Eleccións ao Consello Escolar. Relación de candidaturas admitidas


Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes dos distintios sectores no CONSELLO ESCOLAR do Centro, a XUNTA ELECTORAL deste IES fai pública a relación de nomes dos candidatos que se presentan á referida elección, segundo se indica de seguido, por orde alfabética de apelidos:

   


Segundo o establecido na disposición adicional terceira do Decreto 7/1999, corresponde elixir no presente proceso electoral a 1 pai/nai, 4 profesores/as, 3 alumnos/as e un representante do persoal de administración e servizos.  

O que se fai público para xeral coñecemento.

A Coruña, 18 de novembro de 2010

O DIRECTOR DO CENTRO E PRESIDENTE/A DA XUNTA ELECTORAL,

Asdo.Xoán Manuel Vázquez Vázquez

Xoan Vázquez, director do IES de Fene

…Si, eu confío na boa fe da xente -a respecto do cumprimento do decreto de plurilingüismo-. É máis,  eu pregunto, se antes -cos anteriores gobernos da Xunta-  cumpríase? Era sabido que profesores cumprían e cales non, e non pasaba nada.”

A web do IES, a parte de ser un instrumento de traballo e un medio de comunicación entre os distintos sectores da  comunidade educativa, tamén tenta ser unha web corporativa na que se reflictan as opinións de todos os que estamos implicados nas tarefas de educar e ensinar. O equipo responsable da web, inicia unha serie de entrevistas, coas que se pretende dar a coñecer opinións, e propostas relevantes a respecto da  actividade desenvolvida no centro. A primeira facémoslla  ao director, quen amosa non ter pelos na lingua para abordar as cuestións que lle presentamos

O curso botou a andar hai un mes e medio.  Outro curso máis ou un curso distinto, que cambios hai respecto a cursos pasados?
O comezo foi distinto,  arrincamos coa aplicación do decreto sobre o plurilingüismo,  o que todos coñecemos como o “decreto do galego” e debido a este decreto  houbo que cambiar libros de texto en algunhas materias.  Este tamén é un ano de eleccións sindicais no ensino ademais de eleccións para renovar o Consello Escolar.

En relación ao  grao de  cumprimento deste  decreto que xerou  a polémica que xerou, con  manifestacións de milleiros de persoas en contra do mesmo, afirma  non ter constancia do seu  incumprimento.
Non nos consta ningún  incumprimento. Hai un documento aprobado no claustro de reparto de horas en cada lingua, consonte ao lexislado a respecto das linguas vehiculares no ensino . Será o inspector o que ten que controlar a súa correcta aplicación. É  competencia da Inspección facer  o seguimento dos documentos aprobados

Está a dicir que ten a confianza de que no IES de Fene, todos  estean  cumprindo coas esixencias  desta normativa?
Si,  confío na boa fe da xente. É máis,  eu pregunto:  e antes cumpríase? Era sabido que profesores cumprían e cales non, e non pasaba nada.

A parte dos problemas que derivan da aplicación dun  texto  legal máis ou menos  polémico hai outros que se presentan ao iniciar o curso, cales foron os de este ano?
Os problemas xa empezaron en  xuño, co recorte de profesorado.  En xuño, a administración educativa suprime dúas prazas: unha de Inglés, pola xubilación da profesora Mª Carmen Arnoso e outra de matemáticas. Tivemos varias entrevistas e conversas telefónicas coa inspección para explicar o que o  recorte  supuña para a oferta educativa.  En setembro, dous  días antes de pechar a aplicación informática que xestiona as prazas de profesorado, conseguimos convencer á Inspección  de que a praza de matemáticas era necesaria,  ao ter un novo grupo de PCPI  de  adultos.

Notouse a crise?
O recorte de prazas foi  importante en tódolos centros. Aquí notouse moito a falta da praza de inglés, hai menos apoios, sobre todo no plan Proa. Mª Carmen facía incluso apoios de matemáticas polas tardes e viñan moitos alumnos, era moi positivo, moi importante e agora perdeuse.
Outro problema, aparece co PCPI de limpeza de edificios na  modalidade mixta C. Ate o de agora  dependía da  Consellería de Traballo. Este ano tódalas  competencias   pasaron á  Consellería de Educación e as clases para estas ensinanzas aínda non comezaron  debido a que nós non coñecemos o  convenio Traballo-Educación. Estamos convocados a unha  reunión na  Coruña co subdirector de FP: Sr Corredoira,  na que tamén estarán outros  centros do contorno que teñen este PCPI, como son: Neda, Catabois e  Ferrol Vello.  Constituímos,  neste sentido,    unha especie de plataforma da zona.  Este curso ademais  teremos que  xestionar as horas de prácticas  dos alumnos coas empresas, xa que eliminaron os concellos do programa. O máis preocupante é que estamos empezando novembro  e estes alumnos aínda non comezaron o curso, polo que poderían ter dificultades para completar o número de  horas  lectivas requirido.

O dominio de linguas estranxeiras e do  inglés como interlingua é algo que segue a ser de momento un proxecto que dará os seus froitos a medio e longo prazo. Ao principio  de cada curso cómpre poñer a andar as seccións bilingües concedidas. Xoán Vázquez admite que este curso houbo algunhas  dificultades
En 3º da ESO concederon a sección bilingüe, pero non houbo o número mínimo de alumnos requirido para formar grupo, tamén foi solicitada para 4º de ESO e neste curso, despois de resolver algúns problemas para formar grupo bilingüe e impartir  matemáticas A e B, conseguiuse que estea funcionando.

Hai quen  asegura que ensinar é unha arte. O que é seguro é que é un oficio no que a experiencia conta. Canto tempo leva adicado a este  oficio e que cambios leva observado ao  longo dese tempo?
Comecei hai uns vinte anos neste instituto, as aulas eran de corenta alumnos, eran os tempos do BUP e do COU.  Había seis  grupos de 1º de BUP. Despois estiven na Coruña, en Leixa en FP I e FPII, en FP en Fene e de novo no Instituto. Foi un gran cambio, tanto no tipo de ensino como no tipo de alumnado. A metodoloxía en FP era máis relaxada, máis atrevida na forma de enfocar as clases, menos pendente do programa, era máis creativa: ler textos, montar recitais de poesía, exposicións... Non importaban tanto os contidos. En COU había que  cumprir o programa estritamente
Hoxe na  ESO podemos ter  aínda un pouco de liberdade, como na FP, adaptar o currículo ao contexto e á situación dos alumnos. En Diversificación Curricular, hai uns sete  ou oito  anos, prepararamos unha entrevista á confraría de pescadores de Barallobre, fixeramos varias saídas do centro. Na ESO pode haber esa  flexibilidade

Penso que o  cambio que experimentou a  FP é positivo: teñen maior número de horas de taller e  saen máis preparados agora. No Bacharelato, a pesar de tantas leis, depende da metodoloxía do profesor, depende da vontade, hai xente que non cambia. Por exemplo con respecto ás novas tecnoloxías, o número  de profesores que as usa é baixo.

Os novos medios son  importantes na busca de información, case se pode facer unha tese doutoral con información obtida na rede. O difícil é facer unha pescuda  axeitada, sen dispersarse.As aulas virtuais poden ser un bo complemento ás clases presenciais. Xoán Vázquez está de acordo en que a adaptación do profesorado é progresiva, que leva tempo e que, como dicía Paulo Freire, cando temos as respostas cámbiannos as preguntas.  Non cre que as novas tecnoloxías vaian suprimir o encerado tradicional 
No proxecto Abalar, a antiga pizarra está ao lado da nova. A Administración xa non considera eliminar as antigas pizarras de tiza.

A  familia segue a ser  unha  parte básica da estrutura social. As esixencias do  modelo económico, a incorporación da muller ao mundo laboral, non só como consecuencia dunha xusta reivindicación senón como necesidade do propio modelo de produción,  ou  o  papel máis importante dos avós na educación,  produciron   cambios profundos. A sociedade  para cumprir co mercado trasládalle a escola novos compromisos: ¿Pode a escola responder con éxito a eses novos compromisos? ¿En que medida  é importante na educación dos fillos o exemplo diario da súa familia, os límites que lles poñan desde nenos?
Cando os nenos están moitas horas cos avós, ou peor aínda, sós,  non hai o mesmo  seguimento ca  se estiveran os pais na casa. Hai alumnos que pasan a tarde en internet, ou con malas compañías. Os alumnos de familias que fan un seguimento e teñen control do que fan, deben sacar a ESO. O fracaso soe estar mais condicionado pola familia que pola escola.

Debido á mobilidade laboral, aos horarios de traballo pode pasar que os pais e os fillos non falen a diario, non estean xuntos á hora de xantar, o que supón non falar de normas,non detectar problemas. De xeito máis ou menos explícito transfírese á escola a educacion dos rapaces, pode a escola cumprir este rol?
É moi importante sentarse a comer xuntos, aí está a disciplina, o respecto, a responsabilidade, autoridade… A escola non pode substituír a familia, iso é (seguro?) . Nós non podemos poñer o  respecto que non piden na casa, podemos axudar. Hai rapaces que chegan á aula 15 ou 20 minutos tarde a miúdo, e os pais deben sabelo. Cúmprenselles moitos caprichos.

Alonso Montero en “Pedro Petouto: mestre da montaña luguesa” di: ensinar é facerlles ver onde lles manca o zoco, e por que lles manca….Deberiamos ensinar por que nos meten areas nos zapatos, e quen nolas mete? Por exemplo por que se decide mediante decreto que o galego non é idioma apropiado como lingua vehicular para certas asignaturas, ou por que esta crise non xurdiu por xeración espontánea, quen son os responsables, ou por que os pedagogos de agora lle dan máis importancia ás competencias ca os contidos
Penso que a escola debe intentar que os alumnos sexan críticos, e non só dar coñecementos, xa que un dos obxectivos é formar persoas críticas, pero certamente pode haber problemas. Para a avaliación inicial pensei tratar unha noticia sobre o noitebús, pero pensei tamén que os rapaces poden chegar á casa e comentalo, e os pais poden interpretalo de diferentes maneiras segundo sexa a súa ideoloxía. Hai que intentar desvelar as causas dos acontecementos e poden xurdir problemas.

Parece que a escola pública ten que formar bos consumidores e a privada bos dirixentes.  Escola pública, escola privada?
Hai un exemplo que resume bastante ben a situación, unha familia en Cambre con catro  fillos, ten tres  na privada e un con minusvalía na pública, xa que na privada non lle dan as medidas de atención necesarias. Os pais esixen ademais á escola pública que se lle poña un coidador unicamente para axudalo a entrar e saír do bus.

Debe  a escola ten que cumprir  funcións de gardería?
Penso que non, a escola pode completar a formación académica con actividades extraescolares, outras entidades tamén as ofrecen . Se os centros teñen mais recursos poden facerse cargo. Hoxe considérase importante que traballen o home e a muller, pódese plantexar deixar de traballar un deles uns anos, non somos mais felices consumindo máis.

Bertrand Russell, nunha das súas publicacións , deixou dito  que hai dous tipos de traballadores: os que teñen que realmente facer o traballo e os que din como o teñen que facer, sendo estes últimos os que máis cobran.  Neste sentido como ve o ensino público?
Penso que está a perder prestixio, e iso non é bo, mesmo os dirixentes progresistas mandan os fillos á privada, tamén entre o profesorado da escola pública é frecuente que manden os fillos á privada.

Falando de contidos, supoñamos un instituto X, no que todos os alumnos soubesen dicir algo do premio nobel de Literatura deste ano, en nada sobre o premio nobel de Física, que podería dicir ao respecto?, e se non soubesen dicir nada sobre ningún dos dous?
Os   rapaces teñen outros intereses, esta información escóitana en tv, pero non lles di nada.

Este instituto está a carón do CIFP, incluso entre ambos existe unha comunicación física. Esta comunicación física a través dun pasadizo leva consigo unha boa comunicación entre os equipos directivos,  entre os claustros entre os alumnos? Realmente estanse a unir esforzos para que ambos centros se beneficien da súa proximidade física?
Estanse a unir esforzos, necesariamente hai cousas a compartir, transporte escolar, PCPI. Isto  é algo positivo. Na Normalización Lingüística,e nos campionatos deportivos internos estanse  sumando esforzos. O persoal non docente dos dous centros reúnese na hora do café, tamén algúns profesores toman café nos dous centros. Pero  pódese mellorar moito. Tendo en conta os recursos do CIFP cos que conta nos  talleres e nos ciclos, por exemplo de electricidade e electrónica,  podería haber proxectos comúns co noso centro. Estase perdendo ese unir esforzos. Non sei se volveremos  levantar o muro.
A frase “que cada un xestione o seu centro”  compártoa  oen certo modo, pero temos  a responsabilidade de relacionarse con outros centros. Oxalá houbese máis proxectos comúns.

Eleccións ao Consello Escolar . Calendario electoral

DATA

HORA

ASUNTO

4 / XI

 

Publicación dos censos

4 – 12/ XI

14.00

Reclamación aos censos

5 – 15 / XI

9-14h.

Presentación de candidaturas na oficina do centro

 

 

16 / XI

 

10.05

  

18.00

• Sorteo público para a designación dos membros das mesas electorais.

Reunión da Xunta Electoral:

• Admisión, proclamacióne  publicación de candidaturas.

• Aprobación dos censos electorais e de modelo de papeletas, sobres...

(Publicación da corrección de erros aos censos)

9/ XI

10.05

Reunión de Claustro de Profesores (Lectura de normas, Relación de candidaturas, Acordo de convocatoria de Claustro extraordinario )

17-19 / XI

 

Reclamación contra a proclamación das candidaturas

Comezo das distintas campañas
electorais.

24 / XI

13.30-14.45

Constitución mesa electoral e elección de representantes do persoal de administración e servizos

24 / XI

16.30-20.30

Constitución mesa electoral e elección de representantes dos pais e nais.

25 / XI

9.30-13.15

Constitución mesa electoral e elección de representantes dos alumnos

6 / XI

10.05

Constitución mesa electoral e elección de representantes do profesorado (pendente da decisión
do claustro)

30 / XI

18,00

Reunión da Xunta Electoral:

Proclamación e publicación de candidatos electos.

1 -15 / XII

14.00

Reclamación á proclamación de candidatos

15 / XII

19 h.

 Constitución do Consello Escolar

Eleccións ao Consello Escolar do IES de Fene. Constitución da Xunta Electoral

O resultado do sorteo dos membros da Xunta Electoral realizado o pasado mércores 27 de outubro foi o que segue:

Polos pais, nais e titores legais:
Titular: Jorge Soto Fernandez (pai de Dario Soto, 4º A)
Suplente:  José M. González Sanjuan (pai de Jessica Gonzalez, 1º Bac C)

Polos alumnos e alumnas:
Titular: Tania Sánchez Rodríguez 2º BAC A
Suplente:  Miriam Feal Brage 1º ESO A

Polos profesores e profesoras:
Titular: Ascensión Begoña Fernández Sánchez
Suplente: José L Vidal Gómez

Polo persoal de administración e servicios:

Titular:  Juan Carlos Vázquez Francos
Suplente:  Josefina Torrado Santos

 

A constitución da Xunta Electoral será mañá, mércores, 3 de novembro ás 17.00 h.

 

Eleccións ao Consello Escolar do IES de Fene. Sorteo e constitución da Xunta Electoral

O vindeiro mércores 27 de outubro, ás 12.05 h.  terá lugar no salón de actos un sorteo público para a designación dos membros que integrarán a Xunta Electoral, xunto co director do centro: un pai ou nai, un profesor ou profesora, un representante do persoal de administración e servizos e un alumno ou alumna de educación secundaria.

O mércores, 3 de novembro, ás 12.05 h., no salón de actos procederase á constitución da Xunta Electoral.

Calendario de Actividades Extraescolares e Complementarias. Curso 2010-2011

Programa de Atividades Complementarias e Extraescolares do IES de Fene, para o curso 2010-2011. Descargar ficheiro

 

 Alicia e gato

O ronsel do Paroleiro Nº 10

 

Xa está publicada a edición dixital de O Ronsel do Paroleiro deste curso 2009-10, a revista dos dous institutos, o IES e o CIFP de Fene que conxuntamente editan esta publicación cada mes de maio. Nela dase conta das actividades levadas a cabo en ambolosdous institutos durante o último curso.

Acceso a O Ronsel do Paroleiro  nº 10

 

 

 

Marcha polo rio Baa, xornadas de convivencia

 

O pasado venres 18 de xuño un grupo de rapaces e rapazas de 1º de ESO do noso centro e de 6º de Primaria do CEIP O  Ramo así como alguns profesores  participaron nunhas xornadas de convivencia organizadas pola Asociación Etnográfica da Natureza (Aetna),  Amigos do río Baa. Foron acompañados por persoas da Asociación que os levaron de marcha pola beira do Río Baa, en Maniños, pasando por pontes, fragas, regatos, un castro etc. Ao final da xornada, foron convidados pola Asociación a uns pinchos para repoñer enerxía.

 

Imaxes da xornada

ENCIGA pronúnciase sobre o decreto do plurilingüismo

Comunicado  da Asemblea  de ENCIGA sobre o decreto de plurilingüismo

A Asociación dos Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA), na Asemblea celebrada o 7-V-2010, aprobou por unanimidade transmitir á Consellería de Educación e aos medios de comunicación a seguinte resolución.

ENCIGA manifesta a súa oposición ao decreto de plurilinguismo presentado pola Consellería de Educación baseándose nos seguintes argumentos:

1- A nosa asociación, con máis de 650 socios, leva vinte e dous anos de funcionamento e trátase da asociación de profesorado máis numerosa de Galicia. Entre as asociacións de profesorado de Ciencias é a máis veterana do Estado español e das máis veteranas de Europa. Ao longo destes anos non tivo coñecemento de que ningún dos seus membros recibise ningunha reclamación nin queixa polo feito de ter empregado o galego na aula. Por iso non comprende o interese da Xunta de Galicia en aprobar un decreto que impón o uso do castelán de xeito obrigatorio en materias de Ciencias como a Física e Química, Matemáticas ou Tecnoloxía, véndose afectados con esta decisión moitos dos socios da nosa Asociación.

2.- Ao longo destes anos, nos case 70 números publicados da nosa revista e próximos a realizar o XXIII congreso da nosa Asociación, a maioría das publicacións e comunicacións foron presentadas en galego, probando que é unha lingua tan natural coma outras para transmitir e divulgar ideas científicas. Ningunha razón científica pode argumentar unha chata ou deficiencia por usar o galego para falar de Ciencia.

3- Unha parte importante das actividades da nosa Asociación están relacionadas co estudo, divulgación  e investigación de métodos que acheguen a ciencia á sociedade e ao alumnado das distintas idades, o que, xunto co apartado anterior, amosa que o profesorado de Ciencias ten un interese especial por conseguir a máxima competencia do alumnado galego nas materias das súas áreas e promover o uso común do galego na aula é unha mostra dese achegamento á sociedade galega. O contrario sería continuar a longuísima etapa de imposición do castelán, procurando que o galego estea practicamente fóra do sistema educativo, polo menos de moitas materias de Ciencias, o que vai en contra de todo argumento pedagóxico e lembra os tempos escuros de “la letra con sangre entra”, máxima antipedagóxica por excelencia que hoxe todos rexeitamos.

4- Diversos informes científicos coñecidos pola Consellería de Educación proban que a competencia xeral do alumnado é menor en galego que en castelán. Dado que necesariamente o obxectivo educativo neste tema é o de acadar unha boa competencia tamén en galego, a Consellería debería tomar decisións para conseguir ese obxectivo. Sorprende que, no seu lugar, apunten ao contrario, ao reducir as materias a impartir en galego  e decidir que a maioría das de Ciencias sexan impartidas en castelán  contradicindo no caso do galego o que a propia Consellería promove no inglés.

5- O decreto supón unha imposición aos profesores, moitos da nosa Asociación, do uso do castelán. En vez de promover o uso do galego como sería razoable nunha comunidade cunha lingua propia, promóvense leis que o desprotexen, involucrando nesta tarefa ao profesorado das áreas de Ciencias. Isto é malo para o país, para os centros,  para a docencia das ciencias, para o profesorado implicado nestas áreas e, por suposto, malo para o alumnado e para toda a sociedade galega.

6- Por todo isto, consideramos razoable e apoiamos a decisión do profesorado que se ten manifestado publicamente no sentido de non aceptar a substitución do galego polo castelán nas súas aulas.

Santiago de Compostela a vinte e sete de maio de 2010  

http://www.enciga.org/

Medidas de sonoridade no Instituto

Nestes días, 2 equipos de estudantes de 4º de ESO estiveron realizando medidas do nivel acústico en distintas dependencias do instituto e a distintas horas.

As medidas realizáronse cun sonómetro que da os resultados en decibelios A.

· O equipo formado por Ricardo Varela, Santiago
Pinto Laborde e Juan Ramón Pena obtivo os seguintes resultados:
  · O equipo formado por Sara Cribeiro, Saray
Rivera, Rocío Malpica, Vanesa Altonaga, María Menaya e Nerea Pantín
obtiveron os seguintes resultados:
Lugar Nivel acústico, en decibelios A Lugar Nivel acústico, en decibelios A
Valor
medio
Valor
máximo
Valor
máximo
Clase sen profesor 75 100 Corredor antes de entrar na clase 111,5
Cafetería 80 95 Recreo dentro do instituto 93,3
Patio 90 126 Recreo fora do instituto 88,9
Corredor no recreo 75 108 Na clase 89,9
Corredor na volta á clase 95 100  
Clase de Ética 50 93
Biblioteca 58 76

 

Conclusións :

1. Dentro da clase, cando o profesor está impartindo aulas, o nivel sonoro vai de 50 dB, sensación agradable, ata os 80 ou 90 dB, sensación ruidosa molesta.

2. Os corredores, antes da entrada na clase e no recreo, están entre 80 e 100 dB, é dicir, entre molesto e insoportable. A cafetería no recreo tamén é un lugar ruidoso, podendo chegar aos 95 decibelios.

3. O lugar máis ruidoso é o patio, que pode sobrepasar os 100 dB.

4. O lugar menos ruidoso é a biblioteca, que ten un valor mediode 50 dB

¿É ruidoso o instituto? Pensamos que si, que se pode baixar o nivel sonoro.

Neste estudo non se analizou a frecuencia dos sons, pero podemos afirmar que maioritariamente son de frecuencia alta, o que fai que sexan máis desagradables

En galego tamén se fai ciencia

A Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística que agrupa a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña e o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago, resenta a campaña En galego tamén se fai ciencia, destinada a avalar, co testemuño de investigadores/as de prestixio de Galicia, a validez da lingua galega tanto para a docencia como para a investigación (Sitio web da campaña: http://www.engalegotamensefaiciencia.eu/)

Nela interveñen:

Xavier Alcalá, Profesor do Departamento de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da Universidade da Coruña e director da Oficina de Programas Internacionais de I+D+i da Xunta de Galicia
Beatriz de Carlos, Profesora de Física e investigadora na Universidade de Southampton
Ángel Carracedo, Profesor e director do Instituto de Medicina Legal. Grupo Medicina Xenómica da Universidade de Santiago de Compostela
Domingo Docampo, Profesor do Departamento de Teoría do Sinal da Universidade de Vigo e ex-reitor
Edita de Lorenzo, Profesora e directora da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Telecomunicacións da Universidade de Vigo
Marcos Mariño, Profesor do Departamento de Física Teórica e Sección de Matemáticas da Universidade de Xenebra
Jorge Mira, Profesor de Electromagnetismo na Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela
Elena Vázquez-Cendón, Profesora de Matemática Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela
.

Aprobado o decreto para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia

Accede á presentación

 

 

A Coordenadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüistica, analiza nesta presentación como será a situacion nas escolas con este novo decreto que regula o usa das linguas no ensino galego: en Infantil inmersión en castelán, en Primaria, o equilibrio entre linguas en situación desigual provocará desequilibrio, en Secundaria excluése o galego do ámbito científico-tecnolóxico co que o equilibrio queda rachado, e nos centros educativos, posiblemente un poco de caos.

 

Accede á presentación

 

Decreto

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido