Rúa Xermade, s/n 27300 - Guitiriz Tel.: 982 87 03 42 Fax: 982 87 03 49 Correo electrónico: ies.diaz.castro@edu.xunta.es
Rúa Xermade, s/n 27300 - Guitiriz Tel.: 982 87 03 42 Fax: 982 87 03 49 Correo electrónico: ies.diaz.castro@edu.xunta.es
Iniciar sesión |
Benvid@s á web do I.E.S. POETA DÍAZ CASTROEnviado por admin o Ven, 27/11/2020 - 06:40
AXUDAS MATERIAL ESCOLAR CURSO 2023-2024Enviado por admin o Lun, 22/05/2023 - 06:40
22/05/2023 10:12
Atlantic/Bermuda
Publicada a ORDE do 10 de maio de 2023 (DOG do 19 de maio) que convoca as axudas para material escolar para o curso 2023-2024. O prazo para a presentación de solicitudes abrangue dende o 20 de maio ata o 21 de xuño de 2023, ámbolos dous incluidos. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II). Opcionalmente, poderánse recoller e presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Enlace ao FORMULARIO NORMALIZADO (ED330B-Anexos I e II) Enlace á aplicación FONDOLIBROS
( categories: )
A nosa alumna YANIRA GUIZÁN, convocada para a selección española de fútbol salaEnviado por admin o Ven, 05/05/2023 - 08:16
Según nos conta a propia Yanira: "Esta convocatoria coa selección española foi espectacular, fun disputar dous partidos amistos contra Portugal os cales gañamos os dous. O primeiro 1-7 e o segundo 0-4. Para min foi un orgullo ir convocada e creo que foi un mérito a todos estes anos de esforzo dentro e fora da pista." E non só para ela debe ser motivo de orgullo, senón que ese sentimento é compartido por toda a nosa comunidade educativa. "Estiven cun grupo de 12 xogadoras (contandome a min) espectacular, levome amigas para toda e vida e tanto dentro como fora da pista eramos un grupo muy forte e unido."
"Xa pa rematar quero desatacar que a miña intención e que esta sexa a primeira de moitas e que oxalá algún dia poida estar na seleccion absoluta que é una das cousas a que todas as xogadoras aspiramos."
Estamos seguros de que algún día a veremos ocupando ese posto na selección absoluta que, sen dúbida, merece.
¡¡¡ NORABOA !!!
( categories: )
PARTICIPACIÓN NO RALLY MATEMÁTICO 2023Enviado por admin o Mar, 18/04/2023 - 04:26
18/04/2023 08:22
Atlantic/Bermuda
Este concurso está destinado aos estudantes dos seguintes cursos: 1º, 2º, 3º e 4º de Matemáticas da ESO; en grupos de 8 alumnos e alumnas (pertencentes á mesma clase). Este ano participaron 8 alumnos de 2º da Eso B. Nos outros grupos non se deron conseguido oito participantes para formar un equipo. A proba consistiu na resolución de 5 problemas o martes 11 de abril ás 4 da tarde. A proba tiña unha hora de duración, podían enviar as respostas breves o máis rápido que puidesen a partir das 16:10 horas e logo podían enviar a resposta máis detallada ata as 17:15 horas. Os obxectivos eran:
Material a empregar:
Foi unha actividade na que pasaron un rato agradable , pois quedáronse a comer todos na cafetería do centro ( invitados polo instituto) e acompañados polo profesor Xosé, e logo traballaron en equipo para a resolución dos problemas. Aquí estiveron acompañados dos profesores do Departamento de Matemáticas Fran, Xosé e Ángeles.
BECAS CURSO 2022-2023Enviado por admin o Lun, 27/03/2023 - 11:23
27/03/2023 15:19
Atlantic/Bermuda
O alumnado que o vindeiro curso vaia realizar estudos de Bacharelato, Formación Profesional, FP de grao básico, ensinanzas artísticas, deportivas, de idiomas ou estudos Universitarios , pode solicitar beca para o curso 2023_24.
Desde hoxe e ata o 17 de maio, a través da sede electrónica del Ministerio de Educación e Formación Profesional.
Máis información na web de becas do Ministerio de educación: Difundindo o Servizo de Mediación do IES Poeta Díaz CastroEnviado por admin o Dom, 26/03/2023 - 08:06
26/03/2023 12:00
Atlantic/Bermuda
Compartimos o vídeo de difusión que o Equipo de Mediadores baixo a dirección de Cristina de la Torre creou para dar a coñecer cal é a súa función no noso instituto.
ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023/2024Enviado por admin o Mér, 01/03/2023 - 09:53
Aberto o prazo de presentación de solicitudes para alumnado procedente doutros centros distintos dos adscritos
do 1 ao 20 de marzo de 2023
O impreso de admisión (modelo ED550B) pódese cumplimentar e descargar da web
www.edu.xunta.gal/admisionalumnado
ou ben recoller na secretaría do centro.
As solicitudes poderán presentarse de xeito telemático na aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ ,
ou ben de xeito presencial na secretaría do centro.
( categories: )
Novas Normas de Organización e FuncionamentoEnviado por admin o Mar, 07/02/2023 - 05:43
07/02/2023 09:38
Atlantic/Bermuda
Durante o pasado mes de febreiro o Claustro e Consello Escolar do IES Poeta Díaz Castro aprobaron as novas Normas de Organización e Funcionamento. Na súa elaboración participaron profesores, alumnos e familias, baixo a dirección da Comisión de Convivencia do centro. Compartimos, aquí, o documento, co interese de difundilo entre toda a comunidade educativa. ENLACE ÁS NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DO IES POETA DÍAZ CASTRO (V. 02/2023) POLOS CREATIVOSEnviado por admin o Ven, 04/11/2022 - 09:33
04/11/2022 13:23
Atlantic/Bermuda
A Consellería de Educación, a fins do pasado curso, convocou un proceso de selección de proxectos para a creación dun espazo de traballo por competencias e aberto á comunidade. A este programa, denominado POLOS CREATIVOS, accedimos centros de todas as etapas de Galicia. Dos presentados, foron seleccionados só 138 na primeira quenda e, deles, só 75 acceden ao programa. Nós ocupamos o posto número 37. Esta circunstancia fainos beneficiarios dunha dotación de materiais por valor duns 30.000 euros que xa están no centro, pendentes de instalación, e dunha pequena obra de adaptación de espazos que xa está aprobada pola Xefatura Territorial. Esta moi boa nova é algo que queremos compartir coa comunidade educativa á que, por suposto, estará aberto o centro, planificando actividades conxuntas que proxecten un servizo. Parabéns, polo tanto!
( categories: )
PROXECTO DE FORMACIÓN PARA O PROFESORADOEnviado por admin o Ven, 04/11/2022 - 09:21
04/11/2022 13:12
Atlantic/Bermuda
O equipo docente do IES POETA DÍAZ CASTRO está inmerso nun proxecto de formación permanente. Para este curso, as iniciativas, xa comezadas son as que seguen:
As sesións de formación, que se realizan durante as tardes dos mércores, comezaron, xa, este pasado día 2 de novembro e están programadas ata marzo do 2023. ![]() |
|