Rúa Xermade, s/n 27300 - Guitiriz Tel.: 982 87 03 42 Fax: 982 87 03 49 Correo electrónico: ies.diaz.castro@edu.xunta.es
Rúa Xermade, s/n 27300 - Guitiriz Tel.: 982 87 03 42 Fax: 982 87 03 49 Correo electrónico: ies.diaz.castro@edu.xunta.es
Iniciar sesión |
MEDIDAS ORGANIZATIVAS PARA A REALIZACIÓN DOS EXAMES EXTRAORDINARIOS DE SETEMBROEnviado por admin o Ven, 28/08/2020 - 07:19
Para consultar as medidas adoptadas para a realizacións das probas extraordinarias de setembro, siga o seguinte enlace: MEDIDAS ORGANIZATIVAS PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS EXTRAORDINARIAS DE SETEMBRO.CURSO 2019-2020 FIN DE CURSO 19-20. CALENDARIOSEnviado por admin o Ven, 19/06/2020 - 16:25
Como a todo, a este curso tamén lle chegou o seu final. Foi sen dúbida un ano académico atípico no que todos os membros da comunidade educativa tivemos que aprender un novo xeito de relacionarnos. O equipo docente do IES POETA DÍAZ CASTRO quere agradecer toda a colaboración recibida por parte das familias e felicitar ao alumnado, que con carácter xeral, soubo adaptarse á situación inesperada e excepcional que vivimos neste derradeiro trimestre. NORABOA A TODOS/AS!! Nos cadros que figuran a continuación, móstrase o calendario previsto para entrega de chaves de taquilla, entrega de ordenadores e libros, recollida de notas, de obxectos persoais e datas de matrícula por cursos.
( categories: )
Doazón de xel hidroalcohólico ao centroEnviado por admin o Mér, 10/06/2020 - 11:34
Vicente Sanmartín é membro da nosa comunidade educativa e representante de pais/nais no Consello Escolar.
Toda a comunidade educativa quere mostrar e facer chegar a dita empresa o seu agradecemento por esta doazón que pon nas nosas mans unha reserva que, sen dúbida, será de grande utilidade para o cumprimento dos protocolos sanitarios no inicio do vindeiro curso.
( categories: )
Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquisición material escolar 2020-2021Enviado por admin o Ven, 22/05/2020 - 07:10
No Diario Oficial de Galicia correspondente ao 19 de maio de 2020, aparece publicada a Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B). Dadas as actuais circunstancias e en orde a garantir a seguridade dos usuarios, establécese o seguinte calendario escalonado para a petición de participación no fondo solidario de libros de texto e material escolar: PRAZO PRESENTACIÓN: do 25 de maio ao 19 de xuño
Para presentación electrónica, entre na aplicación facendo clic aquí. Para presentación presencial: enlace a Anexo I e II
Máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia: enlace
Manual de usuario para os cidadáns: enlace
( categories: )
ADAPTACIÓNS CURRICULARES POR DEPARTAMENTO - 3º TRIMESTRE E FINAL DO CURSO 2019-2020Enviado por admin o Mér, 13/05/2020 - 11:48
Neste artigo publicamos as adaptacións curriculares correspondentes ao terceiro trimestre e final do curso 2019-2020, seguindo instruccións da inspección educativa. Podes acceder ás adaptacións de cada departamento dende os seguintes enlaces ou ben dende os correspondentes apartados do menú "Departamentos" do bloque da esquerda.
ARTES PLÁSTICAS BIOLOXÍA E XEOLOXÍA ECONOMÍA EDUCACIÓN FÍSICA
FILOSOFÍA FÍSICA E QUÍMICA FRANCÉS INGLÉS LATÍN E GREGO
LINGUA CASTELÁ LINGUA GALEGA MATEMÁTICAS MÚSICA PORTUGUÉS
RELIXIÓN TECNOLOXÍA XEOGRAFÍA E HISTORIA
( categories: )
TAREFAS SEMANAIS DURANTE O ESTADO DE ALARMA POLO COVID-19Enviado por admin o Xov, 23/04/2020 - 13:32
Nos enlaces que siguen pódese acceder ao cadrante de tarefas e/ou actividades previstas semanalmente para cada curso durante a suspensión da actividade lectiva presencial establecida polo decreto de estado de alarma pola pandemia do COVID-19.
SEMANA DO 25 ao 29 DE MAIO DE 2020 1º E.S.O. 2º E.S.O. 3º E.S.O. (PMAR) 3º E.S.O. 4º E.S.O. 1º BAC 2º BAC
SEMANA DO 18 ao 22 DE MAIO DE 2020 1º E.S.O. 2º E.S.O. 3º E.S.O. (PMAR) 3º E.S.O. 4º E.S.O. 1º BAC 2º BAC
SEMANA DO 11 ao 15 DE MAIO DE 2020 1º E.S.O. 2º E.S.O. 3º E.S.O. (PMAR) 3º E.S.O. 4º E.S.O. 1º BAC 2º BAC
SEMANA DO 5 ao 8 DE MAIO DE 2020 1º E.S.O. 2º E.S.O. 3º E.S.O. (PMAR) 3º E.S.O. 4º E.S.O. 1º BAC 2º BAC
SEMANA DO 27 ao 30 DE ABRIL DE 2020 1º E.S.O. 2º E.S.O. 3º E.S.O. (PMAR) 3º E.S.O. 4º E.S.O. 1º BAC 2º BAC
SEMANA DO 20 ao 24 DE ABRIL DE 2020 1º E.S.O. 2º E.S.O. 3º E.S.O. (PMAR) 3º E.S.O. 4º E.S.O. 1º BAC 2º BAC
( categories: )
INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS. AXUDAS DO CONCELLO DE GUITIRIZEnviado por admin o Ven, 03/04/2020 - 06:36
Información ás familias: Dende o Concello estanse a incrementar as partidas de emerxencia socialque tradicionalmente se adicaban a cubrir necesidades básicas como: alimentos, vivenda, enxoval, vestido etc… A partir de agora poderanse subsanar as posibles deficiencias tanto de conexión a internet coma da necesidade doutro tipo de dispositivo. Por iso toda aquela familia que se vexa afectada neste sentido; non ten máis que poñerse en contacto cos servizos sociais municipais e adaptaranse as solucións ás súas necesidades dos seguintes xeitos:
Sen máis un cordial saúdo.
( categories: )
EN FAMILIA. NA CASAEnviado por admin o Mar, 31/03/2020 - 12:41
![]() Aquí deixamos unhas pequenas recomendacións para as familias do noso alumnado nestes tempos de confinamento.
Preme para descargar o documento en formato .pdf
SUSPENSIÓN DA ACTIVIDADE LECTIVAEnviado por admin o Xov, 12/03/2020 - 15:53
Ponse en coñecemento das familias e de todo o alumnado que na reunión do consello da Xunta de Galicia celebrada na mañá de hoxe, acordouse a suspensión da actividade lectiva ATA NOVO AVISO, a partir do luns 16 de marzo.
O alumnado terá acceso, por medios telemáticos, a actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares, segundo establece a propia administración educativa.
Máis información en http://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus
( categories: )
EXAMES MATERIAS PENDENTES - 1ª AVALIACIÓNEnviado por admin o Mér, 30/10/2019 - 04:05
Na seguinte ligazón podes consultar o calendario de exames de materias pendentes de cursos anteriores correspondentes á 1ª avaliación, que se celebrarán do día 6 ao 8 de novembro de 2019. Lembra que non todas as materias optan pola modalidade de exame. Ponte en contacto co teu profesor/a, co xefe/a de departamento ou coa Titora de Pendentes (Jacqueline López García-Francés) para calquera dúbida que poidas ter.
( categories: )
![]() |
tiempo en GuitirizEventos
|