Skip to Content

Educación física, Actividade, Programación anual, Profesorado

Viaxe a Andorra

A semana do 13 ó 20 de xaneiro do presente ano, o alumnado de 3º da ESO realizou unha viaxe a Andorra.

O fin desta viaxe era que dito alumnado puidese desfrutar e coñecer/mellorar as súas habilidades de deslizamento sobre neve. Os alumn@s puideron escoller entre a práctica de esquí ou de snowboard. Todas as mañás os rapaces e rapazas acudian a clases cos monitores da escola de esquí da estación de Granvalira.

Tamén se complementou a práctica do esquí/snowboard con unha tarde no balneario de Caldea. 

 

Álbum: Sen categoría -> Viaxe a Neve

Bases sorteo

06/02/2024
Etc/GMT+1

Bases do sorteo

Torneo Voleibol

O dia 21 de decembro levouse a cabo un torneo de voleibol entre os 6 grupos que hai en primeiro de bacharelato. 

Este torneo levarase a cabo en cada un dos trimestres, variando o deporte que se practica. A clase que máis punto logre nestes torneos obterá medio punto máis na nota final de curso.

O torneo disputouse nas modalidades femenina, masculina e mixta.

Álbum: Sen categoría -> Torneo Voleibol

Xornada Deportes Alternativos

Durante o día 23 de novembro levouse a cabo unha actividade organizada polos departamentos de EF do IES Ollos Grande e o IES Lucus Augusti. Esta actividade estivo dirixida a todo o alumnado de 2º de ESO, e nela realizaronse competición de 3 deportes alternativos como son o Kinball, pickleball e florball.

A actividade desenrolouse o longo de toda a mañá e foi un éxito de participación é organización.Agradecer o esforzo realizado polo noso compañeiro Brais Fouce que foi o principal organizador do evento.

Esta competión esta encadrada dentro do programa XOGADE, promovido pola Xunta de Galicia.

Álbum: Sen categoría -> Xornada Deportes Alternativos

Boxeo

Durante a presente semana, tivemos connosco os entrenadores do Boxing club Cidade de Lugo, mostrando o alumnando do noso centro a especialidade de boxeo Olímpico. Os nosos alumn@s puideiron coñecer e practicar de primeira man, as técnicas máis sinxelas de dito deporte.

Estas sesión encdranse dentro do proxeto que se leva a cabo dende o departamento de EF, polo que se queren mostrar diferentes deportes olímpicos a través dos clubes da nosa cidade.

 

Álbum: Sen categoría -> Boxing club Cidade de Lugo
Distribuir contido


by Dr. Radut