Aviso as/os usuarios/as do SIXA WEB

Para acceder ao SIXA a través da WEB preme aquí e segue as instuccións

(17/2/2013)

Maís de douscentos intelectuais firman o manifesto "Chamamento polo galego"

(Fotografía tomada do diario dixital Praza pública na que aparecen Alba Nogueira, Mariló Candedo, Marilar Aleixandre, Henrique Monteagudo e Valentina Formoso, na presentación do manifesto)

Máis de dous centos intelectuais galegos entre os que se inclúen xuristas, profesores, funcionarios, escritores e políticos, veñen de firmar o manifesto Chamamento polo galego no que se pide á Consellería de Educación que acate a sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza sobre o decreto do plurilingüismo. A senencia anula  aspectos básicos de ese decreto. Os  promotores deste manifesto tamén piden que todas as persoas que se queiran unir á súa reivindicación o fagan a través dun formulario de adhesión que veñen de publicar

ver noticia en:  Praza pública,    La Voz 

( 17/2/2013)

Non sexas entroido, disfrázate

 

Entroido 2013

Hora 11:15
- haberá o primeiro pase do concurso de comparsas para osalumnos/as de ESO e PCPI.
- os alumnos de ciclos e Bacharelato poderán visitar a feira de
larpeiradas  dos alumnos de 4º de ESO para colaborar coa excursión de
fin de curso.

Hora 12:25
- segundo pase do concurso de comparsas para os alumnos/as deciclos e Bacharelato.
- os alumnos de ESO e PCPI poderán visitar o feira de larpeiradas dos
alumnos/as de 4º da ESO.


Hora 13:30
- Daráse os nomes dos gañadores do concurso de comparsas e a
continuación os alumnos/as  subirán as aulas e  deixarán todo recollido
antes de coller o transporte.

DES VOIES EUROPÉENES POUR LA VOIE DE LA RÉUSSITE ( 2012- 2014)

Ate o xoves 24 de xaneiro estarán no IES de Fene  profesores e alumnos que  veñen de Italia, Lituania, Polonia, Francia, Turquía, Portugal e Rumanía, un total de 19 profesores e 18 alumnos que están en acollida con alumnos de Fene, de 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato. Partcipan nun proxecto Comenius que, de acordo co título do mesmo, trata coñecer,  desde distintos puntos de vista, as posibilidades que  van encontrar os estudantes no futuro e en como estes encontros poden contribuír a melloralas. Emtre outras moitas cousas: a diversidade, tanto cultural como académica sempre nos pode enriquecer, tanto nos estudos, como persoalmente.

Descarga o programa de actividades 

22-01-2012

Premio á excelencia académica acadado por Érika Diz Pita no exame de Selectividade

Érika Diz Pita, que o curso pasado rematou os seus estudos no IES de Fene, recibirá o día 28 de xaneiro o premio á excelencia académica que concede a Universidade da Coruña. O premio concedido pola  UDC é  debido a que acadou nas PAAU (Selectividade) unha puntacion de 13,55 sobre 14, sendo unha das mellores notas de Galiza. Na actualidade esta alumna está cursando primeiro de Arquitectura na Universidade desde o IES de Fene desexámoslle moitos éxitos. Parabéns a Érika!

Ver entrevista en La Voz de Galicia

21-01-2013

Novo entorno web para os proxectos europeos

Estreamos un novo entorno web para os proxectos europeos desenvolvidos no noso IES, pretendemos que sexa unha ferramenta de comunicación dos participantes e  ademais informar, a todos os interesado, do traballo que se esta a facer. O enderezo web é: www.europa.net16.net 

Alumnos e profesores de Marsella, que participan nos proxectos europeos, visitan o IES de FENE

Durante esta  semana contaremos no IES coa visita dun grupo de alumnos e dous profesores procedentes de Marsella que participan en proxectos europeos. Os alumnos que participantes realizarán prácticas en empresas da comarca . Benvid@s!

 

 

 

Boas Festas!!!

O IES de Fene desexa a tod@s Bon Nadal, agardando que continúe a loita no vindeiro ano 2013  para enfrontar os problemas. Confiamos en que así será!!!!!

Recollida de Roupa e calzado a favor de GLOBAL HUMANITARIA

O VINDEIRO XOVES 13 DE DECEMBRO REALIZAREMOS UNHA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ROUPA E CALZADO NO IES A FAVOR DE

"GLOBAL HUMANITARIA" OS PROFESORES/AS QUE O DESEXEN PODEN PARTICIPAR DEPOSITANDO A ROUPA OU CALZADO NO DESPACHO DE VICEDIRECCIÓN DO EDIFICIO DE FP.

QUEN NECESITE BOLSAS PARA TRAER A ROUPA PODE PEDILAS EN VICEDIRECCIÓN.

Proxectos europeos do IES de Fene: con centos escolares de Portugal, Holanda, Alemaña e Dinamarca

Durante esta semana,   ata o venrese  30 de novembro, o IES FENE é o anfitrión dunha visita preparatoria do proxecto Leonardo dá Vinci. Un grupo de 7 profesores procedentes  de Portugal, Holanda, Alemaña e Dinamarca están   no noso centro para ultimar o proxecto Leonardo Partnerships, un proxecto similar ao Comenius que actualmente estamos desenvolvendo.

Este proxecto Leonardo, en caso de ser aprobado, terá unha duración de 2 anos e desenvolverase de modo análogo ao Comenius. A idea é crear unha plataforma web que ofreza información actualizada sobre empresas que estean dispostas a recibir alumnos en prácticas, información útil de cara  a xestionar o aloxamento e transporte, medios para tutorizar os alumnos, etc.

Este é un proxecto aberto aos claustros dos centros participantes. De feito contémplase tamén a participación dos alumnos no que respecta á presentación do centro, comarca e rexión entre outras cousas.

Calendario de avaliacións. Curso 2012-13

 Calendario de Avaliacións para o presente curso das diferentes ensinanzas impartidas neste centro: ESO, Bacharelato, Ciclos formativos, PCPI, ESA e avaliacións de pendentes

 

 

A primeira folga de Pais e Nais de estudantes do ensino público

O 18 de outubro de 2012 será recordado como o día da primeira  folga de Pais e Nais de alumnos do ensino público. Aínda que as cifras de participación depende de quen  faga o reconto, non se pode reducir o feito ao número de participantes. Algo moi preocupante  debe estar  pasando no ensino cando as ANPAs, agrupadas na CONFAPA, piden  a país e nais que non leven aos seus fillos e fillas aos colexios.

A democracia faise con demócratas e a calidade da mesma depende de moitos factores,  non é dos menos  importantrs  a calidade do  ensino. Discrepar, utilizando  instrumentos lexítimos,  forma parte da participación cívica nos asuntos que a todos nos atinxen como é, en iste caso, a educación dos nosos estudantes.

A prensa fíxose eco da protesta. A editorial de EL PAIS ou as informacións publicadas en PRAZA PÚBLICA e LA VOZ de GALICIA son unha pequena escolma de como viron  os medios de comunicación esta folga

M. Suárez e A. Orozco

10 anos despois do Prestige

Despois de dez anos da catástrofe do Prestige, parece que todo quedou

esquecido.  Os alumnos que agora están e primeiro de Bacharelato tiñan

seis anos cando o barco se afundíu, deixando nas costas perto de

sesenta mil toneladas de chapapote con cerca dun tres por cento de

xofre na súa composición. As protestas foron multitudinarias, houbo

moitos culpables da  desfeita pero solo se sentan no banquiño dos acusados

tres persoas. Pasaron dez anos, a xustiza é lenta e agora xa non nos

acordamos moi ben de cómo ocorreu todo. O tempo foi enterrando a nosa

memoria
Este vídeo pretende recordar todo aquilo

 

Blogs das TICs no IES de Fene

 

Estes son os novos blogues de caráter educativo que están a desenvolver o grupo das TIC do IES de Fene acerca do mundo da educación e das Tecnoloxías. Agardamos que sexa de utilidade á comunidade educativa do IES de Fene, e tódalas persoas que visitan esta web.

TIC-TAC As TIC a tempo

TIC  Fene

 


Os alumnos e alumnas do equipo do Instituto que participou con éxito no programa Parlamento xove contan a experiencia

 

Por A. Orozco e M. Suárez. Coa colaboración de Lula Sanmartín.

O Instituto participou por primeira vez no programa Parlamento Xove cun equipo coordinado pola profesora María Nogareda e formado polos estudiantes:  Borja Martínez , Érika Diz, Adrián Oliveira e Sara Jove

Presentamos un resume da conversa mantida con eles a raíz do éxito obtido, estas son algunhas das súas reflexións:

"Quedaron encantados coa experiencia e eu tamén sobre todo por ver que temos alumnos moi naturais, moi normais e respectuosos... A xuventude merece a pena realmente, penso que as novas xeracións son as que nos van sacar deste mundo onde predomina en bastantes ocasións a mediocridade...” (Maria Nogareda) 

"A experiencia foi moi enriquecedorara para atreverse a falar en público, para expresarse mellor na escrita. Tivemos moito traballo buscando información, subliñando alí como tolos, Borja acabou con maniotas de tanto pasar follas... E practicar o oral tamén custaba”. (Sara Jove)

“ Eu ao principio non estaba moi seguro de que nos saíse tan ben como nos saíu, esforzámonos, buscamos  información..." (Adrián Oliveira)

"Tiña medo de que non me dera tempo a estudar os exames e todo iso, pero  xa dixen que ao final todo isto valera a pena e volveríao a facer porque, aínda que  dedicásemos moito tempo,  tamén o pasamos ben...(Érika Diz)

"Fomos o único equipo que no primeiro ano chegou á final..."(Borja Martínez)

Preme aquí para l er a conversa completa

 

Distribuir contido