Benvid@s á web do I.E.S. POETA DÍAZ CASTRO

Enviado por admin o Mér, 08/11/2006 - 08:50

Pica na imaxe para acceder á web que recolle todo o noso traballo

 

 

  Centro seleccionado pola Fundación Barrié para participar na Convocatoria de Proxectos Escolares no curso 2013-2014, na modalidade "Proxecto Colaborativo e Intercentros", polo proxecto:

TRALAS PEGADAS DE DÍAZ CASTRO. UN ROTEIRO INTERACTIVO POLA POESÍA, O LUGAR E A PERSOA
   Centro participante no Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares (PLAMBE) de Galicia

CURSO 2018-2019. CALENDARIO PROBAS EXTRAORDINARIAS SETEMBRO.

Enviado por admin o Ven, 19/07/2019 - 08:20

Podes consultar aquí o calendario de exames extraordinarios da convocatoria de setembro do curso 2018-2019:

 

CALENDARIO POR DATA

 

CALENDARIO POR CURSOS/MATERIAS

( categories: )

CURSO 2019-2020. LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Enviado por admin o Ven, 19/07/2019 - 06:47

Segundo foi aprobado en claustro de profesorado o 8 de maio de 2019, estes serán os libros de texto e o material escolar a utilizar no centro no curso 2019-2020:

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 19-20

 

MATERIAL ESCOLAR CURSO 19-20

 

* En 1º e 2º cursos de E.S.O. non hai axudas do FONDO LIBROS, xa que nestes dous cursos seguiremos adscritos ao programa E-DIXGAL no caso do 1º curso e incorpórase ao programa o 2º curso.

( categories: )

Avaliación da actividade do roteiro

Enviado por admin o Dom, 16/06/2019 - 18:48

Agora podes avaliar a actividade dos roteiros simplemente enchendo un formulario.

Pica na imaxe para acceder ao formulario e facer a túa avaliación. Grazas.

 

                                                                       

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquisición material escolar 2019-2020

Enviado por admin o Mér, 05/06/2019 - 04:30

No Diario Oficial de Galicia correspondente ao 20 de maio de 2019, aparece publicada a Orde do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2019/20 (código de procedemento ED330B).

 
Prazo para presentar solicitudes
  •  O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2019 (este incluído).

 

Para presentación electrónica, entre nesta aplicación premendo o botón na esquina superior dereita da pantalla ou facendo clic aquí.

Para presentación presencial: enlace a Anexo I e II

 

Para máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia: enlace

 

Manual de usuario para os cidadáns: enlace

 

 

( categories: )

ENQUISA-ESTUDO SOBRE O USO DAS DISTINTAS LINGUAS NO I.E.S.

Enviado por admin o Lun, 20/05/2019 - 05:46

Co obxectivo de actualizar os datos dos que dispoñemos no centro acerca do uso das distintas linguas no centro e poder así tamén actualizar o noso proxecto lingüístico (tal e como é preceptivo), o alumnado deberá responder á enquisa á que se pode acceder dende a seguinte ligazón (non vos leva nada facela, tardades máis en pensalo que en facelo):

 

                                                                                      

EXAMES FINAIS 2º BACHARELATO 2018-2019

Enviado por admin o Mar, 30/04/2019 - 06:14
30/04/2019 10:07
Atlantic/Bermuda

Podes consultar e descargar o calendario dos exames finais do segundo curso de Bacharelato premendo na imaxe de abaixo:

 

( categories: )

Suspensión da Actividade Lectiva

Enviado por admin o Ven, 01/02/2019 - 09:04

AVISO IMPORTANTE:

 

Coa finalidade de garantir a seguridade do alumnado transportado, e debido ás inclemencias meteorolóxicas,

suspéndese a actividade lectiva (clases).

( categories: )

Libros de texto para o 1º curso de E.S.O. 2018-2019

Enviado por admin o Mér, 01/08/2018 - 11:51

Segundo a información que nos facilitan desde a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, o noso centro incorporase no ano académico 2018-2019 ao proxecto E-Dixgal no curso 1º ESO .


Polo tanto, informamos que, segundo o establecido no artigo 1º.2 da Orde
do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2018/19 (DOG do 21 de maio):


O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2018/19 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar, así como ás establecidas na disposición adicional primeira e segunda, se reúne os requisitos establecidos na orde.

Así pois, quedan sen efectos todas as actuacións relacionadas co fondo solidario de libros de texto nos cursos en que o centro se incorpore a E-Dixgal (1º de E.S.O.). O alumnado non deberá realizar ningunha adquisición de libros de texto para o curso indicado.

 

( categories: )

INICIO DO CURSO 2018-2019

Enviado por admin o Mar, 12/09/2017 - 15:46

 

PRESENTACIÓN DE TODOS OS CURSOS:

LUNS, 17 DE SETEMBRO

12:30 h. (ata as 13:30)

Haberá transporte escolar

 

 

 

COMENZO DAS CLASES:

MARTES, 18 DE SETEMBRO

8:30 h.

 

 

( categories: )
Distribuir contido