Comenius

COMENIUS: Entrevista sobre a visita a Romanía

30/09/2014 15:10
Atlantic/Bermuda

Los alumnos que asistieron al encuentro en Rumanía dentro del proyecto Des voies européennes pour la voie de la réussite fueron entrevistados en Redio Fene y en esta entrevista hablan sobre su experiencia.

COMENIUS Entrevista en Radio Fene

30/09/2014 11:26
Atlantic/Bermuda

El 21/01/2013, tres alumnos del IES Fene acuden a Radio Fene para ser entrevistados sobre el proyecto Comenius en el que el centro está involucrado. Aquí teneis la entrevista, por si os interesa.

 

COMENIUS 2012-2014. Libro interactivo

28/09/2014 13:52
Atlantic/Bermuda

Libro interactivo que contén todas as actividades realizadas dentro do proxecto comenius Des voies européennes pour la voie de la réussite ( 2012 - 2014)

 

Vídeo resumo COMENIUS 2012-2014

28/09/2014 11:12
Atlantic/Bermuda

Os alumnos implicados no proxecto comenius Des voies européennes pour la voie de la réussite do centro enviaron este video como resumo do que este proxecto significou para eles. É un resumo da súa experiencia, sobre todo a nivel humán e de relacións interpersonais  Parece que a experiencia foi moi positiva!


COMENIUS. Artigos de opinión de dúas alumnas

26/09/2014 22:49
Atlantic/Bermuda

Dúas alumnas do centro comparten con nós a súas reflexións sobre cómo ven o futuro profesional da xente nova de hoxe en día. E tí que opinas? 

Marta Vázquez                                         Isabel Rodríguez

  

COMENIUS: experiencias do alumnado

26/09/2014 14:07
Atlantic/Bermuda

E xa rematando o proxecto comenius Des voies européennes pour la voie de la réussite, uns alumnos que viviron o proxecto dende dentro, comparten as súas experiencias con todos nós.

 

COMENIUS 2012-2014

Para que nos quede unha bonita lembranza do proxecto comenius Des voies européennes pour la voie de la réussite, que está a piques de rematar, aquí tedes unha presentación da visita ao IES Fene que tivo lugar en Xaneiro do 2013. Esperamos que vos guste.

Descarga PowerPoint COMENIUS

Estudantes do IES de Fene. Estadía en Reenes. Francia

31/01/2014 10:31
Etc/GMT+1

Despois da estadía do 9 ao 12 de decembro 2013 en Rennes ( Francia), dos alumn@s de 1ª de Baccharelato  Vanesa Cao, José Carlos García e Andrea Vilariño, acompañados polos profesores Alexandre Ripoll e José Luis Souto, dentro do proxecto Comenius 'Des voies européenes pou la voie de la réussite' Estes estudiantes realizaron un vídeo  no que, dun xeito creativo e orixinal, amosan a súa visión da actividae

Proxecto Comenius: a aventura que empeza en Fene e remata en Lituania

O IES de Fene leva participando en proxectos europeos desde hai anos. Este curso, dentro do proxecto Comenius, alumnos e profesores do noso Instituto realizaron unha viaxe a Polonia e a Lituania. Unha mostra da súa estadía en ámbolos dous países é este vídeo realizado pola Equipa Web coas fotos procedentes da viaxe

11/06/2013

DES VOIES EUROPÉENES POUR LA VOIE DE LA RÉUSSITE ( 2012- 2014)

Ate o xoves 24 de xaneiro estarán no IES de Fene  profesores e alumnos que  veñen de Italia, Lituania, Polonia, Francia, Turquía, Portugal e Rumanía, un total de 19 profesores e 18 alumnos que están en acollida con alumnos de Fene, de 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato. Partcipan nun proxecto Comenius que, de acordo co título do mesmo, trata coñecer,  desde distintos puntos de vista, as posibilidades que  van encontrar os estudantes no futuro e en como estes encontros poden contribuír a melloralas. Emtre outras moitas cousas: a diversidade, tanto cultural como académica sempre nos pode enriquecer, tanto nos estudos, como persoalmente.

Descarga o programa de actividades 

22-01-2012

Proxectos europeos - Comenius

Durante os cursos 2009-2010 e 2010 2011 o IES de Fene participou nun proxecto Comenius con outros 3 institutos europeos. Estes son os vídeos realizados.

IES de Fene  -  Porto de Ferrol:

Porto da Illa Reunión:

Porto de Rotterdam:

Porto de Venecia:

COMENIUS - Visita ao porto

Este curso participamos outra vez nun Comenius sobre as instalacións portuarias e recibimos a visita de alumnos e profesores que viñan de moi, moi lonxe: San Doná di Piave (Venecia), Róterdam e....Illa Reunión.

Tedes máis información aquí.

Para os amigos/as das intrigas, deixámosvos unha foto misteriosa deste proxecto. Onde se fixo?

Proxecto Comenius. O noso porto

Jesús Bustos, funcionario da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao, impartiu na tarde do martes 20 de abril unha charla no IES de Fene dirixida ao alumnado participante no proxecto Comenius. O obxectivo desta exposición era dar información sobre a organización e as actividades que se desenvolven nas instalacións da Autoridade Portuaria.

Tamén xustificou a construción do porto exterior e aportou datos da repercusión económica e social que terán nun futuro inmediato as operacións que se desevolverán no mesmo, tanto na cidade ferrolá coma na súa zona de influencia.

Como complemento desta primeira aproximación ao porto ferrolán, o vindeiro martes 27 de maio, o noso alumnado efectuará unha visita ás súas instalacións.

Distribuir contido