Skip to Content

As miradas de Isaac - Cidade da Cultura

O mito celta e artúrico

Unha declamación narrativa e teatralizada sobre a orixe dos países celtas e a súa continuidade medieval no mito artúrico.
Actores: Suso Martínez e Daniel Lindhe.

Data: 24 e 25 de marzo de 2021

Lugar: xardíns do centro

Alumnado participante: 1º, 2º e 3º ESO, organizado en diferentes quendas.

Inauguración Paseo da Igualdade

Álbum: CURSO 2020/21 -> Paseo da Igualdade

O Concello de Sada inaugurou o Paseo da Igualdade, co que quere reivindicar o papel das mulleres na sociedade e recoñecer a loita pola igualdade.

O Concello contou no acto coa colaboración do Club de lectura da biblioteca do IES Isaac Díaz Pardo. 

8 de marzo: Día Internacional da Muller

Autocoidado

Día Internacional de la Mujer y la Niña en Ciencia

https://app.purechat.com/w/11FMujerYAstro

NOF Plan Ensino Virtual

Premer no enlace para consultar NOF Plan Ensino Virtual

A retransmisión das clases en liña, poderá ser accesible unicamente ao alumnado á que van dirixidas.

As persoas usuarias non deberán compartir con terceiros ligazóns, contrasinais ou credenciais que permitan o acceso.

Está prohibida expresamente a gravación das clases polos participantes e a súa difusión en redes sociais, aplicacións de mensaxería instantánea ou a través de calquera canle telemática, xa que estes usos poden conculcar o dereito á protección de datos, o dereito á propia imaxe e os dereitos de propiedade intelectual, e poderían xerar responsabilidade administrativa ou civil para a persoa infractora

Información Comunidade Educativa

Calquera persoa que experimente algún dos síntomas máis comúns compatibles co COVID-19, tales como febre, calafríos, tose, sensación de falta de aire, diminución do olfacto e do gusto, dor de gorxa, dores musculares, dor de cabeza, debilidade xeral, diarre ou vómitos deberá permanecer no seu domicilio e comunicalo ao seu servizo sanitario o antes posible.

As persoas que sexan consideradas caso sospeitoso ou probable de infección polo virus SARS-CoV-2, por teren infección respiratoria aguda grave con cadro clínico ou radiolóxico compatible co COVID-19, ou que estean pendentes dos resultados de probas diagnósticas por este motivo, as que sexan consideradas como caso confirmado con infección activa e as consideradas contacto estreito dun caso sospeitoso, probable ou confirmado, deberán seguir as condicións de illamento ou corentena , non asistindo ao centro educativo.

Para calquera dúbida e/ou incidencia contactar co Equipo Covid nos teléfonos:

625 88 98 67

881 880 942

PRÉGASE MÁXIMA RESPONSABILIDADE

Premio Miniempresas Coruña

O proxecto SOLTALOCK, desenvolvido polo alumnado de de Tecnoloxía Industrial, Robótica e TIC de Bacharelato, gaña o 3º premio no Concurso Miniempresas Coruña.

SOLTALOCK propón unha solución ao problema do estacionamento: A creación de armarios urbanos, alimentados con placas fotovoltaicas, que permitan o estacionamento e carga de VMP e en especial dos patinetes eléctricos.

Distribuir contido


by Dr. Radut