Skip to Content

Información Comunidade Educativa

Prezadas familias:

Comunicamos que se confirmou un caso da Covid-19 no centro educativo.

O SARS- CoV-2 é un virus que se transmite principalmente de persoa a persoa a través do contacto estreito e das pingas respiratorias que se emiten ao tusir ou esbirrar. Os síntomas poden aparecer ata os 10 días despois de estar en contacto cun caso. A infección pode cursar con síntomas respiratorios como febre, tose ou sensación de falta de aire; con síntomas inespecíficos como a alteración do gusto ou do olfacto, dores musculares, diarrea, dor torácica ou dor de cabeza entre outros; ou tamén pode cursar de forma asintomática.

Co fin de evitar a transmisión da infección a outras persoas, é necesario adoptar as seguintes medidas de prevención:

  • Un estudo de contactos é un proceso mediante o cal se identifican e clasifican aos contactos dun caso confirmado cuns criterios establecidos polas autoridades sanitarias. Se o/a seu/súa fillo/a é un contacto estreito, as autoridades sanitarias contactarán coa familia para dar as indicacións necesarias.
  • Os contactos estreitos deben realizar corentena durante 10 días excepto aqueles que tivesen unha infección previa documentada cunha PCR positiva nos 3 meses previos. En caso de ser un contacto estreito é posible que nos próximos días poidan aparecer síntomas compatibles coa Covid-19, ante os cales deberán permanecer en illamento e contactar telefonicamente co seu centro de saúde ou co teléfono de referencia da comunidade autónoma.
  • O resto da comunidade educativa, pode seguir acudindo ao centro, extremando as medidas de precaución e vixiando a aparición de síntomas compatibles coa Covid-19. Se algunha persoa ten condicións de especial vulnerabilidade para a Covid-19 pode acudir ao centro, sempre que a súa condición clínica estea controlada e así o permita, e mantendo medidas de protección de forma rigorosa, salvo indicación médica de non asistir.
  • Se o/a menor ou algunha persoa da súa contorna próxima (outros menores ou adultos) desenvolve síntomas compatibles nos próximos días, deberá permanecer no seu domicilio e contactar telefonicamente cos servizos de saúde.

Pode atopar información sobre as medidas de corentena e illamento na Web de información para a cidadanía sobre SARS-CoV-2 do SERGAS.

Colaboración 3iC Ingeniería y Control

Grazas á doazón da empresa 3iC Ingeniería y Control, dende hoxe contamos, no acceso ao centro, co prototipo do sistema SICT (Sistema Inteligente de Control de Temperatura)

Centenario Isaac Díaz Pardo

Colaboración ANPA e Concellaría de Educación e Deporte

Prezados socios:

Esperamos que vós e as vosas familias vos atopedes en bo estado de saúde.

Ante a complicada situación que estamos a vivir, a ANPA considerou que a mellor forma de investir parte dos fondos de que dispón a asociación é colaborando co equipamento informático do centro,  co fin de incrementar os recursos para docencia e facilitar o ensino virtual (cesión de equipos) no caso de peche de grupo ou centro.

En colaboración coa Concellería de Educación e Deporte do Concello de Sada, financiaouse a compra de oito equipos portátiles, para completar a dotación do Taller de Tecnoloxía.

Grazas pola vosa colaboración.

Aproveitamos esta circular para informar de que continuamos á espera de poder convocar á asamblea xeral co fin de presentar as actividades da ANPA para este ano.

No caso de continuar as restricións, enviaremos circular informando das actuacións, estado de contas...

Quedamos a vosa disposición.

Grazas pola vosa atención e sobre todo saúde.

Clases telemáticas en período de illamento

Estanse a planificar e desenvolver clases telemáticas por parte do profesorado que imparte docencia en grupos nos que o alumnado permanece en illamento por aplicación do Protocolo COVID.

É o profesorado quen comunica cales son as sesións telemáticas e os datos de conexión Webex.

Enquisa autoavaliación clínica Covid-19

Premer no enlace para descargar a Enquisa de autoavaliación clínica actualizada

Videoconferencias: Acceso Webex

Enlace acceso Webex

Que datos preciso para acceder?

  • Número de sala,
  • Enlace ou
  • Código de reunión e contrasinal

Quen facilita os datos?

O profesorado, empregando a mensaxería da Aula Virtual/E-Dixgal

Premer no enlace para completar información

Curso 2020/21: Novos espazos

A Concellería de Educación e Deporte do Concello de Sada, colaborou renovando a pintura do espazo.

Distribuir contido


by Dr. Radut