Roteiro de Xosemaría Pérez Parallé, o segrel do Penedo

26/03/2014 08:52
27/03/2014 08:52
Etc/GMT+1

Adiouse esta actividade debido ao mal tempo!

O mércores 26 de marzo, as alumnas e alumnos de 1º da ESO, do IES de Fene, realizarán o roteiro do segrel do Penedo, o escritor Xosemaría Pérez Parallé. O poeta vivíu e escribíu moi  perto do IES de Fene, aínda que foi nado en Ferrol pasou a maior parte da sua vida en  Barallobre, no lugar do Penedo, Parallé tamén é coñecido como o segrel do Penedo. Fomentar o interese pola nosa cultura e xa que logo  pola nosa literaura é unha obriga que teñen os centros de ensino para formaren cidadáns que no futuro contribuan ao progreso do País. A actividade está coordinada polos profesores Alenxandre Ripoll e Xoan Vázquez do Seminario de Lingua e Literarura Galega vovioooooo

 

 

 

 

 

 súa vida ó carón da cidade natal, na parro-quia de Barallobre do Concello de Fene. Morreu no 1987.

Obradoiro de Poesía na Biblioteca do IES de Fene a cargo de Antón Cortizas

20/03/2014 09:39
22/03/2014 09:39
Etc/GMT+1

"De adulto quixen cambiar o mundo, pero decateime de que non podía porque non se deixa. Entón púxenme a inventar historias, pero só de cando en vez, porque como iso non é o único que podo nin gusto de facer, moitas delas quedan esquecidas nos faiados da memoria.
     ¿E de vello? Gustaría de seguir nacendo ata converterme nun trasno amábel e contemplar o mundo sorrindo dende o silencio da Lúa."

Os reglóns precedentes foron collidos da ficha do autor, que aparece publicada na Biblioteca Virtual Galega. Os que coñecemos a Antón Cortizas somos sabedores de que  ten pasión por contar historias e por outras moitas cousas, entre as cales está a sua profesión de impartir aulas. O venres 21 de marzo o Antón Cortizas poeta impartirá un obradoiro de poesía no IES de Fene dirixido a alumnos de 1º  da ESO. A actividade enmárcase dentro do programa de fomento da lectura e creatividade que, de un xeito estable e continuado, está levando a cabo o IES de Fene

Estrea do documental "Contamos", realizado por alumnos do noso instituto, na Casa da Cultura de Fene

14/03/2014 09:00
Etc/GMT+1

Oito adolescentes de Fene, dos cales seis están actualmente estudiando no noso centro, veñen de realizar un documental titulado "Contamos", no que amosan a súa visión encol  de asuntos  tan importantes como a lei de educacion, a crise, a corrupción ou as redes  sociais e o alcohol. Este audiovisual, que se estrea hoxe na Casa da Cultura de Fene ás sete do serán, foi realizado integramente polos xoves dentro do programa  de ocio Mirada Nova, coa participación da empresa Senes, a colaboración do Concello de Fene e a Diputación. O IES de Fene convida a asistir á  estrea de "Contamos" e dalle os parabéns ás mozas e mozas que levaron a cabo  o proxecto

(Foto La Voz de Galicia)

Nova  en La Voz de Galicia

Charla sobre xenética impartida polo Profesor Angel Carracedo no IES de Fene

13/02/2014 09:38
Etc/GMT+1

O mércores 12 de Febreiro, estivo no Instituto o catedrático de medicina legal Profesor Dr Ángel Carracedo Álvarez, que impartiu unhaO profesor Carracedo xunto á profesora Inmaculada Cienfuegos e un grupo de estudantes  conferencia sobre xenética, dirixida aos alumnos de 1º e 2º de Bacheralato. A actividade estaba organizada polo Departamento de Ciencias Naturais e Bioloxía, compre felicitar aos compoñentes do departamento polo éxito da mesma, xa que espertou un grande interés nos alumnos e alumnas asistentes como quedou demostrado polas intelixentes  preguntas que fixeron durante o coloquio.

Carracedo Álvarez é un dos ciéntificos que traballa en Galiza con maior proxección internacional, creou un grupo de investigación que se converteu en líder mundial en xenética forense e referencia xenómica, foi pioneiro na introdución de novas tecnoloxias para a identificación forense mediante xenética molecular, ten sido requerido para participar en pericias famosas como na inestigación das vítimas do tsunami no sudeste asiático. O Profesor Carracedo é ademais un gran comunicador e unha persoa próxima como puidemos comprobar todos os que asistimos á súa disertación, e ao final da mesma  fotografouse encantado  xunto a un grupo de estudantes.

O IES de Fene agradece a súa participación,  que considera de grande interese para  espertar a curiosidade ciéntifica na mocidade, que é a base para que apostemos polo coñecemento

Alumnos e profesores procedentes de Italia visitan o IES de Fene

04/02/2014 08:54
Atlantic/Bermuda

Dentro da ampla actividade desenvolvida polo IES de FENE, en programas europeos,  o martes dia 4 de Febreiro un grupo de 37 alumno@s italian@s e 3 profesoras visitan o noso centro. O mércores as 10:00 horas haberá unha recepción no salón de actos de FP por parte do Equipo Directivo e do alcalde de Fene (ao finalizar, un grupo de alumn@s do centro tocarán musica tradicional). Os alumn@s visitarán as aulas, instalacións e talleres do noso centro. O xoves o grupo de italianos xunto con alumn@s do IES visitarán o museo EXPONAV e o Arsenal militar de Ferrol . O venres desprazaranse a Santiago de Compostela e  o sábado visitaran A Coruña.

A comunidade educativa do Instituto dalles a benvida e desexa que a estadía en Galiza e no IES sexa satisfactoria
 

Estudantes do IES de Fene. Estadía en Reenes. Francia

31/01/2014 10:31
Etc/GMT+1

Despois da estadía do 9 ao 12 de decembro 2013 en Rennes ( Francia), dos alumn@s de 1ª de Baccharelato  Vanesa Cao, José Carlos García e Andrea Vilariño, acompañados polos profesores Alexandre Ripoll e José Luis Souto, dentro do proxecto Comenius 'Des voies européenes pou la voie de la réussite' Estes estudiantes realizaron un vídeo  no que, dun xeito creativo e orixinal, amosan a súa visión da actividae

Estadía de profesoras polacas no IES de Fene

 Dende 20 ate do 24 de xaneiro o IES de fene será o anfitrión de once profesoras procedentes de Polonia, concretamente deKatowice Katowice, a capital  da Alta Silesia, unha cidade con máis de 300.000 habitantes. Durante istes días de visita preparatoria do progrma  Quality in Education- Good practices and exchange of experience between Spanish and Polish teachers" -que se levará a cabo no marco dos proxectos europeos que está a desenvolver o Instituto-, aparte das correspondentes sesións de traballo, visitas a empresas da zona e recepción na Casa do Concello, tamén se desenvolverá un completo programa socio-cultural. 

O cadro de persoal do IES desexa que súa estadía resulte unha experiencia positiva.

Equipa Web (21-01-2014)

 

Entrevista a María Nogareda, directora do IES de Fene

"Dirixir, penso que non é mandar, é xestionar. A autoridade é algo que se gaña, co traballo, coa empatía, con moitas ferramentas que non son nin  impoñer nin obrigar, porque se empezas dende ese condicionamento, penso que o fracaso está asegurado"

Ler entrevista completa

IES Fene is the partner of Vilnius car mechanics and business school in Leonardo da Vinci project

IES Fene is the partner of Vilnius car mechanics and business school in Leonardo da Vinci project Nr. LLP-LdV-VETPRO-2012-LT-0751 „Experience of EU countries in improvement of practical training quality

 

The main aim of the project is  to improve the professional competencies of teachers intercepting the EU countries‘ experience in order to assure the constant improvement of practical training quality.  (Read more)

 

A nosa experiencia en Romanía

David Seoane Férnandez ( 1° Bac A), Marta Vázquez Meizoso (2° Bac A ) e Isabel Rodríguez Lamas (2° Bac A) estiveron en Romanía participando no proxecto Comenius, dentro dos proxectos europeos realizados por o IES de Fene.A experiencia é contada por eles nunha Web realizada con gusto exquisito polos propios estudantes. Parabéns! .

Equipo WEB (30-10-2013)

"Ratoncitos de Bolonia"

Unha opinión crítica sobre o que significa o Tratado de Bolonia para os nosos universitarios é a de este catedrático de Historia da USC. Podemos discrepar da análise do profesor Bermejo Barrera, pero o seu artigo invita á reflexión. Sería realmente necesario que tanto profesores como alumnos non deixasen de considerar que o ensinar, e o aprender, son actividades que teñen que ir acompañadas sempre da reflexión e da creatividade. Segundo   Bermejo Barrera o chamado Tratado de  Bolonia logrará que "Os alumnos alcancen o nivel de estupidez da maior parte dos seus profesores". Non deixedes de o  ler.

Ler artigo

Moita Sorte

Estamos no inicio dun novo curso, agardamos que os coñecementos nos sirvan a todos para mellorar, para sermos máis críticos, para que ninguén nos dea gato por lebre. Ás veces o poder dinos que ese animal é unha lebre pola sinxela razón de que ten catro patas e o mesmo tamaño ca unha lebre, nós temos que saber que non. Podemos non contradecir ao poder se non nos queremos enfrontar, pero non podemos deixar que nos confundan, e outra cousa: que non nos rouben os momentos de ledicia!

Moita sorte!!!!

.... e fomos ficando sós o mar, o barco e máis nos (Manuel Antonio)

 

Proxecto Comenius: a aventura que empeza en Fene e remata en Lituania

O IES de Fene leva participando en proxectos europeos desde hai anos. Este curso, dentro do proxecto Comenius, alumnos e profesores do noso Instituto realizaron unha viaxe a Polonia e a Lituania. Unha mostra da súa estadía en ámbolos dous países é este vídeo realizado pola Equipa Web coas fotos procedentes da viaxe

11/06/2013

Onde estaban os átomos? Martes 4 de xuño ás 12 no salón de actos do IES de Fene

O martes, catro de xuño, a profesora Elena González Ferreiro do departamento de Física de Partículas da USC  pronunciará unha charla sobre a formación dos átomos e polo tanto sobre os primeiros instantes do Universo, tratando de dar resposta ás preguntas sobre o que son as partículas fundamentais e as interaccións entre as mesmas


Ver vídeo procedente do Informe Semanal de TVE


Vídeo conferencia na que participaron 60 institutos galegos


Disparatado: un mozo de Foz, nomeado o mellor investigador xoven de Europa, é rexeitado en España por falta de nivel científico

Por favor, antes de ler a noticia lean os diálogos que siguen:


Mr. Smith (sempre absorto no periódico):

-Mira, aquí pon que morreu  Bobby Watson .

Mrs. Smith:



¡Oh, meu Deus! ¡Pobre! Cando morreu?


Mr. Smith:



-Porque te alporizas? de sobras o sabías. Hai dous anos que morreu. Lembra que asistimos ao enterro hai ano e medio


Os dialogos son de Eugène Ionesco na obra " A cantante calva". Cada quen despois de ler a noticia pode cambiar os persoaxes Mr. e Mrs. Smith por os que lle pete, eso sí na Galiza Bobby Waston é  a Ciencia e  a Investigación


Preme para ler esta abraiante noticia


16/5/2013

Distribuir contido