Rúa Xermade, s/n 27300 - Guitiriz Tel.: 982 87 03 42 Fax: 982 87 03 49 Correo electrónico: ies.diaz.castro@edu.xunta.es
Rúa Xermade, s/n 27300 - Guitiriz Tel.: 982 87 03 42 Fax: 982 87 03 49 Correo electrónico: ies.diaz.castro@edu.xunta.es
Iniciar sesión |
Física e QuímicaPremios Nobel de Física e de Química 2013Enviado por asancheze o Dom, 20/10/2013 - 15:07
A Real Academia de Ciencias de Suecia otorgou o Premio Nobel de Física 2013 ao británico Peter Higgs e ao belga François Englert, mentres que o de Química recaeu en mans do austríaco Martin Kaplus, do británico Michael Levitt e do israelí AriehWarshel. Os dous primeiros, de 84 e 80 años de idade respectivamente, foron os responsables principais no achádego do bosón de Higgs, tamén coñecido como a “partícula de Deus”, unha partícula subatómica que explica a orixe da masa, e como consecuencia, da existencia mesma do Universo tal e como o coñecemos. Estes argumentos foron utilizados polo comité Nobel para xustificar o outorgamento do premio a estes célebres físicos, quenes expresaron que esperan que o recoñecimento axude a xerar consciencia sobre a importancia da investigación imaxinativa. Se ben a existencia do bosón de Higgs foi formulada teoricamente en 1964, foi en xullo do ano pasado cando se confirmou a súa existencia grazas ás investigacións que se realizaron no Gran Colisionador de Hadróns (LHC), o acelerador de partículas máis grande do mundo, situado baixo terra, na fronteira entre Suiza e Francia. Doutra banda, os científicos Martin Kaplus, Michael Levitt e AriehWarshel compartirán 1,2 millóns de dólares cos que está dotado o Premio Nobel de Química 2013. Segundo a academia, a súa labor destaca polo desenvolvemento de modelos multiescala para sistemas químicos complexos. Na década de 1970 os investigadores premiados sentaron as bases dos potentes programas que son usados para comprender e predicir procesos químicos, uns modelos informáticos que replican a vida real e que se converteron nun dos avances máis cruciais para a Química actual. Os premios serán entregados nunha cerimonia que se realizará o próximo 10 de decembro coincidindo co aniversario do pasamento do seu precursor, Alfred Nobel.
Fuente: Universia Chile ( categories: )
Química e xoiasEnviado por asancheze o Dom, 20/10/2013 - 09:29
A que non sabiades que a Química inflúe tanto nas nosas vidas, que incluso podedes atopar fórmulas desenvolvidas de compostos orgánicos en xoiaría? Fixádevos.
Xoias para regalar nunha ocasión especial. Pendentes coas bases da vida, o ADN e o ARN: adenina, timina, citosina, guanina e uracilo.
Aquí, un colgante de Serotonina, un aminoácido que induce ao sono, á felicidade, á relaxación e á satisfacción.
( categories: )
Materias impartidas polo DepartamentoEnviado por asancheze o Ven, 18/10/2013 - 06:21
( categories: )
DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICAEnviado por asancheze o Mér, 16/10/2013 - 05:09
"Me lo contaron y lo olvidé; lo vi y lo entendí; lo hice y lo aprendí" Confucio
O Departamento está integrado unicamente por:
ANA Mª SÁNCHEZ EXPÓSITO Xefa do Departamento
( categories: )
|
Eventos
MEDIACIÓN DÍAZ CASTROEnlace ao espazo de Mediación: contacto, novas, actividade...
XUNTA DE DELEGADOSEnlace ao espazo da Xunta de Delegados: actividade, contacto, novas... FORO DA COMUNIDADEEnlace ao espazo do Foro da Comunidade, o noso espazo de diálogo e toma de decisións. |