Rúa Xermade, s/n 27300 - Guitiriz Tel.: 982 87 03 42 Fax: 982 87 03 49 Correo electrónico: ies.diaz.castro@edu.xunta.es
Rúa Xermade, s/n 27300 - Guitiriz Tel.: 982 87 03 42 Fax: 982 87 03 49 Correo electrónico: ies.diaz.castro@edu.xunta.es
Iniciar sesión |
MúsicaPROBAS DE SETEMBRO 2020_DEPARTAMENTO DE MÚSICAEnviado por admin o Lun, 29/06/2020 - 05:56
PROBAS EXTRAORDINARIAS DE SETEMBRO 2019/20 DEPARTAMENTO DE MÚSICA O alumnado de música, utilizará o material entregado durante as clases presenciais da primeira e segunda avaliación e o material publicado na súa aula virtual en classroom, para preparar as probas que deberá realizar para recuperar a materia na aula de música no mes de setembro, segundo o horario que se publique desde a xefatura de estudos. 1. Interpretación vocal, lendo, cantando ou cun instrumento musical , dalgún dos temas musicais traballados ao longo do curso. O alumnado dispón de materiais en classroom para preparar este exercicio, si ten algunha dúbida, poderá consultala ata o 10 de xullo vía gmail a aulamusicadiazcastro@gmail.com. 2. Interpretación rítmica, dos exercicios de ritmo de mans e ritmo corporal, seguindo os vídeos tutoriais de axuda para a realización da tarefa, que se atopan en classroom. 3. Exposición oral dun máximo de tres minutos, sobre un instrumento galego. O alumnado poderá facer este traballo coa información do instrumento/s traballados en classroom, ou ben preparar a exposición oral doutro instrumento galego sobre o que decida investigar este verán. A exposición oral, realizarase cun guión na man, e entregarase o esquema e resumo do traballo investigado por escrito á profesora. Os traballos presentaranse seguindo as pautas que podedes atopar no blog da biblioteca, picando no enlace. Esta exposición oral de setembro, farase seguindo as normas e pautas xerais establecidas para a realización destas probas durante o curso escolar. -Realización dun GUIÓN, (que o alumnado utilizará para facer a exposición). -Presentación dun ESQUEMA, organizado e completo coas cinco ideas ou argumentos principais e secundarios investigados. - Presentación dun RESUME do instrumento investigado. -O alumnado poderá utilizar, fotografías, audio ou algún fragmento de vídeo, para completar visualmente con imaxes a información que ten preparada. A presentación do instrumento, non será inferior a dous minutos, nin superior a tres.
Departamento de Música. ( categories: )
MúsicaEnviado por tenreirodoldan o Xov, 27/10/2011 - 08:45
DEPARTAMENTO DE MÚSICA Sandra Tenreiro Doldán Xefa do departamento ( categories: )
![]() |
|