualizadas transporte escolar curso 2021-2022

- Solicitude (tamén dispoñible na Secretaría do centro)

Medalla de prata para o IES Macías o Namorado

Estamos de parabéns!

Temos que felicitar ao noso alumno Miguel Pousada Parente, que cursa 2º Ciclo Medio de Instalacións eléctricas e automáticas no centro, por acadar a MEDALLA DE PRATA na súa modalidade no Galiciaskills 2021. Para ver os resultados da competición preme aquí.

Moitos parabéns, Miguel!

              

Galiciaskills 2021: 6º campionato galego de Formación Profesional

Este venres 8 de outubro o alumno Miguel Pousada Parente, que cursa 2º curso do Ciclo Medio de Instalacións eléctricas e automáticas, representará ao noso centro no Galiciaskills, un campionato de Formación Profesional que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén convocando dende hai xa 6 anos.

Con esta iniciativa preténdese dar maior proxección e difusión á Formación Pofesional que se imparte en Galicia.

Moita sorte, Miguel!

Remata o prazo para a solicitude das bolsas do MEC curso 2021-2022

Lembramos que está a finalizar o prazo para solicitar as bolsas do MEC para niveis postobrigatorios: ATA O XOVES 30 DE SETEMBRO DE 2021.

Preme aquí para acceder á entrada xa publicada nesta web o pasado mes, onde atoparás toda a información relacionada.

Presentación e inicio de curso 1º de FPB

PRESENTACIÓN 1º CURSO FPB:

O próximo luns 20 de setembro, ás 12:45 h. terá lugar a presentación de 1º curso de FP Básica tanto de Electricidade e Electrónica como de Servizos Administrativos.

Lugar: salón de actos.

INICIO DAS CLASES 1º CURSO FPB:

O martes 21 de setembro o alumnado destes cursos terá clase no horario habitual.

Distribuir contido


by Dr. Radut