Rúa Xermade, s/n 27300 - Guitiriz Tel.: 982 87 03 42 Fax: 982 87 03 49 Correo electrónico: ies.diaz.castro@edu.xunta.es
Rúa Xermade, s/n 27300 - Guitiriz Tel.: 982 87 03 42 Fax: 982 87 03 49 Correo electrónico: ies.diaz.castro@edu.xunta.es
Iniciar sesión |
Como se fixo... IIEnviado por admin o Sáb, 10/05/2014 - 11:32
Segunda entrega do "Como se fixo", con imaxes inéditas, entrevistas aos participantes no proxeto, e moitas sorpresas. Podedes velo accedendo ao BLOGUE DA BIBLIOTECA, ou ben directamente aquí. ( categories: )
"Vivir aquí": Guitiriz na TVGEnviado por admin o Sáb, 10/05/2014 - 10:49
Facendo camiño... ( categories: )
Como se fixo... IEnviado por admin o Mar, 06/05/2014 - 04:04
Os proxetos empezan a tomar forma. Moito traballo, moita adicación, moita ilusión,... E o resultado... Xa se verá. De momento, dende a Biblioteca nos deixan a primeira entrega do "Como se fixo", con imaxes inéditas, entrevistas aos participantes no proxeto, e moitas sorpresas. Podedes velo accedendo ao BLOGUE DA BIBLIOTECA, ou ben pinchando directamente sobre a imaxe. Estade atentos, porque haberá máis entregas... ( categories: )
FOTOGRAFÍA MATEMÁTICAEnviado por admin o Lun, 28/04/2014 - 08:16
A fotografía galardonada é a que podedes ver nesta nova, e leva por título OVOS CONCÉNTRICOS.
Parabéns, Lucía!
( categories: )
Saímos na RadioEnviado por admin o Xov, 10/04/2014 - 05:00
10/04/2014 08:30
10/04/2014 14:00
Etc/GMT+1
Como? Hai dúas opcións: ou ben sintonizando o dial 87.7 da FM, ou ben a través da web RADIOYTELE. PONTE EN ANTENA!
( categories: )
Tralas pegadas de Díaz Castro na EducaBarriéEnviado por admin o Xov, 10/04/2014 - 04:36
Tralas pegadas de Díaz Castro: un roteiro interactivo pola poesía, o lugar e a persoa
na páxina web de Educa Barrié. ENLACE
( categories: )
Lectura de PoemasEnviado por admin o Xov, 10/04/2014 - 04:26
03/04/2014 10:10
03/04/2014 12:20
Etc/GMT+1
Como xa ven sendo case tradición, tamén este ano, da man da Biblioteca do IES POETA DÍAZ CASTRO, un grupo de alumnos/as desplazáronse aos colexios de Educación Infantil e Primaria adscritos ao noso centro para compartir cos pequenos e futuros compañeiros unha boa ración de poesía e literatura. Acompañados/as polo profesor SANTIAGO DANS, o xoves 3 de abril visitaron o CEIP LAGOSTELLE, o CEIP SANTO ESTEVO DE PARGA e o CEIP DA CASTELLANA. Non temos dúbida de que todos, visitantes e anfitrións disfrutaron da xornada. ( categories: )
Visita a LugoEnviado por admin o Xov, 10/04/2014 - 04:13
24/03/2014 08:30
24/03/2014 19:00
Etc/GMT+1
Así, puideron visitar o MUSEO ARQUEOLÓXICO PROVINCIAL de Lugo, levar a cabo un paseo por "Lucus Augusti" e a Muralla Romana e coñecer o Centro de Interpretación da Muralla e a Casa dos Mosaicos. Xa pola tarde, asistiron á representación teatral da "Aulularia" de Plauto, no Auditorio "Gustavo Freire".
( categories: )
Obradoiro de fotografíaEnviado por admin o Xov, 10/04/2014 - 04:06
31/03/2014 11:30
31/03/2014 14:10
Etc/GMT+1
O luns 31 de marzo, e formando parte do noso proxecto "Fotografía en curso", dentro do Plan Proxecta, desenvolveuse un obradoiro de fotografía co reputado artista VARI CARAMÉS. Neste obradorio puido participar o alumnado de Educación Plástica e Visual de 4º de E.S.O., coa coordenación da profesora Nuria Pena. ( categories: )
19 de febreiro: Centenario nacemento Díaz Castro e presentación EDUCABARRIÉEnviado por admin o Lun, 24/02/2014 - 09:16
Tanto o alumnado de A Coruña, como o de Friol, comezaron a súa xornada en Guitiriz cunha visita, guiada por alumnos/as, das instalacións do IES POETA DÍAZ CASTRO. Tra-la visita procedeuse ao visionado no Salón de Actos do documental "A Lus do Mundo", realizado no nos instituto o pasado curso. Tras a proxección, realizáronse diversos xogos e actividades no propio salón de actos, antes de sair a "invadir" as escaleiras e recibidor do centro para levar a cabo unha "performance" con música, cantos e curiosa percusión, da que daremos debida conta en canto dispoñamos do material... Ao mesmo tempo tiña lugar no noso IES a reunión de presentación dos 5 Proxectos de Innovación Educativa que foron seleccionados por EDUCABARRIÉ na súa Convocatoria de Proxectos Escolares 2013/14. O Director da Fundación Barrié, Javier López, a Directora de Investigación e EducaBarrié, María José Mariño e a Asesora educativa de EducaBarrié, Susana Vázquez, reuniron en Guitiriz ao profesorado que desenvolve os proxectos - Fala Londres do Instituto Español Cañada Blanch de Londres, profesor Xaime Varela. - Ciencia cidadán na escola do IES David Buján, profesor José Viñas. - Construíndo a cultura do pensamento eficaz hoxe para mañá do C.P.R. San José de Pontedeume, profesora M. T. Iglesias Polo. - Proxecto de colaboración A Xunqueira-Amencer, do Centro Integrado A Xunqueira de Pontevedra, profesor M. Pérez Hernández; e - Tralas pegadas de Díaz Castro. Un roteiro interactiva pola poesía, o lugar e a persoa, do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, profesora Olga Aguiar. Deuse conta do elevado nivel das intervencións educativas seleccionadas, o seu rigor e capacidade de aglutinar intereses moi variados do profesorado para mellorar a práctica docente, a captación do talento do alumnado e os incentivos en coñecemento e implementación das novas didácticas e tecnoloxía nas aulas. Todos os proxectos serán elaborados neste curso escolar e poranse a disposición da comunidade educativa co compromiso de compartir e espallar as súas experiencias. Unha oportunidade para visibilizar a capacidade do profesorado con inquedanzas e desexo de formación permanente. Para o noso Centro unha oportunidade máis de desenvolver un proxecto interdisciplinar, vinculado á cultura e entorno do alumnado.
![]() |
|