Skip to Content

Educación física, Actividade, Programación anual, Profesorado

Clube de Loita libre Olímpica

A semana do 6 ó 10 de novembro tivemos a sorte de contar cos entrenadores Pablo Pintos e Aarón no noso centro. Durante este periodo todos os alumnos do centro puideron disfrutar dunha sesión de iniciación a loita libre olimpica, que forma parte do programa olímpico dos vindeiros Xogos Olímpicos de París 2024. 

Queremos agradecer a predispoción e as facilidades dadas polo clube para a realización das sesións.

Álbum: Sen categoría -> Loita Libre Olímpica

Prema na seguinte ligazón para obter información do profesorado que imparte a asignatura de EF no centro IES Lucus Augusti durante o curso 2023/24

 

PROFESORADO

Roteiro nos Ancares do alumnado de 1º Bacharelato

Saimos do Porto de Ancares (1.669 m.) e, dende aí, tomamos un carreiro que segue a cresta cara ao suroeste, a nosa esquerda, pasamos á beira dun pequeno refuxio e comezaremos a ascensión ao Campanario. Dende á cima do Campanario observaremos os restos de explotacións minerais, posiblemente de ferro, e un espectacular circo glaciar que forma o Lago Ferreira. Tras baixar o pico, alcanzamos un collado e, por un carreiro, seguiremos ata a base do Cuiña. Xa sen carreiro, subimos pola ladeira ata a mesma cumio á que chegaremos nunhas dúas horas.  Xa no cumio, repoñemos forzas durante unha hora e a partir de ahi comezamos o retorno o punto de encontro. 

Durante o percorrido as paisaxes son impresionantes, o mesmo que a flora e mesmo a fauna.

Álbum: Sen categoría -> Roteiro Ancares

Visita do Clube Dojo de Judo

Dentro do programa de promoción dos deportes olimpicos, o clube de judo Dojo, estivo durante a semana do 16 ó 20 de outubro impartindo sesións de iniciación con todos os alumnos do centro. Dende o departamento de Educación Física queremos agradecer a Alex e Aaroón o esforzo realizado por achegar este deporte ó alumnado do centro Lucus Augusti.

Álbum: Sen categoría -> Judo

A continuación presentanse as programacións didácticas polas que se rexirán os diferentes cursos que se encadran dentro do departamento de Educación Física

1ºESO

2º ESO

3ºESO

4º ESO

1 BACH ANATOMÍA

1º BACH

 

Distribuir contido


by Dr. Radut