VI Concurso de postres do Entroido
Os equipos de dinamización lingüística e da biblioteca do IES de Fene convocan novamente este concurso de postres de Entroido que se rexerá polas seguintes
BASES:
-Poderán participar todas aquelas persoas que pertenzan á comunidade educativa do IES de Fene.
-Os postres deberán ter unha consistencia suficiente como para poder ser repartidos en man (non valen tipo “natillas”). Entregaranse o venres día 17 de febreiro na biblioteca do centro antes do inicio das clases ás 8,25.
-O xurado estará composto por persoal designado polos equipos mencionados anteriormente e ditaminarán de forma inapelable.
-O xurado reunirase a facer a degustación no primeiro recreo na Biblioteca do Centro.
-O fallo do concurso darase a coñecer no segundo recreo.
-Concederanse os premios que o xurado estime conveniente e, tendo en conta as datas do concurso, eses premios poderán axustarse ao evento en cuestión.
-Todos os postres que se presenten ao concurso serán postos á venda posteriormente a un módico prezo.
-A recadación será para algunha causa solidaria que se determinará no seu día.