Plans e Proxectos

PLAN DIRECCIÓN 2023-2027

Enviado por admin o Dom, 19/02/2023 - 15:56

( categories: )

POLOS CREATIVOS

Enviado por admin o Ven, 04/11/2022 - 09:33
04/11/2022 13:23
Atlantic/Bermuda


A Consellería de Educación, a fins do pasado curso, convocou un proceso de selección de proxectos para a creación dun espazo de traballo por competencias e aberto á comunidade. A este programa, denominado POLOS CREATIVOS, accedimos centros de todas as etapas de Galicia. Dos presentados, foron seleccionados só 138 na primeira quenda e, deles, só 75 acceden ao programa. Nós ocupamos o posto número 37.

Esta circunstancia fainos beneficiarios dunha dotación de materiais por valor duns 30.000 euros que xa están no centro, pendentes de instalación, e dunha pequena obra de adaptación de espazos que xa está aprobada pola Xefatura Territorial.

Esta moi boa nova é algo que queremos compartir coa comunidade educativa á que, por suposto, estará aberto o centro, planificando actividades conxuntas que proxecten un servizo.

Parabéns, polo tanto!

 

 

 

( categories: )

PLAN DIXITAL DO CENTRO

Enviado por admin o Mar, 05/07/2022 - 13:02

O Plan Dixital do centro forma parte da estratexia dixital do mesmo. Recóllese nun documento que se recolle no Proxecto Educativo do Centro e que foi presentado ao claustro de profesorado o 15 de xuño de 2022 e aprobado polo Consello Escolar o día 30 de xuño de 2022.

 

Accede/Consulta o PLAN DIXITAL DO IES POETA DÍAZ CASTRO

 

 

 

 

( categories: )
Distribuir contido