NOVO PREMIO PARA "DÍAS CONTADOS"

Enviado por admin o Ven, 28/10/2022 - 08:11

O día 27 de outubro, o noso alumnado de 2º de Bacharelato desplazouse a Ourense, acompañados polo profesor Julio González, para asistir á gala de entrega de premios da X Edición do OUFF ESCOLA (Ourense Film Festival), invitados pola organización tras a participación no certame coacurtametraxe "Días Contados". No transcurso desta gala, recibiron o premio ao MELLOR GUIÓN.

Non nos cansaremos de dicir que se trata dunha mostra máis de que a excelencia, tal e como nós a entendemos, é algo que está bastante máis aló de expedientes, cualificacións, currículos e dos espazos pechados das aulas. O traballo ben feito sempre ten recompensa, e a aprendizaxe require diversidade de enfoques e aproximacións. Non todo se aprende baixo teito. E novamente aquí temos unha mostra.

PARABÉNS, rapaces e rapazas!!!

 

( categories: )