Equipo directivo

Membros do equipo directivo

Enviado por admin o Ven, 28/01/2011 - 12:37

DIRECTOR

Julio J. González Iglesias

 VICEDIRECTOR

 Fernando Ulla Lorenzo

 SECRETARIO

Francisco José Loureiro González

 XEFA DE ESTUDOS

 Susana Vázquez Regueiro

( categories: )

Novo premio para o IES POETA DÍAZ CASTRO

Enviado por admin o Sáb, 11/06/2022 - 12:01

Unha vez máis, o traballo do noso alumnado é premiado. Esta vez tocoulle ao OLLOBOI , en Boiro, a onde acudiron o venres pasado para pasar unha xornada de convivencia e festiva, acompañados por Miguel Angel Barreiro e Fátima Castro.

Sobra dicir, que este novo premio demostra que hai outras maneiras de facer cousas, de aprender, de ensinar... e que non todo se aprende sentados nunha cadeira amarrados a unha mesa...

BRAVO, RAPAZADA!!!!! O premio é voso. O resto só somos comparsas...

 

( categories: )

BECAS CURSO 2022-2023

Enviado por admin o Xov, 31/03/2022 - 08:11

 

 

Publicada a convocatoria de becas e axudas para estudantes que no curso 2022-2023 cursen ensinanzas postobrigatorias (Bacharelato, Ciclos Medio ou Superior de FP, Universidade).

Prazo para a presentación de solicitudes: do 30 de marzo ao 12 de maio de 2022.

Pode obterse información completa sobre a convocatoria AQUÍ.

Tamén podes informarte na páxina do Ministerio de Educación, Becas y ayudas.

Para obter información acerca de ónde e cómo presentar a solicitude, sigue este ENLACE.

É importante lembrar que calquera solicitude debe presentarse no prazo indicado, aínde que o estudante non saiba o que vai estudar, ou mesmo non saiba se vai estudar ou non.

 

 

 

Distribución de máscaras entre o alumnado

Enviado por admin o Ven, 19/11/2021 - 05:43

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade ven de publicar a Orde que regula o procedemento para distribución de máscaras entre o alumnado.

Será beneficiario deste reparto o alumnado que resultou beneficiario das axudas de material escolar.

O resto do alumnado, deberá cursar solicitude e cumprir o requisito de pertencer a unha familia con renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €, ou estar matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou ter unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con indepencia da renda familiar.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 26 de novembro de 2021. Deberán achegar, xunto coa solicitude (Anexo I):

a) Documento de comprobación de datos (Anexo II).

b) Copia do libro de familia onde figure o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

c) Certificado do grao de discapacidade, se fose o caso.

d) Documentacion xustificativa da situación de violencia de xénero, se fose o caso.

e) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento, se fose o caso.

g) Certificado de convivencia, se fose o caso.

 

Información completa na ORDE do 28 de outubro de 2021.

ANEXO I

ANEXO II

 

 

 

 

 

( categories: )

FIN DE CURSO 19-20. CALENDARIOS

Enviado por admin o Ven, 19/06/2020 - 17:25

Como a todo, a este curso tamén lle chegou o seu final. Foi sen dúbida un ano académico atípico no que todos os membros da comunidade educativa tivemos que aprender un novo xeito de relacionarnos. O equipo docente do IES POETA DÍAZ CASTRO quere agradecer toda a colaboración recibida por parte das familias e felicitar ao alumnado, que con carácter xeral, soubo adaptarse á situación inesperada e excepcional que vivimos neste derradeiro trimestre. NORABOA A TODOS/AS!!

Nos cadros que figuran a continuación, móstrase o calendario previsto para entrega de chaves de taquilla, entrega de ordenadores e libros, recollida de notas, de obxectos persoais e datas de matrícula por cursos.

 

ENTREGA DE CHAVES DE TAQUILLAS, ORDENADORES E LIBROS DE PRÉSTAMO DA BIBLIOTECA;

RECOLLIDA DE OBXECTOS PERSOAIS, BOLETÍNS DE NOTAS, SOBRE DE MATRÍCULA, ETC.

Alumnado que este ano cursou... Datas

 

1º ESO

(non teñen que devolver os ordenadores,

quedan con eles para o curso que ven)

 

25 e 26 de xuño

 

2º ESO

 

23 e 25 de xuño

 

3º ESO

 

26 e 29 de xuño

 

4º ESO

 

26 e 29 de xuño

 

1º BAC

 

30 de xuño

 

6º PRIMARIA

(recollen sobres de matrícula)

 

29 e 30 de xuño

 

 

 

DATAS DE MATRÍCULA(só alumnado que promociona ou titula en xuño)

Alumnado que este ano cursou... Matricúlase en... Os días...

 

6º PRIMARIA

 

1º ESO 7 e 8 de xullo

 

1º ESO

 

2º ESO 6 e 7 de xullo

 

2º ESO

 

3º ESO 1 e 2 de xullo

 

3º ESO

 

4º ESO 2 e 3 de xullo

 

4º ESO

 

1º BAC 3 e 6 de xullo

 

1º BAC

 

2º BAC 8 e 9 de xullo

 

 

 

 

 

( categories: )

Doazón de xel hidroalcohólico ao centro

Enviado por admin o Mér, 10/06/2020 - 12:34

De mans do seu representante, Vicente Sanmartín Vigo, vimos de recibir no día de hoxea unha doazón de 40 litros de xel hidroalcohólico por parte da empresa VERTEX Technics ao noso centro.

 

Vicente Sanmartín é membro da nosa comunidade educativa e representante de pais/nais no Consello Escolar.

 

Toda a comunidade educativa quere mostrar e facer chegar a dita empresa o seu agradecemento por esta doazón que pon nas nosas mans unha reserva que, sen dúbida, será de grande utilidade para o cumprimento dos protocolos sanitarios no inicio do vindeiro curso.

 

 

 

 

( categories: )

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS. AXUDAS DO CONCELLO DE GUITIRIZ

Enviado por admin o Ven, 03/04/2020 - 07:36

Información ás familias:

Dende o Concello estanse a incrementar as partidas de emerxencia socialque tradicionalmente se adicaban a cubrir necesidades básicas como: alimentos, vivenda, enxoval, vestido etc…

A partir de agora poderanse subsanar as posibles deficiencias tanto de conexión a internet coma da necesidade doutro tipo de dispositivo.

Por iso toda aquela familia que se vexa afectada neste sentido; non ten máis que poñerse en contacto cos servizos sociais municipais e adaptaranse as solucións ás súas necesidades dos seguintes xeitos:

 

  • Suministro de pendrives con datos adicionais.
  • Axudas económicas para ampliación de contratos de datos.
  • Axudas económicas para a adquisición de dispositivos.

 

Sen máis un cordial saúdo.

 

( categories: )

SESIÓNS LECTIVAS TELEMÁTICAS

Enviado por admin o Ven, 13/03/2020 - 15:55

SESIÓNS LECTIVAS TELEMÁTICAS

 

    A     B     PMAR 
  1º ESO    
  2º ESO   
  3º ESO   
  4º ESO      
  1º BAC     
  2º BAC     
( categories: )
Distribuir contido