Calendario escolar curso 2012-2013

Xúntase a Orde do 13 de xuño de 2012 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2012/2013, nos centros docentes sostidos con fondos públicos.

Estamos en Twitter

O IES de Fene está a utilizar Twitter para informar polo miudo do que acontece a diario neste instituto, así como novas de interese para a comunidade educativa. Na parte superior desta web hai tamén un acceso directo permanente á nosa conta en Twitter

O Twitter do IES de Fene

Eu estudei na pública

Campaña en defensa do Ensino Público

Día das letras galegas 2012 - Valentín Paz Andrade

Informativo realizado nos estudos do CPI dos Dices en Rois que repasa a vida e a obra de Valentín Paz Andrade.

(Enviado por Sabela)

 

Proxectos europeos - Comenius

Durante os cursos 2009-2010 e 2010 2011 o IES de Fene participou nun proxecto Comenius con outros 3 institutos europeos. Estes son os vídeos realizados.

IES de Fene  -  Porto de Ferrol:

Porto da Illa Reunión:

Porto de Rotterdam:

Porto de Venecia:

Fallo do xurado do concurso de poesía

Logo das deliberacións pertinentes, o xurado do concurso de poesía determinou conceder os seguintes premios:

  -  1º premio (30 euros para material cultural, audiovisual ou deportivo): “Cidade” de Aldara López Teijeiro (3º ESO)

  -  2º premio (20 euros para material cultural, audiovisual ou deportivo): “Alzade as mans” de José Carlos García Vega (3º ESO)

  -  3º premio (15 euros para material cultural, audiovisual ou deportivo): “Tempus fugit” de Manuel Fachal Suárez (2º de bacharelato)


Parabéns aos que ven recoñecido o seu esforzo e ánimo aos  poetas que, de momento, permanecen no anonimato.

 

Redeiras

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de crear Redeiras (http://www.edu.xunta.es/redeiras), unha rede social para favorecer a intercomunicación entre o profesorado galego, co fin de fomentar o traballo colaborativo e o intercambio de experiencias como complemento á súa práctica educativa.

Desta forma créase unha rede social de carácter profesional dirixida ao profesorado dos centros educativos públicos de Galicia, proporcionándolle un espazo de encontro, comunicación e colaboración onde intercambiar ideas, propostas, recursos, actividades, iniciativas, etc.

Redeiras é unha rede social educativa con vocación profesional, destinada aos docentes dos centros públicos de ensino non universitario de Galicia e aloxada nos sistemas informáticos da Consellería, nun entorno profesional e fiable.

Trátase dun proxecto desenvolto por Asesores Abalar, fundamentado en tecnoloxías baseadas en software libre (ELGG e LAMP), que toma como base o núcleo da ferramenta de software libre ELGG para crear unha nova rede social integrada no sistema corporativo de autenticación de usuarios da Consellería que incorpora módulos e funcionalidades propias.

Así mesmo, Redeiras ofrece todas as funcionalidades propias de calquera outra rede social, como son a creación de espazos privados e individuais, a creación de espazos de grupo e creación de grupos por intereses comúns, o intercambio de ficheiros, a publicación de contidos personalizados ou de grupo, a posibilidade de compartir ficheiros e documentos, a creación de documentos colaborativos en liña, o intercambio de marcadores de internet, a publicación de contidos multimedia (imaxe, vídeo e son), un servizo de mensaxería interna para uso exclusivo entre os usuarios da rede social, etc.

A nova rede social nace con expectativas dun crecemento continuo, tanto no número de usuarios como no número de funcionalidades, contemplando a posibilidade de futuras incorporacións de novos servizos e melloras nesta plataforma. O proxecto Redeiras súmase así ao conxunto de ferramentas da web 2.0 que actualmente ofrece a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria á comunidade educativa.

Unha canteira de grandes oradores despunta en Fene


 O IES de Fene está de noraboa grazas a estes catro alumnos Érika Diz, Borja Martínez, Adrián Oliveira e  Sara Jove e a súa profesora María Nogareda, que acadaron o premio ao mellor artículo na última edicion de Parlamento Xove, un programa da Dirección Xeral da Xuventude destinada a estudantes de Bacharelato


A profesora, María, transmítenos así o seu sentir:


Dende aquí quero destacar a súa capacidade de traballo, o seu esforzo, as horas empregadas nesta tarefa, incluidos períodos vacacionais e fins de semana, pero sobre todo á súa humildade e naturalidade.

Grazas, Érika, Borja, Sara e Oliveira, por proporcionarlle boa sona ao noso centro; sodes uns grandes embaixadores do mesmo!


Parabens!!!


 Ligazón á nova no xornal "La Voz de Galicia"

Fene lendo mulleres

O vindeiro xoves día 22 ás 14:00h. será retransmitida en Radio Fene (107.7 FM)  a participación do alumnado do noso centro no Maratón de Lectura "Fene lendo mulleres" celebrado o pasado día 8 de marzo. 

                            Podes escoitalo tamén on-line aquí, en Radiofusion

Concurso de poesía

O Departamento de Lingua Galega e Literatura e o Equipo de Normalización Lingüística do IES de Fene convocan un concurso de POESÍA no que poderá participar todo o alumnado do Centro e que se rexerá polas seguintes BASES:

- Cada participante pode presentar un máximo de tres poemas escritos en lingua galega.
   
- As composicións han de ser BREVES: a extensión máxima é de 14 versos.
   
- Cada un dos poemas introducirase nun sobre no que conste un pseudónimo. Ademais incluirase unha plica cos datos d@ autor/a.

- As poesías deberán ser presentadas antes do día 16 de marzo de 2012. Poderán entregarse a calquera membro do Departamento de Lingua Galega ou do Equipo de Normalización.
   
- Concederanse tres premios: material cultural, audiovisual, deportivo por un importe total de 30 euros no caso do primeiro premio, 20 euros no caso do segundo e por un total de 15 no caso do terceiro.

- As poesías deberán ser orixinais e non estaren editadas por ningún procedemento impreso ou electrónico, nin estaren premiadas en calquera outro concurso ou certame literario.
   
- O xurado será designado polo Equipo de Normalización Lingüística e o seu fallo será inapelable.

 Fene, 27 de xaneiro de 2012   

Entroido 2012

             

Unha foto do entroiodo 2012 o venres 17

  • Non sexas entroido, disfrázate. Mira ben quen cho di. Este é programa para o próximo día 17 venres
  • 

  • Haberá clases ate o primeiro recreo e despois comeza a festa  descarga o programa

Exhibición de Regueifas

VENRES 17 DE FEBREIRO

BASES:

1.- Poderá participar calquera persoa que pertenza á comunidade educativa do IES de Fene.

2.- A inscrición farase no despacho de vicedirección antes das 12:25 do xoves 16 de febreiro.

3.- Antes da 12:25 do xoves 16 de febreiro, os participantes inscritos/as  entregarán en vicedirección o guión da súa actuación.

4.- Non se admitirán guións con expresións malsoantes, nin referencias a terceiras persoas.

5.- O incumprimento das normas é responsabilidade dos participantes e será obxecto da sanción correspondente.

Medio mundo de entroido - Webquest para xente atrevida

“Tanta é a forza do Entroido en Fene, que ata disfrazamos o Mércores de Cinza de Martes de Carnaval. “
D.C. , entroideiro.

Bases da webquest:Descarga a webquest

1.- Pode participar todo o alumnado do IES de Fene dentro de cada unha das seguintes categorías:
- Categoría A: 1º e 2º de ESO
- Categoría B: 3º e 4º de ESO
- Categoría C: os demais (bacharelato, ciclos, PCPIs e adultos).

2.- Pódese participar individualmente ou en grupos. Pero só haberá un premio por categoría que se deberá repartir entre os integrantes do grupo ganador, se fose o caso.

3.- Só haberá un ganador por categoría.

4.- Gaña quen contesta correctamente máis preguntas en menos tempo.

5.- As respostas débense enviar por correo electrónico a entroidofene@gmail.com indicando o nome dos concursantes e o seu curso. No caso de haber concursantes de varias categorías asignáraselles a maior delas.

6.- A inscrición é automática ao enviar as resposta ao enderezo electrónico citado no punto anterior.

7.- O prazo para empezar a xogar empeza o xoves 9 de febreiro, ás 00:00 horas, e remata o xoves 16 de febreiro, ás 00:00.

8.- O fallo da organización é inapelable e participar na webquest implica aceptar estas bases.

Descargar a webquest

VI Concurso de postres do Entroido

Os equipos de dinamización lingüística e da biblioteca do IES de Fene convocan novamente este concurso de postres de Entroido que se rexerá polas seguintes

BASES:

-Poderán participar todas aquelas persoas que pertenzan á comunidade educativa do IES de Fene.

-Os postres deberán ter unha consistencia suficiente como para poder ser repartidos en man (non valen tipo “natillas”). Entregaranse o venres día 17 de febreiro na biblioteca do centro antes do inicio das clases ás 8,25.

-O xurado estará composto por persoal designado polos equipos mencionados anteriormente e ditaminarán de forma inapelable.

-O xurado reunirase a facer a degustación no primeiro recreo na Biblioteca do Centro.

-O fallo do concurso darase a coñecer no segundo recreo.

-Concederanse os premios que o xurado estime conveniente e, tendo en conta as datas do concurso, eses premios poderán axustarse ao evento en cuestión.

-Todos os postres que se presenten ao concurso serán postos á venda posteriormente  a un módico prezo. 

-A recadación será para algunha causa solidaria que se determinará  no seu día.

Distribuir contido