Rúa Xermade, s/n 27300 - Guitiriz Tel.: 982 87 03 42 Fax: 982 87 03 49 Correo electrónico: ies.diaz.castro@edu.xunta.es
Rúa Xermade, s/n 27300 - Guitiriz Tel.: 982 87 03 42 Fax: 982 87 03 49 Correo electrónico: ies.diaz.castro@edu.xunta.es
Iniciar sesión |
VII Concurso "LA MAGIA DE LA ROBÓTICA"Enviado por admin o Ven, 29/04/2016 - 05:04
Un grupo de alumnos/as de bacharelato do noso centro participou no VII Concurso de Robótica "La Magia de la Robótica" no que conseguiron un terceiro premio. Nesta VII convocatoria deste concurso tomaron parte cerca de 2235 alumnos e alumnas de 62 centros educativos de toda Galicia, e 100 profesores e profesoras, polo que o resultado obtido non se pode considerar en absoluto malo. Se queredes saber máis deste concurso, vos deixamos aquí estes enlaces que podedes visitar: http://www.fundacionbarrie.org/programa_robotica_2016 http://www.fundacionbarrie.org/nota_prensa_resolucion_concurso_gallego_robotica
Noraboa! ( categories: )
II Concurso de Microrrelatos Prensa-EscuelaEnviado por admin o Xov, 17/03/2016 - 08:35
O noso compañeiro de 3º de E.S.O. Carlos Ariel Cabana Cendán participa no II Concurso de microrrelatos prensa-escuela con un relato titulado O FERROCARRIL DOS RECORDOS. Imos entre todos/as botarlle unha man dándolle o noso voto no enlace de abaixo: VOTAR RELATO "O FERROCARRIL DOS RECORDOS" Sorte, Carlos! ( categories: )
Premio Extraordinario para Iris VillarEnviado por admin o Xov, 10/03/2016 - 06:42
O pasado venres día 4 día 4 de marzo, a nosa alumna e compañeira IRIS VILLAR LÓPEZ, acompañada pola súa familia e a directora do Instituto, desprazouse a Santiago para recoller o seu Premio Extraordinario de Secundaria á Superación e o Esforzo Persoal. Con estes premios ao esforzo e á superación persoal, a Consellería busca recoñecer e valorar os comportamentos excepcionais dos alumnos e das alumnas que grazas á dedicación e ao esforzo demostrado ao longo da etapa conseguiron superar as súas dificultades de tipo persoal, educativas ou do contorno familiar ou sociocultural, no marco dun ensino comprensivo e integrado. Noraboa, Iris!!
( categories: )
PREMIO NACIONAL DE EDUCACIÓNEnviado por admin o Mar, 17/11/2015 - 06:34
O IES Poeta Díaz Castro recebeu este luns, 16 de novembro, o Premio Nacional de Educación na modalidade de Desenvolvemento de Competencias de Lectoescritura e Audiovisuais polo seu proxecto IES POETA DÍAZ CASTRO: A LUS DO MUNDO, entorno á figura do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2014, o guitiricense Xosé Mª Díaz Castro. O Ministerio recoñece así o traballo do centro docente na difusión da figura do poeta, recollido na web A lus do mundo.
( categories: )
1º PREMIO OUFF Escola 2015Enviado por admin o Mér, 11/11/2015 - 06:30
O OUFF escola é un concurso que ten como obxectivo o fomento da participación do alumnado en proxectos audiovisuais, impulsar a creatividade, o traballo en equipo e o uso do idioma galego. Tamén pretende potenciar a utilización das tecnoloxías da información e comunicación nos centros de ensino e crear un espazo de referencia para a mostra audiovisual feito nas aulas. A gala celebrouse no Auditorio Municipal de Ourense, ás 11 h. e alí acudiu o equipo técnico e artístico que participou na creación de Os Camiños Esquencidos, a curtametraxe realizada polo alumnado do centro no ano 2014 sobre a figura do poeta que dá nome ao noso centro, Xosé María Díaz Castro. Esperabamos voltar con algún premio debaixo do brazo... 1° Premio na categoría "Outros niveis de ensino non universitario" Noraboa a Todos/as ( categories: )
Admisión en FP BásicaEnviado por admin o Ven, 11/09/2015 - 07:43
Publicamos a listaxe de admitidos e non admitidos no ciclo de FPBásica que se impartirá no centro no curso 2015-2016
( categories: )
2º de BACHARELATOEnviado por admin o Mar, 07/07/2015 - 19:59
Eles e elas son: Aldara, Cristina, Paula, Manoli, Carlos, María, Andrea, Elena, Noelia, Christian, Yaiza, Martín, Laura, Esteban, Sabela, Suso, Martín, Noelia, Xurxo, Daniel e Jonathan. A nós, como equipo docente deste centro, só nos queda xa desexarlles o mellor e os maiores éxitos nas súas vidas, fagan o que fagan con elas.
( categories: )
CONCURSO RELATO CURTOEnviado por admin o Mar, 07/07/2015 - 19:51
Por se acaso non visitáchedes o seu blogue últimamente, aquí vos queda o enlace... ( categories: )
RECOÑECEMENTO AOS MELLORES EXPEDIENTESEnviado por admin o Mar, 07/07/2015 - 19:32
O pasado 30 de xuño, estivemos acompañando á nosa alumna e compañeira ELENA COMBO VILAS e á súa familiaa no acto de NORABOA ELENA E SORTE NOS PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO!!
Aquí vos deixamos enlace ao vídeo da entrega de diplomas
Se o que queredes é ver todo o acto, aquí o tedes: MELLORES EXPEDIENTES 2015
( categories: )
PROBAS DE ACCESO Á UNIVERSIDADEEnviado por admin o Ven, 19/06/2015 - 15:38
Un ano máis...
100% DE APROBADOS NAS PAaU
NORABOA A TODOS/AS!!! Pero non só iso... Nos próximos días, daremos conta dos moitos galardóns que o noso alumnado conquista por aí fóra... E é que son todos/as uns fenómenos!! A seguir así!
( categories: )
![]() |
tiempo en GuitirizEventos
|