Bioloxía e xeoloxía

PROXECTO RÍOS: CAMPAÑA PRIMAVERA

Enviado por eriasvilas o Xov, 26/06/2014 - 17:30

Nos primeiros días de xuño, e para rematar a participación no Proxecto Ríos deste curso, tocoulle o turno á rapazada de 1º ESO A, realizáronse as mesmas medidas que na campaña de outono.

Aquí está a constancia da nosa baixada ao río:

 saída primavera

( categories: )

CLASES SEN FUME: PRESENTACIÓNS ELECTRÓNICAS DO ALUMNADO 1º ESO

Enviado por eriasvilas o Xov, 26/06/2014 - 13:39

Dentro do Proxecta:Clases sen fume, os alumnos/as de 1º de ESO, elaboraron nas clases de ciencias presentacións electrónicas en grupo que posteriormente expuxeron aos seus compañeiros nas clases de Educación Física. 

Aquí temos algúns dos exemplos:

 

http://www.slideshare.net/iesdiazcastro/1b-o-tabaco-scar-monica-carlos-luca-36311451

http://www.slideshare.net/iesdiazcastro/1b-o-tabaco-andrea-as-mara-an-anta-sv

http://www.slideshare.net/iesdiazcastro/1-a-o-tabaco-de-anyi-e-irea

http://www.slideshare.net/iesdiazcastro/1-a-o-tabaco-segn-rubn-andrea-alba

http://www.slideshare.net/iesdiazcastro/1-a-clase-sen-fume-david-arias-alberto-alex

 

 

( categories: )

CLASES SEN FUME - 1º ESO

Enviado por eriasvilas o Xov, 26/06/2014 - 13:08

 

 clases sen fume

                                                           clase sen fume

 clases sen fum

Dentro do PLAN PROXECTA, o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía estivo a participar durante este curso nas CLASES SEN FUME, realizando prácticas no laboratorio (simulación de pulmón respirando fume do tabaco e cromatografía en papel de refugallos acumulados nas cabichas), achegándonos ao concepto de drogas e dependencia, e visualizando os efectos prexudiciais na saúde do fume do tabaco.

( categories: )

PROXECTO RÍOS: EXPOSICIÓN ESFERA DA AUGA

Enviado por eriasvilas o Xov, 26/06/2014 - 12:32

 Aproveitando a inclusión do IES no Plan Proxecta: Proxecto Ríos e coincidindo coa celebración do Ano Internacional da Esfera da Auga (2013) , o Departamento descargou a exposición "A ESFERA DA AUGA" que foi exposta nos corredores do centro para uso do alumnado durante o último trimestre do curso:

 

esfera da auga

esfera da auga

( categories: )

VISITA A CASA DAS CIENCIAS/DOMUS

Enviado por eriasvilas o Xov, 26/06/2014 - 12:12

Os alumn@s de 3º ESO realizaron unha visita á Casa das Ciencias e á Domus o xoves 23 de xaneiro, coa cooperación do Departamento de Física e Química.

 

visita Domus 1domusdentro da Domus

( categories: )

PROXECTO RÍOS: CAMPAÑA DE OUTONO

Enviado por eriasvilas o Mér, 25/06/2014 - 07:29

O mércores 30 de outubro o alumnado de 1º ESO B e de PCPI II fixo a primeira saída ao tramo de río Pardiñas/Da, asignado ao noso IES dentro do Proxecto Ríos, para realizar un mostreo de auga e de bioindicadores (Macroinvertebrados) da calidade desta. Nesta ocasión, o profesorado de Ciencias estivo acompañado dun dos coordinadores do Proxecto Ríos, Paco Bañobre.

Aquí quedan algunhas das fotos da saída e o link ao vídeo da xornada:

 

 saída outubro

 mostreo no río

 buscando macroinvertebrados

 

( categories: )
Distribuir contido