Skip to Content

Roteiro nos Ancares do alumnado de 1º Bacharelato

Saimos do Porto de Ancares (1.669 m.) e, dende aí, tomamos un carreiro que segue a cresta cara ao suroeste, a nosa esquerda, pasamos á beira dun pequeno refuxio e comezaremos a ascensión ao Campanario. Dende á cima do Campanario observaremos os restos de explotacións minerais, posiblemente de ferro, e un espectacular circo glaciar que forma o Lago Ferreira. Tras baixar o pico, alcanzamos un collado e, por un carreiro, seguiremos ata a base do Cuiña. Xa sen carreiro, subimos pola ladeira ata a mesma cumio á que chegaremos nunhas dúas horas.  Xa no cumio, repoñemos forzas durante unha hora e a partir de ahi comezamos o retorno o punto de encontro. 

Durante o percorrido as paisaxes son impresionantes, o mesmo que a flora e mesmo a fauna.

Álbum: Sen categoría -> Roteiro Ancares


album | by Dr. Radut