Rúa Xermade, s/n 27300 - Guitiriz Tel.: 982 87 03 42 Fax: 982 87 03 49 Correo electrónico: ies.diaz.castro@edu.xunta.es
Rúa Xermade, s/n 27300 - Guitiriz Tel.: 982 87 03 42 Fax: 982 87 03 49 Correo electrónico: ies.diaz.castro@edu.xunta.es
Iniciar sesión |
INICIO DO CURSO 2019-2020Enviado por admin o Mér, 11/09/2019 - 07:24
PRESENTACIÓN DE TODOS OS CURSOS: LUNS, 16 DE SETEMBRO 12:30 h. (ata as 13:30) Haberá transporte escolar
COMENZO DAS CLASES: MARTES, 17 DE SETEMBRO 8:30 h.
( categories: )
CURSO 2020-2021. LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAREnviado por admin o Ven, 19/07/2019 - 05:47
Segundo foi aprobado en claustro de profesorado, estes serán os libros de texto e o material escolar a utilizar no centro no curso 2020-2021:
* En 1º e 2º cursos de E.S.O. non hai axudas do FONDO LIBROS, xa que nestes dous cursos seguiremos adscritos ao programa E-DIXGAL no caso do 1º curso e incorpórase ao programa o 2º curso. ( categories: )
Avaliación da actividade do roteiroEnviado por admin o Dom, 16/06/2019 - 17:48
Agora podes avaliar a actividade dos roteiros simplemente enchendo un formulario. Pica na imaxe para acceder ao formulario e facer a túa avaliación. Grazas.
( categories: )
Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquisición material escolar 2019-2020Enviado por admin o Mér, 05/06/2019 - 03:30
No Diario Oficial de Galicia correspondente ao 20 de maio de 2019, aparece publicada a Orde do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2019/20 (código de procedemento ED330B). Prazo para presentar solicitudes
Para presentación electrónica, entre nesta aplicación premendo o botón na esquina superior dereita da pantalla ou facendo clic aquí. Para presentación presencial: enlace a Anexo I e II
Para máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia: enlace
Manual de usuario para os cidadáns: enlace
( categories: )
ENQUISA-ESTUDO SOBRE O USO DAS DISTINTAS LINGUAS NO I.E.S.Enviado por admin o Lun, 20/05/2019 - 04:46
Co obxectivo de actualizar os datos dos que dispoñemos no centro acerca do uso das distintas linguas no centro e poder así tamén actualizar o noso proxecto lingüístico (tal e como é preceptivo), o alumnado deberá responder á enquisa á que se pode acceder dende a seguinte ligazón (non vos leva nada facela, tardades máis en pensalo que en facelo):
( categories: )
EXAMES FINAIS 2º BACHARELATO 2018-2019Enviado por admin o Mar, 30/04/2019 - 05:14
30/04/2019 10:07
Atlantic/Bermuda
Podes consultar e descargar o calendario dos exames finais do segundo curso de Bacharelato premendo na imaxe de abaixo:
( categories: )
Suspensión da Actividade LectivaEnviado por admin o Ven, 01/02/2019 - 08:04
AVISO IMPORTANTE:
Coa finalidade de garantir a seguridade do alumnado transportado, e debido ás inclemencias meteorolóxicas, suspéndese a actividade lectiva (clases). ( categories: )
Libros de texto para o 1º curso de E.S.O. 2018-2019Enviado por admin o Mér, 01/08/2018 - 10:51
Segundo a información que nos facilitan desde a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, o noso centro incorporase no ano académico 2018-2019 ao proxecto E-Dixgal no curso 1º ESO .
( categories: )
Viaxe a LondresEnviado por admin o Ven, 29/04/2016 - 05:36
Pois xa foron e xa voltaron. Entre os días 18 e 22 de abril, un grupo de 36 alumnos e alumnas de 3º e 4º de E.S.O. viaxaron a Londres nunha viaxe de estudos na que tiveron ocasión de visitar os lugares máis representativos da cidade e, por suposto, poñer en práctica os seus coñecementos da lingua inglesa. Estiveron acompañados por Elena Haz e Julio González.
A semana foi fructífera, incluindo visitas ao Museo de Historia Natural, Museo da Ciencia, National Gallery, Palacio de Buckingham, Picadilly Circus, Trafalgar Square, Big Ben, London Eye, Candem Town,... E disfrutando todos os días dun tempo maravilloso! Na GALERÍA iremos subindo fotos da viaxe...
( categories: )
XVII Concurso de Relato e Debuxo Filloa 2016Enviado por admin o Ven, 29/04/2016 - 05:24
Felicitacións, Manuel!
( categories: )
![]() |
tiempo en GuitirizEventos
|