Rúa Xermade, s/n 27300 - Guitiriz Tel.: 982 87 03 42 Fax: 982 87 03 49 Correo electrónico: ies.diaz.castro@edu.xunta.es
Rúa Xermade, s/n 27300 - Guitiriz Tel.: 982 87 03 42 Fax: 982 87 03 49 Correo electrónico: ies.diaz.castro@edu.xunta.es
Iniciar sesión |
Xefatura de EstudosAXUDAS MATERIAL ESCOLAR CURSO 2023-2024Enviado por admin o Lun, 22/05/2023 - 06:40
22/05/2023 10:12
Atlantic/Bermuda
Publicada a ORDE do 10 de maio de 2023 (DOG do 19 de maio) que convoca as axudas para material escolar para o curso 2023-2024. O prazo para a presentación de solicitudes abrangue dende o 20 de maio ata o 21 de xuño de 2023, ámbolos dous incluidos. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II). Opcionalmente, poderánse recoller e presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Enlace ao FORMULARIO NORMALIZADO (ED330B-Anexos I e II) Enlace á aplicación FONDOLIBROS
( categories: )
ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023/2024Enviado por admin o Mér, 01/03/2023 - 09:53
Aberto o prazo de presentación de solicitudes para alumnado procedente doutros centros distintos dos adscritos
do 1 ao 20 de marzo de 2023
O impreso de admisión (modelo ED550B) pódese cumplimentar e descargar da web
www.edu.xunta.gal/admisionalumnado
ou ben recoller na secretaría do centro.
As solicitudes poderán presentarse de xeito telemático na aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ ,
ou ben de xeito presencial na secretaría do centro.
( categories: )
MERCADO SOLIDARIO DE NADALEnviado por susana.vazquez.r o Xov, 17/11/2022 - 08:43
17/11/2022 13:35
Atlantic/Bermuda
Imaxe de Gerd Altmann en Pixabay
Por segundo ano consecutivo seguimos coa intención de celebrar un mercado solidario no que dar unha segunda vida a pertenzas que xa non nos resultan imprescindibles. Cremos que o Nadal é un momento óptimo para aprender a elixir un regalo diferente, menos custoso pero non por iso con menor valor... Imos combinar unha e outra idea e, durante este mes de novembro, recolleremos aquelas cousiñas (en bo uso) que desexedes, cos vosos fillos e fillas, ceder para este fin. Aquí revisaremos que están en condicións de ser integradas no mercado e porémolas á disposición do alumnado o día 9 de decembro. Como en ocasións anteriores, a entrega de cada artigo trocarase por un vale co que poder participar no mercado, e os excedentes serán doados aos servizos sociais. Por favor, participade, imos revolucionar a nosa idea de consumo e reutilizar roupa, libros, complementos, xoguetes, aparellos... Somos comunidade!
( categories: )
NOVO PREMIO PARA "DÍAS CONTADOS"Enviado por admin o Ven, 28/10/2022 - 08:11
O día 27 de outubro, o noso alumnado de 2º de Bacharelato desplazouse a Ourense, acompañados polo profesor Julio González, para asistir á gala de entrega de premios da X Edición do OUFF ESCOLA (Ourense Film Festival), invitados pola organización tras a participación no certame coacurtametraxe "Días Contados". No transcurso desta gala, recibiron o premio ao MELLOR GUIÓN. Non nos cansaremos de dicir que se trata dunha mostra máis de que a excelencia, tal e como nós a entendemos, é algo que está bastante máis aló de expedientes, cualificacións, currículos e dos espazos pechados das aulas. O traballo ben feito sempre ten recompensa, e a aprendizaxe require diversidade de enfoques e aproximacións. Non todo se aprende baixo teito. E novamente aquí temos unha mostra. PARABÉNS, rapaces e rapazas!!!
( categories: )
INICIO DO CURSO 2022-2023Enviado por admin o Lun, 05/09/2022 - 07:47
05/09/2022 11:19
Atlantic/Bermuda
A presentación e inicio do curso 2022-2023 terá lugar nos días e horas indicados a continuación:
* Haberá servizo de transporte escolar só para o retorno ao domicilio ás 14 h.O alumnado de Ciclos con idade superior a 16 anos poderá utilizar o transporte escolar coa tarxeta XENTE NOVA. * O alumnado de 3º e 4º de E.S.O. e Bacharelato se incorporará á actividade lectiva normal tras a presentación. Haberá servizo de transporte escolar para a entrada e a saída para o alumnado menor de 16 anos e para o maior de 16 coa tarxerta XENTE NOVA.
Prégase estean atentos/as a calquera modificación destes horarios, que de producirse, será publicada neste mesmo medio.
( categories: )
Axudas Adquisición Material EscolarEnviado por admin o Mér, 20/07/2022 - 06:40
Publicadas no centro as listaxes de axudas para a adquisición de material escolar para o curso 22-23 que foron concedidas. Os/as beneficiados/as poden pasar pola administración do IES a recoller os vales correspondentes en horario de 10 a 13 horas.
( categories: )
Matrícula Ciclo Medio SOLDADURA e CALDEIRARÍAEnviado por admin o Mér, 20/07/2022 - 05:50
20/07/2022 09:34
Atlantic/Bermuda
está aberto o prazo de matrícula no
Ciclo Medio de Soldadura e Caldeiraría
para o alumnado admitido na primeira adxudicación.
Máis información premendo no enlace.
( categories: )
PRAZOS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2022-2023Enviado por admin o Lun, 27/06/2022 - 05:57
Datas en que se formalizará a matrícula dos diferentes cursos para o vindeiro ano académico 2020-2021:
Ao alumnado proposto para FP BÁSICA se lle entregará xunto co boletín de notas:
- ANEXO III - Consentimento de incorporación á FP BÁSICA. Deberá vir debidamente cuberto e asinado por calquera das persoas titulares da patria potestado ou representantes legais. Achegar este documento ao Departamento de Orientación antes do 30 de xuño. De non entregar este documento no prazo que se establece, entenderase que non dan o dito consentiimento.
Horario de atención ao público: LUNS A VENRES DE 9:30 A 13:30
( categories: )
ENTREGA DE BOLETÍNS DE CUALIFICACIÓNSEnviado por admin o Mér, 22/06/2022 - 08:45
A entrega dos boletíns de notas ao alumnado realizarase, a cada grupo na súa aula, o
LUNS 27 DE XUÑO, ÁS 11:00 h.
NOTA: Non haberá servizo de transporte
( categories: )
CICLO MEDIO SOLDADURA E CALDEIRARÍA NO IES POETA DÍAZ CASTROEnviado por admin o Mér, 15/06/2022 - 05:46
Segundo dita oferta, no IES POETA DÍAZ CASTRO se impartirán, no vindeiro curso, os estudos de Formación Profesional de Grao Medio de Soldadura e Caldeiraría. O prazo de solicitude de admisión ábrese o día 23 de xuño e remata o día 5 de xullo. Pódese consultar toda a información sobre prazos neste enlace. A solicitude deberá realizarse mediante o asistente informático vía web para todos os réximes e graos, agás para o segundo curso do réxime ordinario. Toda a información relacionada con este proceso de admisión pode consultala no enlace seguinte:
ADMISIÓN AO CICLO DE GRAO MEDIO
Noticias relacionadas coa Formación Profesional.
( categories: )
![]() |
Eventos |