Rúa Xermade, s/n 27300 - Guitiriz Tel.: 982 87 03 42 Fax: 982 87 03 49 Correo electrónico: ies.diaz.castro@edu.xunta.es
Rúa Xermade, s/n 27300 - Guitiriz Tel.: 982 87 03 42 Fax: 982 87 03 49 Correo electrónico: ies.diaz.castro@edu.xunta.es
Iniciar sesión |
Visita didáctica á CapelaEnviado por admin o Ven, 02/03/2012 - 07:12
00/00/
Array
Acompañado polas profesoras Olga Aguiar e María Miragaya, o alumnado de 2º de ESO visitará o Museo de Xogos Tradicionais de A Capela. Esta visita realizaráse o venres 16 de marzo. Sairán do instituto ás 8:30 h. tendo prevista a volta para as 14:00 h. ( categories: )
Ciclo de Teatro Clásico de LugoEnviado por admin o Ven, 02/03/2012 - 07:04
00/00/
Array
O vindeiro día 14 de marzo, mércores, organizado polo departamento de Latín, o alumnado de Cultura Clásica e Latín de 3º de ESO, 4º de ESO e Bacharelato realizará un desprazamento a Lugo para asistir a unha representación de Teatro Clásico. Sairán de Guitiriz ás 10:10 h. e voltarán aproximadamente ás 19:00 h. ( categories: )
Obradoiro "OPS"Enviado por admin o Lun, 27/02/2012 - 10:10
00/00/
Array
Coa organización do Equipo de Normalización Lingüística, xunto coa Biblioteca e o Departamento de Actividades Extraescolares, o vindeiro venres día 13 de abril desenvolveráse no instituto un obradoiro de portugués simple (OBRADOIRO OPS). Neste obradoiro, que terá unha duración de 100 minutos, participarán os seguintes grupos co horario que se lles asigna:
( categories: )
3º ESO ESTATÍSTICAEnviado por admin o Xov, 09/02/2012 - 20:15
Por mor da celebración en 2013 do "Ano Internacional da Estatística", disfrutamos no instituto da exposición "Un mar de datos". Foi realizada por Mathieu Kessler, profesor de Estatística da Universidade Politécnica de Castellón, a quen lle agradecemos a súa desinteresada colaboración. Vídeos, páxinas e blogs relacionados
( categories: )
Visita Didáctica a BERLÍNEnviado por admin o Lun, 06/02/2012 - 07:48
00/00/
Array
Dende o luns 13 ata o venres 17 de febreiro o alumnado de 1º de Bacharelato realizou unha visita didáctica a BERLÍN, acompañados polos profesores RAMÓN ERIAS VILAS JOSÉ MANUEL ARES SÁNCHEZ
AQUÍ TEDES UNHA SELECCIÓN DAS FOTOS DA VIAXE
( categories: )
VISITA DIDÁCTICA AO PARQUE EÓLICO SOTAVENTOEnviado por admin o Lun, 06/02/2012 - 07:23
00/00/
Array
O venres 17 de febreiro, acompañados polos profesores José Engroba e Agustín Paredes, os/as alumnos/as de 3º de E.S.O., xunto cos seus compañeiros do Programa de Diversificación Curricular, tamén de 3º, realizarán unha visita didáctica ao Parque Eólico Sotavento. A saída faráse ás 9:20 horas, para voltaren a Guitiriz ás 14:00. ( categories: )
Patinaxe sobre xeoEnviado por admin o Ven, 27/01/2012 - 09:44
00/00/
Array
Organizada polo Departamento de Educación Física, o vindeiro xoves día 2 de febreiro un grupo de alumnos/as do instituto do curso 4º de E.S.O. desplazaráse ao Coliseum de A Coruña para desenvolver unha actividade de Patinaxe sobre Xeo. Sairán ás 8:30 horas e voltarán ás 13:00. Profesorado acompañante: ALFREDO HAZ GARRIDO e MANUEL HERRERO VERDURA. ( categories: )
Viaxe didáctica á CoruñaEnviado por admin o Ven, 20/01/2012 - 09:28
00/00/
Array
Organizada polo departamento de Filosofía, o pasado martes día 24 de xaneiro, o alumnado de 1º curso do bacharelato realizou unha viaxe á cidade de A Coruña na que, entre outras actividades, visitaron a Casa do Home, a DOMUS, acompañados/as pola profesora Dª. Olga Aguiar e o profesor D. Alfredo Torres. AQUÍ tedes un par de fotos do grupo... ( categories: )
Esquí nos PirineosEnviado por admin o Mér, 11/01/2012 - 09:18
00/00/
Array
Do 16 ao 20 de xaneiro, e organizada polo departamento de Educación Física, o alumnado do IES Poeta Díaz Castro viaxará á estación de esquí de Candanchú, en Huesca, onde poderán disfrutar duns días entregados ó deporte na neve. Nesta ocasión serán María Miragaya Pereira e Alfredo Haz Garrido quen se encargarán de tutelar este desprazamento. Boa viaxe! ( categories: )
Obradoiro de Habilidades SociaisEnviado por admin o Lun, 09/01/2012 - 10:38
00/00/
Array
O luns 16 de xaneiro comezan cos alumnos da E.S.O. os OBRADOIROS DE HABILIDADES SOCIAIS, nas horas de Titoría, cunha duración de tres semanas consecutivas, e dacordo co seguinte calendario:
( categories: )
|
Eventos
MEDIACIÓN DÍAZ CASTROEnlace ao espazo de Mediación: contacto, novas, actividade...
XUNTA DE DELEGADOSEnlace ao espazo da Xunta de Delegados: actividade, contacto, novas... FORO DA COMUNIDADEEnlace ao espazo do Foro da Comunidade, o noso espazo de diálogo e toma de decisións. |