A natureza filmada con camaras agochadas nun ovo que foi roubado. Unha metáfora da realidade?

Para espiar ás colonias de pingüinos utilízanse cámaras agochadas en falsos ovos,  teñen tanto parecido cos verdadeiros, que logran enganar a quen se alimenta  deles. Claro que  ao final o engano tamén lle crea problemas aos responables do mesmo. Será esto unha metáfora do que está a pasar na actualidade coa crise económica?

Proxecto de dirección

Exponse aquí o proxecto de dirección que presenta María Nogareda para o proceso de selección de director ou directora do IES de Fene que terá lugar no mes de maio, segundo a  ORDE do 7 de marzo de 2013 pola que se convoca concurso de méritos para a selección e o nomeamento da dirección dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Proxecto

Visita á exposición Imaginary en Santiago e ós tellados da catedral

O pasado martes 23 o departamento de matemáticas organizou unha saída co alumnado para visitar a exposición "Imaginary, unha mirada matemática" situada na igrexa da universidade.

A exposición itinerante IMAGINARY - unha mirada matemática

Despois da exposición, fíxemos un percorrido pola parte antiga da cidade na que Carpente fixo as funcións de guía, o que despertou o entusiasmo ao alumnado que aplaudiu cada explicación súa. Foinos dicindo algunhas cousas sobre:

-Falcultade de Xeografía e Historia.
-Estatua de Afonso II.
-Igrexa de San Fiz de Solovio.
-Mercado de Abastos.
-Convento de Santo Agostiño.
-Praza de Cervantes.
-Rúa da Acibechería.
-Mosteiro de San Martiño Pinario.
-Pazo arcebispal.
-Fachada da Acibechería da Catedral.
-Praza da Quintana.
Rematamos o percorrido turístico facéndonos unha foto de todo o grupo na Porta Santa da Catedral.
Finalizado este roteiro, tempo libre para xantar e pasear por Santiago (tivemos un día de sol radiante). Na tarde visitamos os tellados da Catedral, pasando previamente pola parte da fachada románica situada por riba do Pórtico da Gloria, que tamén formaba parte desta primeira fachada, dunha gran beleza. A fachada posterior barroca, que hoxe en día é a que vemos desde a praza do Obradoiro, ocultou á vista a mencionada fachada románica. A parte positiva desta actuación foi que a fachada primitiva quedou protexida dos elementos, o cal axudou a que chegara ata hoxe nun bo estado de conservación.

Acceso á galería de fotos

Exposición de poesía no IES de Fene

O Grupo de Traballo da Biblioteca ven de organizar unha exposición de poesía na que se poden ler  poemas en distintos soportes e en distintas linguas, que van desde  cartaces con poemas en ligua galega, española ou inglesa ate  deseños alusivos á este xénero literario, ademais de unha escolma de libros nos que figuran poemarios imprescindibels

 Este vídeo pretende dar unha visión do que está exposto mentras se escoita a voz dun dos máis grandes poetas galegos, como é Xosé Luis Méndez Ferrín, recitando un dos seus poemas do poemario Con pólvora e magnolias: "Demando liberdade pro meu pobo"

Concurso de Poesía

O Departamento de Lingua Galega e Literatura e o Equipo de Normalización Lingüística do IES de Fene convocan un concurso de POESÍA no que poderá participar todo o alumnado do Centro 

Se estudas no IES de Fene podes participar neste concurso, é doado e si que podes. Busca entre os teus libros, busca no camiño que percorres a diario para ir ao INSTITUTO, entre as túas amigas e amigos, fala cos teus abós, fala co irmán pequeno que non te deixa en paz, escoita na parada do bus e nu montón de sitios máis,  seguro que che aparecen vresos con rima ou sen ela, metáforas e ata sonetos. Participa!

O prazo para a presentación das poesías remata o 30 de abril

 BASES:descargar documento coas bases do concurso
(16-4-2013)

Matrícula 2013-2014- Solicitude de admisión

Está aberto o prazo de admisión para o curso 2013-2014 para ensinanzas de ESO e bacharelato, entre o 5 e o 17 de abril. Pódense descargar aquí os impresos para imprimir:

- Impreso de admisión para ESO e Bacharelato

- Solicitude de optativas para 1º de bacharelato

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: ata o 10 de maio

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 31 de maio

Importante:  Non é preciso a presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo. A formalización da matrícula en ESO e Bacharelato deberá efecturase do 25 de xuño ao 10 de xullo.

Estudaron no IES de Fene

Estudiaron no IES de Fene e son Músicos de sona.  Daniel Bellón e Diego  Maceiras, gaita e acordeonista no concerto "Voces para la Paz" celebrado no Auditorio de Madrid, amosan o seu virtuosismo interpretando "Amazing Grace". Paga a pena ver e escoitar este vídeo

 

 

Moita sorte en Compostela!!!

Participantes no Parlamento XoveHoxe e mañá celebraranse debates no Pazo do Hórreo  entre  oradores e parlamentarios moi novos, como son os participantes no Parlamento Xove. Alí estarán Adrián Oliveira, Sara Jove, Ágela García e Adrián Herrero, todos eles alumnos do IES de Fene que, dirixidos pola profesora de Lingua Española María Nogareda, participan na fase final desta competición dialéctica despois de teren  superado con éxito a súa clasificación para chegar ate aquí. Desexámoslles sorte, tanto aos que se teñan que subir a tribuna de oradores, coma aos que desde os seus escanos fagan interpelacións ou aportacións nos debates. O tema de debate xira en torno ao ser e a preocupación pola  propia imaxe. O equipo é moi bo e seguro que defenderán as súas posicións brillantemente e con elegancia. Unha boa  proba da súa capacidade oratoria e dialéctica é a conversa que mantiveron cos responsables da Web do IES de FENE, a pesares de que a  calidade do son non é óptima  vale a pena escoitala, nesta conversa contan a súa experiencia na fase clasificatoria do Parlamento Xove celebrada na Diputación da Coruña

(5-4-2013)

Non xogues coas drogas!!!

O  venres dia 5 de abril , de  12:25hrs a 14:05hrs, no salón de actos de ESO e BACH  haberá unha charla da Garda Civil coa temática  Drogas e Alcohol, dirixida aos alumnos/as de 2º e 3º da ESO. Esta actividade cara  a prevención da drogadicción é ao consumo de alcohol parte da base de que, para afrontar este problema social, un dos mellores instrumentos é a información que lle poidamos subministrar aos  mozos e mozas. O IES de Fene orgaiza esta charla dentro dun progama de prevención de alcoholismo e drogas

 

(4/4/2013)

Conferencia sobre economía o 19 de marzo. Título: EMPRENDER

0 próximo martes día 19 de marzo de 9:15 a 10:05 hrs terá lugar no salón de actos do edificio de F.P unha conferencia sobre economía coa temática, EMPRENDER aqueles compañeiros/as que desexen asistir cos alumnos/as comunicádeo o equipo directivo.

Xornada de Limpeza no IES de Fene e Día da árbore

O martes 19 de marzo terá lugar unha xornada de limpeza do terreo anexo o centro, os alumnos/as de 1º, 2º de ESO e PCPI de Limpeza e Soldadura van a colaborar voluntariamente, e a actividade realizarase de 11:15 a 12h

Os mesmos alumnos/as que colaboren o día da xornada de limpeza tamén participarán o xoves día 20 na plantación de unhas árbores para conmemorar o “dia da árbore” no mesmo terreo e a mesma hora, de 11:15 a 12h.

15-3-2013

Alumnos do IES de Fene clasifícanse, en Deusto, no debate sobre linguas minoritarias . Parabéns!

Demostraron sobrada capacidade intelectual para argumentar con rigor sobre linguas minoritarias, nunha xornada de debates organizada polo   EYP( European Youth Parliament). Quedaron segundos clasificándose para a fase seguinte

Seguir lendo

Alumnos do IES de FENE participan nun debate, na Universidade de Deusto, sobre linguas minoritarias na Unión Europea.

Un grupo de alumnos de 2º Bacharelato vai participar nunha xornada de debates organizada polo EYP ( European Youth Parliament), nunha sesión de selección a nivel nacional que terá lugar en Bilbao o día 23 de Febreiro seguir lendo

22/02/2013

Cantando poemas de Rosalía

Rosalí de CastroO departamento de Normalización lingüística, no ano de Rosalía, presenta unha escolma dos seus poemas aos que distintos grupos e solistas lle puxeron música.

Entra e disfruta coa  música de Abe Rábade, Amancio Prada, Los Tamara.... e cos poemas de Rosalía de Castro

(19/2/2013)

Aviso as/os usuarios/as do SIXA WEB

Para acceder ao SIXA a través da WEB preme aquí e segue as instuccións

(17/2/2013)

Distribuir contido