OUTROS

PROXECTOS DESENVOLVIDOS DURANTE O CURSO 2020-2021

Enviado por admin o Xov, 01/07/2021 - 08:44

( categories: )

PREMIOS D3 MOBILE 2021

Enviado por admin o Xov, 01/07/2021 - 08:41

Non é a primeira vez, e tampouco será a última.

Un ano máis, alumnado do noso centro conseguiu varios premios no concurso D3 Mobile, todos eles baixo a coordenación do profesor MIGUEL ÁNGEL BARREIRO DÍAZ.

A continuación pódese ver a relación de gañadores/as e os enlaces para acceder ao visionado dos traballos premiados.

Equipos de Metrólogos:
Equipo Campeón De Galicia: D3mobile – Xunta de Galicia.
O equipo Power Women, formado por Érika Bao Castro, Noemí Vázquez Roca e Javier Mulet Mayo. Modelo 3d:
https://skfb.ly/onyGw

 

Premios Específicos:
D3mobile – Difusión Científica Usc – Ciencia en La Universidad de Santiago De Compostela.
O equipo B&W , formado por Isabela Vélez Gallego e Brais Lorenzo Uriz. Co Modelo 3d da figura dun animal, relacionado có Grupo de Investigación Análisis y Conservación de la Biodiversidad (Acbiodiv)
de la Universidad De Santiago De Compostela. Modelo 3d: https://skfb.ly/onyFW


D3mobile – Isprs (Sociedad Internacional de Fotogrametría y Teledetección)
O equipo Pataqueiros , formado por Raúl Paredes Rodríguez, Abel Pena Bondelle y Daniel García Cordeiro. Con un
modelo3d que representa o relevo de Galicia. Modelo 3d: https://skfb.ly/onyFr


D3mobile – Fundación Mujeres – Mujeres en la Arquitectura e Ingeniería
O equipo Mivecino.com ,formado por Laura Deive Enero, Lucía Villar Martíns e Yago Martínez Pena. Con un modelo 3d titulado “Pócima”, en homenaxe á bióloga española, experta en coronavirus, Isabel Sola Gurpegui (Codirectora del Laboratorio de Coronavirus del Centro Nacional De Biotecnología Del Consejo Superior De Investigaciones Científicas-CNB-CSIC). Modelo 3d: https://skfb.ly/onyGo

 

 

( categories: )

Avaliación da actividade do roteiro

Enviado por admin o Dom, 16/06/2019 - 18:48

Agora podes avaliar a actividade dos roteiros simplemente enchendo un formulario.

Pica na imaxe para acceder ao formulario e facer a túa avaliación. Grazas.

 

                                                                       

PREMIO NACIONAL DE EDUCACIÓN

Enviado por admin o Mar, 17/11/2015 - 07:34

O IES Poeta Díaz Castro recebeu este luns, 16 de novembro, o Premio Nacional de Educación na modalidade de Desenvolvemento de Competencias de Lectoescritura e Audiovisuais polo seu proxecto IES POETA DÍAZ CASTRO: A LUS DO MUNDO, entorno á figura do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2014, o guitiricense Xosé Mª Díaz Castro. O Ministerio recoñece así o traballo do centro docente na difusión da figura do poeta, recollido na web A lus do mundo.

 

( categories: )

1º PREMIO OUFF Escola 2015

Enviado por admin o Mér, 11/11/2015 - 07:30

O pasado luns, día 16 de novembro, unha delegación do noso centro asistiu invitada á Gala de entrega de premios da VI edición do OUFF Escola.

O OUFF escola é un concurso que ten como obxectivo o fomento da participación do alumnado en proxectos audiovisuais, impulsar a creatividade, o traballo en equipo e o uso do idioma galego. Tamén pretende potenciar a utilización das tecnoloxías da información e comunicación nos centros de ensino e crear un espazo de referencia para a mostra audiovisual feito nas aulas.

A gala celebrouse no Auditorio Municipal de Ourense, ás 11 h. e alí acudiu o equipo técnico e artístico que participou na creación de Os Camiños Esquencidos, a curtametraxe realizada polo alumnado do centro no ano 2014 sobre a figura do poeta que dá nome ao noso centro, Xosé María Díaz Castro.

Esperabamos voltar con algún premio debaixo do brazo...

E TROUXÉMOLO!!!

1° Premio na categoría "Outros niveis de ensino non universitario"

Noraboa a Todos/as

  Tamén aquí podes ver a noticia.

CLASES SEN FUME

Enviado por Anónimo o Xov, 26/06/2014 - 13:47

Durante o curso 2013-14, os alumnos de 1ºESO, participaron no plan Proxecta, no grupo de CLASES SEN FUME.

Dentro do proxecto, ademáis de impartirse contidos específicos de materias de EF, EPV e CCNN, tamén se trataron contidos transversais nas TITORÍAS, como a autoestima, o autoconcepto ou a toma de decisións.

O coordinador foi Roberto (EF), e participaron Ramón (CCNN), Nuria (EPV), Mª José (TITORA) e Manu (TITORA).

Realizouse un cigarriillo de máis de 3 m, que se colgou do vestíbulo do noso centro. Tamén fixeron unha saída por Guitiriz, para tentar intercambiar cigarrillos por flores e chucherías.

A experiencia foi moi gratificante, podense ver aquí algunhas das fotos do proxecto.

GRAZAS a todos pola vosa colaboración.

Como se fixo... I

Enviado por admin o Mar, 06/05/2014 - 04:04

Os proxetos empezan a tomar forma. Moito traballo, moita adicación, moita ilusión,... E o resultado... Xa se verá.

De momento, dende a Biblioteca nos deixan a primeira entrega do "Como se fixo", con imaxes inéditas, entrevistas aos participantes no proxeto, e moitas sorpresas.

Podedes velo accedendo ao BLOGUE DA BIBLIOTECA, ou ben pinchando directamente sobre a imaxe.

Estade atentos, porque haberá máis entregas...

Tralas pegadas de Díaz Castro na EducaBarrié

Enviado por admin o Xov, 10/04/2014 - 04:36

Xa podedes seguir as novedades do noso proxecto

 

Tralas pegadas de Díaz Castro: un roteiro interactivo pola poesía, o lugar e a persoa

 

na páxina web de Educa Barrié.   ENLACE

 

 

( categories: )

DÍAZ CASTRO desde Galicia para o Mundo

Enviado por admin o Xov, 06/02/2014 - 07:14

Reportaxe emitida no programa DESDE GALICIA PARA O MUNDO sobre a figura de DÍAZ CASTRO e o traballo que se está a facer no instituto:

( categories: )

Proxecto seleccionado por EDUCABARRIÉ

Enviado por admin o Xov, 30/01/2014 - 07:10

A FUNDACIÓN BARRIÉ ven de facer pública a resolución da selección de proxectos promovidos dende EDUCABARRIÉ,  espazo común e punto de encontro e intercambio de actividades e propostas educativas, para o curso 2013-2014.

A esta convocatoria, o noso centro presentara, en colaboración coa Asociación Cultural XERMOLOS e o Grupo de Investigación de Pedagoxía, Historia e Sociedade da Universidade de A Coruña, o proxecto

 

TRALAS PEGADAS DE DÍAZ CASTRO. UN ROTEIRO INTERACTIVO POLA POESÍA, O LUGAR E A PERSOA


que resultou ser un dos tres seleccionados dentro da modalidade "Proyecto Colaborativo e Intercentros".

 

Noraboa a todos/as e agora... a traballar!...   +info

( categories: )
Distribuir contido